sábado, 13 de febrero de 2010

Asociacións Veciñais (I)

Como cada 15 días aquí vos deixo o artigo do Aturuxo:


Estamos acostumados a ver na prensa peticións de distintos colectivos veciñais, uns solicitando o arranxo dunha estrada, outros pedindo un espazo onde poder desenvolver as súas actividades, tamén solicitando melloras para a parroquia,..., pero tamén estamos acostumados a ver como sempre aparecen as frases: polo ben do pobo, porque o demandan os veciños, etc…
Calquera reivindicación que se faga para mellorar un colectivo, unha vila, o benestar dos veciños sempre será benvida e debe ser escoitada por aqueles que teñen o poder de que esa mellora sexa unha realidade. Pero a triste realidade é moi diferente.

A miúdo pregúntome cal é o papel das Asociacións de Veciños (AAVV)? Ultimamente podemos atopar un sinfín de papeis que adoptan as aa vv en Sanxenxo. O máis habitual é que sexan un apéndice máis do grupo do goberno dependendo o tema a tratar. Prodúcese comunicación directa entre presidente e alcaldía que pode ser ben intencionada, ben pode ser inocente ou ben ser utilitaria. Pero cando a comunicación se ten que dar á inversa a manipulación queda claramente manifesta.

A golpe de pancarta e carteis moitas veces conseguiuse que as parroquias sexan mellores, que poñan uns metros de beirarrúas, un par de farolas ou se faga un aparcadoiro....

Para seguir lendo preme aqui ......