viernes, 24 de diciembre de 2010

Boas festas.

Este ano tan duro para a maioría dos veciños e veciñas de Sanxenxo no que a crise se agudizou máis que nunca, no que moitos mes a mes engrosan a lista do paro, no que moitas nais ven como seguen sin ter prazas nas garderías ou como os colexios cada día máis vellos e ateigados de nenos seguen sin ter plans duns novos.

E por iso querovos desexar un BO NADAL e as mellores festas posibles e un mellor 2011 que nos chegue cargado de esperanza e solucións veciñais, ano de cambio, ano de bens.




BO NADAL e que pasedes unhas boas festas.

jueves, 23 de diciembre de 2010

Catalina: persoa de consenso

Catalina é a candidata do PP, pero por consenso tanto do sector oficial como dos críticos que para apoiar esa candidatura exisen que vaian certas personas na lista.

Catalina ira no nº 1.
Salvador no nº 2
Fernando Fraga no nº 3, esta sería o primer nome que os críticos impoñen na lista de consenso. Máis coñecido como Nando o de Fuerza7.

En breve  farase o anuncio oficial.

martes, 21 de diciembre de 2010

un pleno tardío.

Este xoves 23 de decembro hai convocado un pleno extraordinario para as 11:30.

Este pleno son ten un punto único:

APROBACIÓN DA CONTA XERAL CONSOLIDADA DO 2009.


Pois si, a 23 de decembro inda van a aprobar a conta xeral do 2009, vamos a pouco máis esperan ao 2011 para facelo, é que lles debeu resultar moi díficil cadrar as contiñas, pero neste caso non vale máis tarde que nunca, pois venceron todólos prazos previstos para a presentación de resultados nos diferentes organismos como pode ser no Consello de Contas.

lunes, 20 de diciembre de 2010

De pleitos, de culpas e o concello na ruina.

Agora para defenderse da chea de pleitos que ten o concello pois nada mellor que botarlle as culpas a Telmo, vamos, como si Catalina non estivese cando se aprobou o PXOM, e Paz, Angel e Illa non fosen concelleiros con Telmo, ou aquí usamos o pasado según nos conveña.

"Desde el Ayuntamiento de Sanxenxo, un portavoz asegura que la hinchazón en las facturas es consecuencia directa de los pleitos suscitados a raíz de la aprobación del Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de la villa en 2003. Entonces aún era alcalde el constructor Telmo Martín, que se prepara ahora para su segundo asalto electoral al Gobierno de la capital provincial." (el País)

Claro esta que como non se lle pode botar as culpas ao bipartito pois sempre queda a opción de Telmo, o conto e escaquearse das responsabilidades que teñen en todo o que acontece no concello, e así nos luce o pelo:

"Los pagos del Ayuntamiento a Narbón, a título personal o a través de su empresa, arrojan una media de 86.500 euros al año entre 2006 y 2009. Se trata de una cantidad muy similar a la que recibirá este año -84.600- a raíz de un convenio firmado el pasado marzo por la alcaldesa, Catalina Gómez, según el cual el abogado se compromete a ejercer las labores de asistencia jurídica, emisión de dictámenes y asesoría general."

A semana definitiva

Todo indica que hoxe a noite ao final se vai dar o visto bo a Catalina como candidata do PP a alcaldía de Sanxenxo.

Isto significa que despois do anuncio oficial previsto para maña ou para o mércores por fin deixaran de marear a pérdiz e saberemos si hai consenso ou non, si hai partido ou intereses persoais e o menos acabaranse os mensaxitos entrecruzados na prensa de moita ameaza de escisión e veremos si o final cumplen ou non.

Esperemos que as noves ou os figos non se lle atraganten a máis dun e que lles deixen comer o turrón.

viernes, 17 de diciembre de 2010

De PP a PP e tira porque lle toca

Xa se instalou o cachondeo de tal maneira entre a Xunta e o concello que agora andan a tirarse a pelota uns aos outros e mentras tantos os veciños seguen vendo como pasa o tempo e as infraestructuras sin facer.


