domingo, 20 de julio de 2008

Que non falte a troula


Esta semana que comeza vámola adicar o capítulo de INAUGURACIONS e festas que se tercien pois vamos a ter para tódolos gustos e cores.

Como ben sabedes todos hoxe domingo deuse por pechada a Escola de Verán do PP, escola na que os alumnos máis avantaxados tomaron nota mentres outros falaban para a galería con frases como

o “Mucha gente ya no puede veranear” será en Marbella porque so hai que lembrarse das noticias de prensa de días atrás dicindo que en Sanxenxo todo estaba alquilado, pero bueno o menos intentaban buscar solucións a crise e unha atopáronna: HAI QUE DEIXAR DE VERANEAR pero inda así hai que ler o que sae no País: “Mato ha hecho buenas migas con la alcaldesa de Sanxenxo, Catalina González. El viernes ambas compartieron navajas y un arroz con bogavante en el restaurante Berberecho 3. En el pueblo más prohibitivo de la costa gallega. estos días repleto de veraneantes

Pero como dicía o principio o día 22 inaugurase o Autovía do Salnés, o fin vamos a ter dobre carril inda que o chegar a saída de Sanxenxo se monte semellante colapso que nin usando os camiños de carros ninguén nos vai librar de esperar, pero que ninguén se preocupe que para iso o concello xa puxo en marcha o plan Circula, a nova sinalización de vías alternativas e como non a circunvalación de Sanxenxo.

E a outra gran inauguración que vamos ter esta semana (se nada se torce) e a de Punta Vicaño que esta prevista para o día 24 e para cortar a banda esta previsto que sexa o propio Rajoy quen faga uso das tesoiras, si como o escoitades, Rajoy inaugurará o parque ou a lo menos iso é o que esta en axenda. ¿Haberá polbo e empanada?