jueves, 31 de julio de 2008

¿podese gobernar sen ladrillo?

Algún tempo atrás xa comparei a xestión de Ribadumia e a de Sanxenxo pero hoxe vouno retomar pois ambos concellos gobernados polo PP e cunha poboación moitisimo menor a xestión e moi distinta mentres en Sanxenxo se basea no urbanismo en Ribadumia chegase a acordos con outras administracións e levan a cabo proxectos que reverten no benestar dos veciños,eso si cun orzamento de 2,7 millóns de euros, aquí algúns dos exemplos:


* Emprego: En Ribadumia lévanse acabo talleres de emprego como o de carpintería ou que os alumnos de Os Roteiros da Auga ocúpanse da limpeza e acondicionamento das fontes e dos lavadoiros así de paso que se aprende un oficio recuperase o patrimonio histórico e etnográfico do concello de forma gratuíta aparte de posuír un roteiro de interese turístico e de por en valor zonas como a aldea de Pedra que antes permanecían no olvido. En Sanxenxo a parte de algún curso de informática e doutro tema feito dende a OMIX logo despois na de na.

* Internet: en Ribadumia a rede wifi esta pouco a pouco chegando a tódalas parroquias, en Sanxenxo se descontamos as bibliotecas ¿que rede wifi temos?

* Deporte: En Ribadumia a piscina municipal habilitase no verán de forma gratuíta para que disfruten os nenos e os maiores así como pedir axudas a Consellería para amañar as infraestruturas existentes. En Sanxenxo temos unha Cidade deportiva paralizada por que non hai cartos e hai que pedir un crédito superior os 800.000 € a reforma do pavillón de Baltar por máis de 200.000 € e amaños noutras instalacións do concello por outros 100.000€ saen das arcas do concello con fondos propios ou se hai cartos na caixa senón non se farán.

* En Ribadumia analízanse a auga de tódalas fontes mentres que en Sanxenxo na maioría delas non se pode acceder por estar invadidas polas silvas ou porque supoñen un risco, mentres a de Fontoira teña auga non pasa nada.

* Garderías: en Ribadumia non dubidan en pedir axuda a Vicepresidencia para a sua ampliación mentres en Sanxenxo ano tras ano vemos como a de Baltar e a do Revel se incluen nos investimentos pero non hai ni a primeira pedra posta sobre todo porque se construíran con cartos do concello e eso sempre que os haxa.

*Depuradora: A Ribadumia a concellería de Medio Ambiente vaille axudar coa senda do rio Umia e coa depuradora en Sanxenxo non se sabe nada da de Dorrón

E isto no que respecta a Ribadumia pero casos témolos en Cambados, en Vilanova, en Meaño,...., que outro día comentarei. Eso si a páxina web esta patrocinada pola Conselleria de Innovación e Industria e está en galego, igualiño que a de Sanxenxo que leva meses en construcción e que xa non digamos o tempo que levan sen colgar as actas das comisións tanto as de Urbanismo, como as de contas, as Servizos, etc...

¿Podese gobernar sen aplicar políticas de ladrillo? hai en concellos que parece que si, porque salvando que Sanxenxo ten un porto deportivo e nos outros do arredor non ¿só se trata de cartos ou de saber pedir?