"La Consellería de Educación e Ordenación Universitaria señaló recientemente que «non pode facer fronte á redacción dos proxectos» para la construcción del nuevo centro escolar de O Revel, en Vilalonga, y de la ampliación del de Magaláns, en Dorrón, «mentres non dispoña dos terreos adecuados». Desde el departamento autonómico se incidió en que la consellería se puso en comunicación con el Ayuntamiento de Sanxenxo." (A Voz)

Pero tan complicado é por uns terreos a disposición dunha conselleria cando presumían de que xa os tiñan? en Dorrón xa sabemos que falta unha finca pero no Revel?

Despois desta noticia xa vexo como volveran traer o director xeral de Educación para volver pedir outros dous meses de prazo e así apaciguar as augas, non vaian sairse fora do testo e as protestas surxan ao mesmo tempo que a precampaña.

Pero agora non esta o bipartito, agora hai unha "Xunta Amiga" e xa a alcaldesa acabaronselle as escusas. Pobre, como se vai defender agora? e inda por riba a responsable de educación é a senadora do PP e tampouco se move non vaia sairse da foto e alguén lle poña a perna enriba para que non volva levantar cabeza.

Agora Catalina dira que o proxecto se pode facer igual coñecendo os metros e logo a Xunta dirá que precisan ter os terreos, sera porque non confian en que lles pasen ben os metros porque xa non é a primeira vez que se trabucan ao contar, e asi de oca a oca e tiro porque me toca, canto tardaran en cair na casilla de morte súbita?

martes, 14 de diciembre de 2010

Baterias de litio en Sanxenxo II

Estes últimos días estiven esperando a recabar información e ver as distintas declaracións sobre o que os donos do parque empresarial venden a bombo e platillo: a instalación da fábrica de baterias de litio.

En primer lugar quero deixar moi claro que esta fabrica significa un empuxe social e económico para o concello onde se ubique e realmente supón un caramelo as portas dun colexio. En Sanxenxo fannos falla creacción de empresas e calquer iniciativa que signifique postos de emprego e crecemento para o concello sería unha bendición para os veciños. Por iso en segundo lugar quero recalcar que esa fábrica en Sanxenxo sería unha boa noticia pero tendo en conta como algún concelleiro do PP  esta a tratar o tema e os movementos que se estan a facer na Xunta moito me temo que a realidade é ben diferente.


Aclarado o anterior, volvamos a realidade do parque empresarial de Nantes e a recopilación da información destes últimos días.

*mediados de novembro: empezan os rumores de que a fábrica podería instalarse en Sanxenxo ante os problemas que existen en Salvaterra nos terreos coñecidos como Plisan. Tantos a Xunta de Compensanción do parque de Nantes e a alcaldesa saen a palestra anunciando que Sanxenxo ten moitas papeletas para quedarse con esta fábrica

*17/11/2010:"Louzán pediu "seriedade" e asegurou que "hai que deixarse de localismos absurdos, xa que as negociacións están en mans do Goberno galego", que na súa opinión "debe ser quen decida desde o punto de vista técnico"."  Sanxenxo PP, Diputación PP e Xunta PP.

* 18/11/2010: a Xunta de Compensación anuncia que o parque de Nantes leva 5 meses en negociacións cos xaponeses.

* nunha rolda de prensa do presidente di que o parque de Nantes é o mellor posicionado para a instalación da fábrica frente a outros polígonos como o de Vilanova, Barro-Meis e Pontevedra.

