Xa se instalou o cachondeo de tal maneira entre a Xunta e o concello que agora andan a tirarse a pelota uns aos outros e mentras tantos os veciños seguen vendo como pasa o tempo e as infraestructuras sin facer.
"La Consellería de Educación e Ordenación Universitaria señaló recientemente que «non pode facer fronte á redacción dos proxectos» para la construcción del nuevo centro escolar de O Revel, en Vilalonga, y de la ampliación del de Magaláns, en Dorrón, «mentres non dispoña dos terreos adecuados». Desde el departamento autonómico se incidió en que la consellería se puso en comunicación con el Ayuntamiento de Sanxenxo." (A Voz)
Pero tan complicado é por uns terreos a disposición dunha conselleria cando presumían de que xa os tiñan? en Dorrón xa sabemos que falta unha finca pero no Revel?
Despois desta noticia xa vexo como volveran traer o director xeral de Educación para volver pedir outros dous meses de prazo e así apaciguar as augas, non vaian sairse fora do testo e as protestas surxan ao mesmo tempo que a precampaña.
Pero agora non esta o bipartito, agora hai unha "Xunta Amiga" e xa a alcaldesa acabaronselle as escusas. Pobre, como se vai defender agora? e inda por riba a responsable de educación é a senadora do PP e tampouco se move non vaia sairse da foto e alguén lle poña a perna enriba para que non volva levantar cabeza.
Agora Catalina dira que o proxecto se pode facer igual coñecendo os metros e logo a Xunta dirá que precisan ter os terreos, sera porque non confian en que lles pasen ben os metros porque xa non é a primeira vez que se trabucan ao contar, e asi de oca a oca e tiro porque me toca, canto tardaran en cair na casilla de morte súbita?