Todo estaba preparado, as nenas esperaban cos seus cadernos a porta do concello, hoxe era día no que Bustamante ía estar a partir das 13:00h unha hora a disposicións dos seus fans no salón de plenos do concello, así fora anunciado a bombo e platillo na prensa e inclusive nun programa da TVG despois da última espantada que dera. Pero ¿que aconteceu? As 13:25 pasabas por alí e so asomaban lágrimas, choros desconsolados, nais que intentaban consolar as cativas e algunha que outra fan indignada e vos preguntaredes porque, pois porque en vez de estar con David Bustamante atopáronse con David Copperfield, o gran mago do escapismo, foi un visto e non visto, nin unha firma nin na de na ¿falta de cartos para bolis? E logo seguro que a noite lle adicará aquela canción que di:
“Llévate bien lejos esta pena,
que me oxida el alma
No, no ni una lagrima por ti
ni una lagrima, paque
ni una lagrima mi vida,
por ti llorare
no, no, ni una lagrima por ti, paque
yerba mala que,
de el camino,
solo alejare
no...... ”
Eu non sei, pero concelleira de cultura é a segunda vez que lle da plantón, inda que polo mesmo prezo teñas a un músico e a un mago escapista haber como se lles explica os veciñ@s o segundo plantón. Pero teño que decirlle a concelleria que cando cantaba aquilo de :
“Yo no soy un superman,
(yo no soy un superman)
mas por ti puedo volar.
Mira...
no soy un superman,
soy un hombre muy sencillo”
non se refería a que fose mago que para iso temos xa temos moitos ilusionistas neste concello. E que a gala de Escoita Sanxenxo esta pensada para animar o panorama cultural do verán pero hoxe máis parecia que se habían contratado plañideiras para acabar coa sequía pois máis que animar aquilo era un auténtico drama municipal.
E todo isto despois dos despregue de seguridade que montou o concello así como o plan protocolario para tal fin quedou todo ensombrecido pola ausencia da firma pero menos mal que algunhas puidemos ver como a plantilla da Policía Local aumentou, si, así como o leedes, pois veredes alí había dous polis Locais de toda a vida, logo uns cantos auxiliares pero logo estaban uns "5 Policías Locais descoñecidos," ¿quenes eran? ¿de onde sairon? ¿habilitaronse novas prazas?porque AUXILIARES NON ERAN, ninguén sabía de onde saíran ata que logo pensando me dixen: si cos de aquí andan con leas e van a Baiona porque non traer algúns doutros concellos que seguriño que son máis obedientes e controlan todo moito mellor. Pero xa os vexo eu a todos cantando esta noite aquilo de:
“Devuélveme la guita que me la has quitao, (que me la has quitao, que me la has quitao)
que te he inventado un mundo diferente
un mundo oculto donde nadie nos encuentre
es urgente
urgente
Un disfraz de tu poder
caprichito de tu piel
presumiendo de darme el tormento
presumiendo de ser tan cruel"