* 19/11/2010 : "Los empresarios de Sanxenxo confían en que, a la vista de la creación de cerca de 4.000 puestos de trabajo, el Ejecutivo gallego mantenga el compromiso de subvencionar la instalación de la planta. Esta se encuentra en un emplazamiento "completamente urbanizado, con los 200.000 metros cuadrados de terreno llano que demanda Mitsubishi y perfectamente comunicado", en la autovía de O Salnés, sostienen fuentes de la directiva empresarial. "Podrían empezar a construir mañana", puntualizan, tras destacar que, frente a ello, el terreno de Plisan está todavía sin urbanizar y en una maraña judicial." Creo que esqueceron informar que sobre o parque empresarial hai un recurso interposto polo concello e pola xunta de compensación a unha sentenza que anula o plan de equidistribución. Esqueceron que a conexión ao saneamento segue sin estar feita e que o suministro eléctrico non está garantido ata que a subestación sexa unha realidade ( a non ser que a fábrica se alimente coas súas propias baterias de litio). "Los directivos de la multinacional esperan de momento a que la Xunta les informe de la situación en la que queda el polígono de Salvaterra, para lo que han dado dos meses de plazo." Os xaponeses seguen apostando por Salvaterra e estan dispostos a esperar.

* 20/11/2010: Según nos din aos xaponeses gustanlle  Nantes  pola planicie e que esta a 30 minutos de Citroën. E a alcaldesa sae manifestando que "la popular Catalina González, aseguró estar al corriente de las negociaciones "desde el primer momento", y se mostró convencida de que "es la mejor alternativa posible"."Pero din que os xaponeses so atoparon un inconvinte "Tan solo apuntaron un inconveniente, relató Barbeito: "Querían disponer de los 200.000 metros cuadrados de terreno desde el primer momento" y añadió, se refirieron a la "inoportuna presencia" de un regato en la zona"


* 22/11/2010: "La Xunta está a tiempo de cumplir los deseos de Mitsubishi y blindar legalmente la plataforma logística de Salvaterra (a 30 kilómetros de Vigo) para la instalación del mayor centro de producción de baterías de litio de Europa. Hay margen y así se lo ha hecho saber el consorcio japonés, que condiciona los plazos de su decisión no tanto a la oferta de suelo como a la garantía de carga de trabajo para unas instalaciones en las que invertirá 500 millones de euros.Fuentes conocedoras de las negociaciones con Mitsubishi aseguran que la multinacional mantiene intacto su interés por Salvaterra y que el retraso generado por la situación de irregularidad urbanística de los terrenos no ha trastocado los planes iniciales.[...] y pese a que técnicos del consorcio japonés han visitado otras opciones, como es el caso de Nigrán o de Sanxenxo, solo Salvaterra cuenta con la aprobación del grupo nipón. La alternativa de Tomiño, aunque pasa el primer corte de requisitos, no ha recibido todavía el visto bueno de la multinacional del automóvil."  Si din que soio Salvaterra ten o visto bo dos xaponeses e inda están pendentes de Tomiño, en que posición situa esto a Sanxenxo? que nos están vendendo?

*Hoxe: "La Xunta contempla el parque empresarial de Tomiño como "posible alternativa" a la Plisan (Plataforma Logística Industrial Salvaterra-As Neves) para el emplazamiento de la fábrica de baterías de litio de Mitsubishi, según apuntó ayer el director general del Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), Antonio José Boné Pina, en comisión parlamentaria." ( EL PAIS) esto quere dicir que a Xunta descartou xa Sanxenxo? cal é a situación actual de Sanxenxo?

Saldrá agora Catalina  a rúa para que a escoiten en Santiago e que o conselleiro de Industria se deixe de tanto mirar para o sur da provincia e pense en Sanxenxo?

Queda claro que a Xunta non aposta por Sanxenxo e agora xa non esta o bipartito, quen vai levar agora as culpas? o PP de Feijoó? Acabarán botando de menos o bipartito o menos tiñan o argumento de que eran do partido contrario pero agora nin eso. Pobriños. Pero desta xa non colan as palabras pois os veciños queremos feitos e non como hai case 4 anos que na véspera das eleccións, no día de reflexión, sacan unha páxina completa anunciando  o funcionamento do parque empresarial e a creacción de 4.000 postos de traballos por membros da xunta de compensación e do PP, e agora que?

lunes, 13 de diciembre de 2010

Paro en Sanxenxo

Esta é a gráfica dos niveis de paro en Sanxenxo.

