Hai uns días saía na prensa o problema que abastacemento que pode sufrir Sanxenxo en horas punta, problema para o cal xa se están a facer reunións para solventalo.
Quizais algúns pensen que mentres a famosa Fonte de Fontoira siga botando auga parte do problema estea resolto pois auga para beber non ha de faltar.
Todos sabemos as inmensas colas que se fan para coller auga alí, que alí hai un cartel anunciando que dita auga esta controlada sanitariamente ¿e no resto de fontes do concello que? porque o menos unha vez o ano deberían ser analizadas porque moitos veciños collemos auga nas fontes de Aldariz, nas de Noalla , nas de Vilalonga, nas de Nantes, Aios,....., ¿cando foi analizada a auga por última vez? as veces esta ben preocuparse polas grandes obras populistas pero tamén hai que facer un oco para as cousas máis elementais e sobretodo cando temos un programa chamado “Pinga a pinga”.
Pero é normal que non se preocupen destes temas menores cando unha alga se adica a colorear as augas de cor vermello emulando a unha das 7 pragas de Exipto ¿será un aviso divino?, ¿cal será a seguinte praga? porque a urbanística hai moito tempo que a levamos sufrindo e dentro de nada teremos a da sequía como efecto secundario da política do ladrillo, abrense as posibilidades para a seguinte: ¿oscuridade no horizonte?¿praga de alimañas?....