martes, 9 de febrero de 2010

Resumindo

Logo duns días de descanso e antes de volver a rutina diaría do que acontece en Sanxenxo, creo que primeiro debo facer un pequeno resumo dos que sucedeu estes días.

En primer lugar quero comentar o da reunión dos donos do parque empresarial coa alcaldesa, co representante de Gesai e a Xunta de Compensación. Moito dos detalles xa foron contados nos diversos periódicos pero eu voume centrar nas impresións dos asistentes a esa reunión que según me contan o compadreo que se traia a alcaldesa e o representante de Gesai era máis que notable, xa que en momentos da reunión el chegoulle a dicir "Cati eso ya lo hablamos en privado" o que un dos asistentes, moi coñecido por todos nos, saiu en defensa e dixo que "que era eso de chamarlle Cati que se dirixira a ela como Alcaldesa ou señora Catalina que estaba a falar cunha autoridade" pero esto non sería significativa si cando os asistentes lle empezaron a apretar as torcas ao representante de Gesai este optou por marcharse.
O que me destacaron varios dos asistentes foi a falta de autoridade da alcaldesa, xa vai sendo hora que se pete na mesa ou estre problema perpetuarase nos tempos, a execución do aval é ilegal, pero si a empresa cobrou xa por facer a urbanización, parte do pago feito mediante terreos, pois que lle demanden a empresa urbanizadora a devolución do pago feito, xa se sabe que "Gaiteiro pago por adiantado, non toca ben".
E todo isto baixo o temor do que pasara de que o TSXG anule a parcelación do polígono, co cal si esto sucede o lio que se vai formar vai ser tremendo. ""Lo que nos han dicho los servicios jurídicos es que si el polígono estuviese terminado sería más difícil que el tribunal se pronunciara en contra de nuestros intereses. Pero paralizado tal y como está, la cosa se complica", destacó uno de los propietarios." (Faro de Vigo)
Pero entre mentras o concelleiro de urbanismo sigue caladiña para que nada lle salpique e a alcaldesa sabe que lle queda mes e medio para rematar o prazo que lle dou a Xunta de Compensación, xa que dixo que lles daba o primer trimestre do 2010 para resolver os problemas que tiñan, e o tempo esgotase, agardaremso polo novo capítulo, e sen obviar que estamos falando dun desenvolvemento PRIVADO.

Por outra banda tamén puidemos ler como o Consello de Contas vai fiscalizar as contas do 2008 de Sanxenxo, este é un organo consultivo, pena que non vamos saber o resultado desa fiscalización ata dentro dun ano minímo. Xa sei que moitos diredes que tamén van fiscalizar ao concello de Poio e o de Pontevedra, o normal é que fiscalicen aos concellos que teñan débedas sexan da cor que sexan, outra cousa son os resultados da fiscalización.
Que en Sanxenxo hai un problema económico ninguén a estas alturas o pode negar, e sinón so hai que ter en conta que o mes pasado en vez de pagar as nóminas dos traballadores o día correspondente retrasaron o pago entre 3 e 4 días e veremos en febreiro o que pasa.