Este mes de novembro o paro subeu un 15,57% no noso concello.



Noviembre 2010
Total
Parados
Variacion
Mensual
Anual
Absoluta
Relativa
Absoluta
Relativa
Total
1514
+204
15.57 %
+40
2.71 %
HOMBRES
750
+88
13.29 %
+21
2.88 %
MUJERES
764
+116
17.90 %
+19
2.55 %
MENORES DE 25 AÑOS:
167
+26
18.44 %
-10
-5.65 %
HOMBRES
84
+17
25.37 %
-9
-9.68 %
MUJERES
83
+9
12.16 %
-1
-1.19 %
ENTRE 25 Y 44 AÑOS
859
+109
14.53 %
+36
4.37 %
HOMBRES
413
+44
11.92 %
+21
5.36 %
MUJERES
446
+65
17.06 %
+15
3.48 %
MAYORES DE 45 AÑOS
488
+69
16.47 %
+14
2.95 %
HOMBRES
253
+27
11.95 %
+9
3.69 %
MUJERES
235
+42
21.76 %
+5
2.17 %
SECTOR:
 

 


AGRICULTURA
29
0
0 %
-4
-12.12 %
INDUSTRIA
122
-3
-2.40 %
-4
-3.17 %
CONSTRUCCIÓN
327
+47
16.79 %
+10
3.15 %
SERVICIOS
885
+129
17.06 %
-31
-3.38 %
SIN EMPLEO ANTERIOR
151
+31
25.83 %
+69
84.15 %

Como se pode observar no sector servizos e os que por primeira vez queren optar a un posto de traballo as cifras son alarmantes.
En outubro eran 1310 os veciños/as de Sanxenxo que buscaban emprego e actualmente estamos xa en 1514.
E polo datos decembro e xaneiro as cifras seguiran en aumento.

Política de emprego?  nos últimos 4 anos nin unha soa medida para intentar frear estes datos.

viernes, 10 de diciembre de 2010

Ocupación hoteleira da ponte.

Outra vez O Grove volve superar a Sanxenxo en cifras de ocupación hoteleira nesta ponte de decembro.

Mentras no Grove a ocupación foi dun 65% en Sanxenxo foi do 60%, según os datos do Patronato de Turismo Rias Baixas. (Faro de Vigo)

E estes datos seica grazas a oferta de turismo termal tendo en conta que en Sanxenxo hai máis hoteis Spa que no Grove, porque o Grove sigue superando a Sanxenxo?

Quizáis sexa pola semana da exaltación da centola? ou pola oferta de ocio de Sanxenxo?

jueves, 9 de diciembre de 2010

Emprego: aposta ou pasividade?

Estes días chegoume un correo no que se me relataba unha información que en breve comentarei pero no que se plantexaba a situación laboral en Sanxenxo.

Atopar emprego últimamente para moitos parados chega a ser unha odisea, é raro o que non ten un familiar ou un amigo no paro, alguén que busca traballo do seu e logo cando a necesidade apreta traballa no que ben pode, inda que tamén hai o caso de que hai a quen lle sae algo e inda o rechaza porque como antes tiñan os 420 euros ian tirando.
Sanxenxo non é un concello cunha industria forte e poucos son os veciños que contan cunha estabilidade laboral, xa que mes a mes vamos vendo como as cifras do paro suben, a pesares de que nos meses de verán poden baixar algo pero todos sabemos que as cifras de creacción de emprego nos meses de verán son cifras de emprego estacionarias, tan pronto remata a campaña volta ao paro.

