“Tempo o tempo, que todo chega” como din os vellos, pois hoxe temos a nova de que o TSXG anulou a licenza do chalé do ex-concelleiro de Urbanismo e sen opción a recurso.
Esto foi denunciado por Salvemos Pontevedra que no seu día tamén denunciou o edificio de Construcuatro no paseo de Silgar por invadir a servidume de Costas ou tamén a vivenda da xefa Provincial de Costas ou a propia Telleira de Vilalonga.
A licenza foi outorgada no 2004 sendo o o titular o propio concelleiro de Urbanismo e alcalde Telmo Martín. Agora cabe esperar que se abra o expediente de reposición da legalidade e que se cumpra con tódalas consecuencias. ¿Cantas licenzas mal dadas haberá? Porque non é por ser mal pensada pero parece que os cargos estan para favorecerse porque "basta" ou "podemos" ler o que sae no País: “Tras una denuncia vecinal, el consistorio constató que las obras no se ajustaban al permiso concedido. El gobierno local lo solventó con una nueva licencia que legalizaba la obra al aprobar un reforma que le dio una altura más al chalé. ” ou este outro parrafo do Diario de Arousa: “Como consecuencia de ello se gira visita de inspección por el arquitecto técnico municipal, que informa que la construcción se encuentra avanzada y que se emplaza en el lugar previsto en el proyecto, si bien se han realizado obras y se observan aprovechamientos que no se contemplan en el proyecto básico que se tuvo en cuenta para conceder la licencia en agosto de 2004. “ ou a mesma versión na Voz de Galicia. Vamos que supostamente nin o propio edil de Urbanismo se ciñe os planos presentados na licenza e logo intentan velar polo cumprimento dun PXOUM, pareceme dunha irresponsabilidade total.
Todo isto demostra que a Xerencia de Urbanismo funciona MAL, pero que moi mal, pois parece que esta o servizo do clientelismo e do amiguismo, se un veciño da pe vai pedir unha licenza inda que sexa para facer un alboio lle revisan ata o último milímetro do terreo, repasan o PXOM de arriba a cabo pero logo chega un amigo, unha gran constructora, unha promotora e todo son facilidades e logo chegan os problemas que temos que os intentan resolver nos tribunais a costa dos impostos de tódolos veciños senón recordemos: Ceminterio de Dorrón, Edificio Boavista en Portonovo, Enlace Autovía, paralización dos SU de Major e Noalla, ..... ¿A Xerencia de Urbanismo é transparente? E os xerentes de Urbanismo tanto o anterior como o actual ¿non teñen nada que dicir? agora que están tan de moda os comunicados aclaratorios (ou mellor dito todo o contrario) ¿sacarán un defendendo a labor da Xerencia?
Vai sendo hora que se cree un organismo que fiscalice a labor que se esta a facer na xerencia, que se renda contas das licenzas dadas, das paralizacións así como das infraccións urbanísticas pese a quen lle pese, porque os erros que se comentan hoxe vámolos pagar nun futuro non moi lonxano e as contas non estan como para tirar moitos cartos nos tribunais.
Pero este non vai ser o último capítulo dunha larga serie de erros urbanísticos, de aquí nuns meses teremos algunha que outra sorpresa. Aldous Huxley tiña como lema a seguinte frase: "Nunca é igual saber a verdade por un mesmo que ter que escoitala de outro" pois a ver si a van aplicando algúns que so ven os errós cando o xuiz peta na mesa co mazo e di aquilo de "queda visto para sentenza"
No Diario de Pontevedra podemos leer o seguinte: " desde el Servizo Xurídico de la Xerencia Municipal de Urbanismo están estudiando las actuaciones a llevar a cabo, teniendo en cuenta que en la sentencia se toma como referencia el Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), aprobado el 27 de febrero de 2003, para concluir que previa a la concesión de la licencia debía intervenir la Administración autonómica, quien tendría que dirigirse a la Administración del Estado, al encontrarse la obra construida dentro de la servidumbre de protección del dominio público marítimo-terrestre" e "Inda que tamén pensan acatar a sentenza".
"