Parece ser que o goberno do PP sentoulle moi mal que o BNG denunciase o estado no que se atopa a subida o cementerio de Vilalonga, que un mes despois do temporal que causou os estragos inda estea sen arranxar os desperfectos.
Ata aqui todo correcto, pero polas informacións que teño, sentoulles tan mal porque segun eles estes estragos estan arranxados, e como din que a mellor mostra é unha foto, inda que neste caso van ser 5, fotos que foron sacadas as 6:30 da tarde do venres 12 de febreiro, e nas cales se ve que foron colocados dous postes de cemento pero o cableado sigue no mesmo estado, e calquera pode tocalo coas mans perfectamente. Postes os cales son de reciente colocación, xa que hai tres días non estaban colocados, o que non sei e si foron colocados para o foto ou douse a casualidade que se colocaron un día antes da denuncia, nestre intre calquer cousa é posible.
Como se pode observar o cableado esta a poucos cm do chan, pero o máis simpático é o poste boca abaixo, ahi non se sustituiu pero si no anterior o no posterior. E o formigón fresco.