Podese dicir que a empresa con maior número de traballadores é o propio concello e polo tanto debería ser o principal implicado en dar solución as cifras de paro asi como en dar exemplo de xestión de recursos e de seriedade laboral.
Neste correo contabanme que na Xerencia de Urbanismo o caos laboral é máis que patente ata chegar ao extremo de producirse baixas supostamente por depresións de varias traballadoras en poucos meses. Por todos é coñecido o caos que ali dentro hai, a tardanza coa que dan as licenzas ao menos as dos particulares e cando os papeis non se extravían ou se perden.  Moito do que sucede dentro da administración local non pasaría nunha empresa privada porque saben que a miníma estarían na rúa, pois candidatos a ocupar ese posto hainos dabondo.
Según me relatan neste correo a situación é tal que esta semana supostamente entrou por rexistro unha petición de reubicación de departamento de traballadoras da Xerencia alegando que o resto de compañeiros lles fan a vida imposible.

Alegar que che fan a vida imposible é moi serio, e acusacións asi hai que demostralas xa que pode ser un caso de "mooving" inda que pode resultar o caso contrario, que os compañeiros teñan razón en recriminarlle que non cumplen coa parte de traballo que lles toca e por iso o desorden que existe na xerencia día a día incrementase, e todo isto pudendo estar amparado polo propio concelleiro de urbanismo.

Cal é o problema de fondo? pois que hai quen pensa que con votar cada 4 anos é máis que suficiente para manter o seu posto de traballo, mentres moitos veciños que están na lista do paro poderían estar traballando e facendo que as cousas na administración funcionen, pero claro a min nada de esto me estrana dende que unha empregada de Insula estaba traballando na área de servizos sociais.

A división interna que existe entre o grupo de goberno fai que mentras estan intentando ver por onde pode vir a cuchillada estase descoidando o funcionamento interno e a cidadanía xa esta cansa de tanto trexemaxe que mentras uns teñen o maná asegurado sin pintar blanca outros por máis que buscan non topan nin codias coas que tapar un pequeno furado no estomago.

Pero a pregunta realmente que nos deberíamos facer é si tivesemos unha empresa permitiriamos certos comportamentos?  eu teño claro que o primeiro que fago é despedir o encargado de persoal que neste caso sería Salvador e logo nos departamentos que non funcionen o primer despedido sería o responsable dese departamento seguido do persoal que non cumpre co obxectivo marcado porque non quere cumplilo.

A ironía da realidade que acontece é que seguramente nunha empresa privada non permitirían certos comportamentos porque saben que se xogan o seu patrimonio e a súa estabilidade económica mentras agora o único que perden é dentro duns meses ir pa lista do paro pero cobrando un bo paro sinón teñen atado xa o seu futuro, e o que veña detrás que xestione o pouco que quedou de DON POBO  e si fai falla que DON POBO salga o rescate da súa casa aumentando as aportacións chamadas impostos.

Realmente é tan complicado por un pouco de orden e como din os vellos  creentes facer as cousas como Deus?

miércoles, 8 de diciembre de 2010

Entrevista no Diario de Arousa

Hoxe no Diario de Arousa  sae publicada unha entrevista do portavoz do BNG e quero resaltar un parrafo co cal estou plenamente dacordo:

"O que está claro é que os anos de goberno do PP contraeron uns vicios que hai que erradicar, que se basan sobre todo en vivir por riba das posibilidades, abusar dos gastos, non optimizar os recursos... E hai formas que nese sentido se poden mellorar considerablemente. Hai formas de aforrar, facendo unha xestión normal. Hai que recordar que, por exemplo, estamos pagando alugueres en instalacións privadas e igual non é necesario."

O grupo de goberno non so esta viciado o que estan é uns calados para non cabrear a la mamma e os outros quentando a silla ata maio e logo temos satélites que mandan máis que os propios concelleiros.

Para ler a entrevista enteira preme neste enlace: entrevista

martes, 7 de diciembre de 2010

Sanxenxo: 4º concello con maior presión fiscal

"El ranquin gallego no está encabezado por las ciudades, sino que son tres concellos lucenses los que ejercen la mayor presión fiscal al poner en relación las cifras que recuadan en impuestos y su número de habitantes. Así, Xove (1.489 €), Muras (1.379 €) y Negueira de Muñiz (1.061 €) ocupan las tres primeras posiciones con recaudaciones por vecino superiores a los mil euros al año. En la cuarta plaza, y también al nivel de los 1.000 euros, figura el ayuntamiento pontevedrés de Sanxenxo (1.024 €), como muestra el gráfico que acompaña a esta información."

