jueves, 25 de febrero de 2010

Vergoñento

Unha das características deste blog é a defensa do galego e todo o que iso implica: lingua, cultura, patrimonio, etnografía, costumes, .....

Por eso non podo deixar de opinar sobre as palabras que Rosa Diez, a fundadora de UPyD lle dedicou a ZP : "Zapatero podría ser gallego en el sentido más peyorativo de la palabra""Podría ser gallego en el sentido más peyorativo de la palabra". Con esta calificación se referiu Rosa Díez a Zapatero nunha pregunta do xornalista Iñaki Gabilondo. "Y de Rajoy?", preguntalle logo o xornalista. "Ya es gallego". De Aznar, Rosa Díez dixo que "le pasó el momento" e de Juan Carlos I, sinxelamente, que "es el rey". Galicia Confidencial.

A min gustariame saber que opinan os militantes galegos deste partido desta palabras, partido que se presentou as elección autonómicas de Galicia.

Esto so pasa en España porque noutros paises europeos onde protexen todas as linguas do seus estado esta señora xa estaría dimitindo e coa cara caindoselle de vergoña e pedindo disculpas aos galegos.

Poderia explicarlle o que é ser galego, pero o que non se lle pode permitir e este tipo de insultos. Que dende as persoas que ostentan cargos públicos denigren desa maneira a un pobo.

Poderialle dícir unha chea de cousas pero simplemente voumo reservar porque non se pode cair máis baixo, e si pensa que para defender as súas ideas ten que insultar desa maneira xa quedou máis que demostrado a clase de persoa que é.