Estes días chegoume un correo no que se me relataba unha información que en breve comentarei pero no que se plantexaba a situación laboral en Sanxenxo.
Atopar emprego últimamente para moitos parados chega a ser unha odisea, é raro o que non ten un familiar ou un amigo no paro, alguén que busca traballo do seu e logo cando a necesidade apreta traballa no que ben pode, inda que tamén hai o caso de que hai a quen lle sae algo e inda o rechaza porque como antes tiñan os 420 euros ian tirando.
Sanxenxo non é un concello cunha industria forte e poucos son os veciños que contan cunha estabilidade laboral, xa que mes a mes vamos vendo como as cifras do paro suben, a pesares de que nos meses de verán poden baixar algo pero todos sabemos que as cifras de creacción de emprego nos meses de verán son cifras de emprego estacionarias, tan pronto remata a campaña volta ao paro.
Podese dicir que a empresa con maior número de traballadores é o propio concello e polo tanto debería ser o principal implicado en dar solución as cifras de paro asi como en dar exemplo de xestión de recursos e de seriedade laboral.
Neste correo contabanme que na Xerencia de Urbanismo o caos laboral é máis que patente ata chegar ao extremo de producirse baixas supostamente por depresións de varias traballadoras en poucos meses. Por todos é coñecido o caos que ali dentro hai, a tardanza coa que dan as licenzas ao menos as dos particulares e cando os papeis non se extravían ou se perden. Moito do que sucede dentro da administración local non pasaría nunha empresa privada porque saben que a miníma estarían na rúa, pois candidatos a ocupar ese posto hainos dabondo.
Según me relatan neste correo a situación é tal que esta semana supostamente entrou por rexistro unha petición de reubicación de departamento de traballadoras da Xerencia alegando que o resto de compañeiros lles fan a vida imposible.
Alegar que che fan a vida imposible é moi serio, e acusacións asi hai que demostralas xa que pode ser un caso de "mooving" inda que pode resultar o caso contrario, que os compañeiros teñan razón en recriminarlle que non cumplen coa parte de traballo que lles toca e por iso o desorden que existe na xerencia día a día incrementase, e todo isto pudendo estar amparado polo propio concelleiro de urbanismo.
Cal é o problema de fondo? pois que hai quen pensa que con votar cada 4 anos é máis que suficiente para manter o seu posto de traballo, mentres moitos veciños que están na lista do paro poderían estar traballando e facendo que as cousas na administración funcionen, pero claro a min nada de esto me estrana dende que unha empregada de Insula estaba traballando na área de servizos sociais.
A división interna que existe entre o grupo de goberno fai que mentras estan intentando ver por onde pode vir a cuchillada estase descoidando o funcionamento interno e a cidadanía xa esta cansa de tanto trexemaxe que mentras uns teñen o maná asegurado sin pintar blanca outros por máis que buscan non topan nin codias coas que tapar un pequeno furado no estomago.
Pero a pregunta realmente que nos deberíamos facer é si tivesemos unha empresa permitiriamos certos comportamentos? eu teño claro que o primeiro que fago é despedir o encargado de persoal que neste caso sería Salvador e logo nos departamentos que non funcionen o primer despedido sería o responsable dese departamento seguido do persoal que non cumpre co obxectivo marcado porque non quere cumplilo.
A ironía da realidade que acontece é que seguramente nunha empresa privada non permitirían certos comportamentos porque saben que se xogan o seu patrimonio e a súa estabilidade económica mentras agora o único que perden é dentro duns meses ir pa lista do paro pero cobrando un bo paro sinón teñen atado xa o seu futuro, e o que veña detrás que xestione o pouco que quedou de DON POBO e si fai falla que DON POBO salga o rescate da súa casa aumentando as aportacións chamadas impostos.
Realmente é tan complicado por un pouco de orden e como din os vellos creentes facer as cousas como Deus?