Información extraida de: http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/ourense-es-ciudad-gallega-mayor-presion-fiscal/idEdicion-2010-12-07/idNoticia-618395/

¿Pagamos realmente polos servizos que temos?

lunes, 6 de diciembre de 2010

Imposto de circulación

Este imposto coñecido como de circulación ou billeta é o imposto sobre vehiculos de tracción mecánica.

E aquí vos deixo a evolución destes últimos anos da cuota deste imposto según os datos que dispón a Axencia Tributaria.



Turismos.

AñoHasta 8 CF%Hasta 11,99 CF%Hasta 15,99 CF%Hasta 19,99 CF%Mas de 20 CF%
200914.84 €3.49%40.08 €3.54%84.6 €3.52%179.22 €0.00%224 €0.00%
200814.34 €2.21%38.71 €2.14%81.72 €2.15%179.22 €0.00%224 €0.00%
200714.03 €3.70%37.9 €3.75%80 €3.73%179.22 €0.00%224 €0.00%
200613.53 €3.68%36.53 €3.66%77.12 €3.67%179.22 €0.00%224 €0.00%
200513.05 €3.41%35.24 €3.40%74.39 €3.41%179.22 €100.00%224 €100.00%
200412.62 €0.00%34.08 €0.00%71.94 €0.00%89.61 €0.00%112 €0.00%
200312.62 €0.00%34.08 €0.00%71.94 €0.00%89.61 €0.00%112 €0.00%
200212.62 €-16.53%34.08 €-19.68%71.94 €-19.66%89.61 €-19.63%112 €0.46%
200115.12 €0.00%42.43 €0.00%89.55 €0.00%111.49 €0.00%111.49 €0.00%
200015.12 €0.00%42.43 €0.00%89.55 €0.00%111.49 €0.00%111.49 €0.00%
CF: Caballos Fiscales.



Autobuses.

AñoMenos 21 Plazas%De 21-50 Plazas%Mas 50 Plazas%
2009104.04 €3.48%162.3 €3.48%219.34 €3.50%
2008100.54 €2.20%156.84 €2.16%211.92 €2.22%
200798.38 €3.50%153.52 €4.02%207.32 €3.71%
200695.05 €3.73%147.59 €3.67%199.91 €3.69%
200591.63 €10.00%142.37 €20.00%192.79 €30.00%
200483.3 €0.00%118.64 €0.00%148.3 €0.00%
200383.3 €0.00%118.64 €0.00%148.3 €0.00%
200283.3 €-19.65%118.64 €-19.66%148.3 €-19.65%
2001103.67 €0.00%147.67 €0.00%184.57 €0.00%
2000103.67 €0.00%147.67 €0.00%184.57 €0.00%


Camiones.

Año-1000Kg CU%De 1000-2999 Kg CU%De 2999-9999 Kg CU%+9999Kg CU%
200949.72 €3.52%97.96 €3.52%175.47 €3.50%235.65 €3.52%
200848.03 €2.15%94.63 €2.16%169.54 €2.22%227.64 €2.20%
200747.02 €3.75%92.63 €3.73%165.86 €3.71%222.75 €3.45%
200645.32 €3.66%89.3 €3.68%159.93 €3.70%215.33 €3.71%
200543.72 €3.41%86.13 €3.40%154.23 €30.00%207.62 €40.00%
200442.28 €0.00%83.3 €0.00%118.64 €0.00%148.3 €0.00%
200342.28 €0.00%83.3 €0.00%118.64 €0.00%148.3 €0.00%
200242.28 €-19.83%83.3 €-19.65%118.64 €-19.66%148.3 €-19.65%
200152.74 €0.00%103.67 €0.00%147.67 €0.00%184.57 €0.00%
200052.74 €0.00%103.67 €0.00%147.67 €0.00%184.57 €0.00%
CU: Carga Util.


Tractores.

AñoMenos 16 CF%De 16-25 CF%Mas 25 CF%
200920.78 €3.54%32.66 €3.52%97.96 €3.52%
200820.07 €2.14%31.55 €2.17%94.63 €2.16%
200719.65 €3.75%30.88 €3.73%92.63 €3.73%
200618.94 €3.67%29.77 €3.69%89.3 €3.68%
200518.27 €3.40%28.71 €3.38%86.13 €3.40%
200417.67 €0.00%27.77 €0.00%83.3 €0.00%
200317.67 €0.00%27.77 €0.00%83.3 €0.00%
200217.67 €-19.46%27.77 €-19.65%83.3 €-20.12%
200121.94 €0.00%34.56 €0.00%104.28 €0.00%
200021.94 €0.00%34.56 €0.00%104.28 €0.00%
CF: Caballos Fiscales.


Remolques.

Año750-1000 Kg CU%1000-2999 Kg CU%Mas 2999 Kg CU%
200920.78 €3.54%32.66 €3.52%123.2 €3.49%
200820.07 €2.14%31.55 €2.17%119.04 €2.22%
200719.65 €3.75%30.88 €3.73%116.45 €3.70%
200618.94 €3.67%29.77 €3.69%112.29 €3.69%
200518.27 €3.40%28.71 €3.38%108.29 €30.00%
200417.67 €0.00%27.77 €0.00%83.3 €0.00%
200317.67 €0.00%27.77 €0.00%83.3 €0.00%
200217.67 €-19.46%27.77 €-19.65%83.3 €-19.65%
200121.94 €0.00%34.56 €0.00%103.67 €0.00%
200021.94 €0.00%34.56 €0.00%103.67 €0.00%
CU: Carga Util.


Ciclomotores.

AñoCiclomotores%
20095.2 €3.59%
20085.02 €2.03%
20074.92 €3.80%
20064.74 €3.72%
20054.57 €3.39%
20044.42 €0.00%
20034.42 €0.00%
20024.42 €-20.07%
20015.53 €0.00%
20005.53 €0.00%


Motocicletas.

AñoHasta 125 C.C.%De 125-250 C.C.%De 250-500 C.C.%De 500-1000 C.C.%Mas 1000 C.C.%
20095.2 €3.59%8.9 €3.49%17.82 €3.54%48.13 €3.51%103.53 €3.51%
20085.02 €2.03%8.6 €2.14%17.21 €2.14%46.5 €2.20%100.02 €2.23%
20074.92 €3.80%8.42 €3.69%16.85 €3.76%45.5 €3.46%97.84 €3.86%
20064.74 €3.72%8.12 €3.70%16.24 €3.64%43.98 €3.70%94.2 €3.66%
20054.57 €3.39%7.83 €3.43%15.67 €3.43%42.41 €40.01%90.87 €50.00%
20044.42 €0.00%7.57 €0.00%15.15 €0.00%30.29 €0.00%60.58 €0.00%
20034.42 €0.00%7.57 €0.00%15.15 €0.00%30.29 €0.00%60.58 €0.00%
20024.42 €-20.07%7.57 €-19.81%15.15 €-19.84%30.29 €-19.68%60.58 €-19.66%
20015.53 €0.00%9.44 €0.00%18.9 €0.00%37.71 €0.00%75.4 €0.00%
20005.53 €0.00%9.44 €0.00%18.9 €0.00%37.71 €0.00%75.4 €0.00%


 

viernes, 3 de diciembre de 2010

As baterías de litio I

Nestes días farei un recopilatorio de todas as noticias que sairon estes días sobre a fábrica de baterias dos xaponeses pero sin embargo hoxe quero pegar un extracto dunha nova que lin no Diario de Pontevedra que di o seguinte:

"A planta de baterías, en mans dos investidores
Sobre o proxecto de Mitsubishi, Guerra asegurou que a decisión depende, nestes momentos, "dos investidores", aínda que non puido precisar a data exacta na que se saberá se a planta de baterías se situará finalmente en territorio galego. A iso engadiu que a Xunta xa fixo "todo o que estaba nas súas mans" para atraer este investimento á comunidade. A planta de baterías tiña todas as papeletas para ser situada nun primeiro momento no polígono de Salvaterra-As Neves, pero unha sentenza xudicial en contra descártao practicamente nas quinielas.

Os candidatos a albergar o proxecto multiplicáronse nas últimas datas -Narón, Pontevedra, Tomiño ou Nigrán foron algúns dos lugares que se ofreceron ou foron ofrecidos pola Xunta- ante o zumento premio que ofrece o consorcio nipón: 1.500 postos de traballo indefinidos e un proxecto que rolda os 500 millóns de euros.
"  (Diario de Pontevedra)


Esqueceron a Sanxenxo?

Subrealismo total.

Que urbanismo era un total desastre moitos hai tempo que xa o tiñamos máis que claro. E logo de ir sumando xuizo tras xuizo, sentenza tras sentenza e cando non lles interesa o resultado pois recurso tras recurso o desta semana xa é algo por demáis.

Primeiro temos a sentenza anulando o proceso de contratación dos auxiliares de polícia local por segundo ano consecutivo vemos como Salvador di que vai recurrir, total que máis da recurrir unha máis e si se perde paga Don  POBO.

E logo tamén coñeciamos a sentenza do edificio da rúa Progreso ratificando o seu derribo por ser ilegal. Pero claro xa coñecian a primeira sentenza e recurriron e inda así en vez de esperar o que decía a segunda concedese licenza de primeira ocupación, esperpéntico total. Que máis si total as indemnizacións as pagara Don POBO.

E inda se lles ocurre sair a palestra dicindo que van intentar buscar unha solución para abrir unha rúa que lles dea acceso, vamos si agora iran facer unha modificación puntual do PXOM para abrir novas rúas para axudar a un promotor ou acaso pensan abrir a rúa pola parcela da denunciante? 

Pero claro como esta semana todas lle ian caindo contrarias pois xa mañan sacan unha que lles sae positiva para ver si así a xente se esquece un pouco desta e que mellor que publicar un titular dicindo que o TSXG da a razón ao concello no litixio pola obra da rúa Cabanillas.

Esta claro que os avogados con Sanxenxo non lles falta traballo e van pasar unhas boas navidades a base de centola cos honorarios que lles pagamos Don POBO.

miércoles, 1 de diciembre de 2010

Evolución dos impostos.

Aqui vos deixo unhas táboas sobre a suba do imposto do IBI  nos últimos anos, según os datos da Axencia Tributaria.

IBI: impostos sobre bens inmobles.

AñoRev. CatastralT. Urbana%T. Rustica%Carat. Esp.%
200919960.462.22%0.362.86% 0.60.00%
200819960.452.27%0.352.94%0.60.00%
200719960.443.53%0.343.03%0.60.00%
200619960.4253.66%0.333.13%0.60.00%
200519960.412.50%0.326.67%0.60.00%
200419960.40.00%0.30.00%0.60.00%
200319960.40.00%0.30.00%00.00%
200219960.40.00%0.30.00%00.00%
200119960.414.29%0.30.00%00.00%
200019960.350.00%0.30.00%00.00%

Rev. Catastral: Ano de entrada en vigor dos valores catastrais
de urbana, resultantes de procedementos de valoracion colectiva de caracter xeral.
T. Urbana: Tipo de gravamen urbana (uso residencial).
T. Rústica: Tipo de gravamen rústica:
Carat. Esp: Tipo de gravamen de caracteristicas especiais.

 Maña veremos a suba do imposto de circulación.