jueves, 31 de julio de 2008

¿podese gobernar sen ladrillo?

Algún tempo atrás xa comparei a xestión de Ribadumia e a de Sanxenxo pero hoxe vouno retomar pois ambos concellos gobernados polo PP e cunha poboación moitisimo menor a xestión e moi distinta mentres en Sanxenxo se basea no urbanismo en Ribadumia chegase a acordos con outras administracións e levan a cabo proxectos que reverten no benestar dos veciños,eso si cun orzamento de 2,7 millóns de euros, aquí algúns dos exemplos:


* Emprego: En Ribadumia lévanse acabo talleres de emprego como o de carpintería ou que os alumnos de Os Roteiros da Auga ocúpanse da limpeza e acondicionamento das fontes e dos lavadoiros así de paso que se aprende un oficio recuperase o patrimonio histórico e etnográfico do concello de forma gratuíta aparte de posuír un roteiro de interese turístico e de por en valor zonas como a aldea de Pedra que antes permanecían no olvido. En Sanxenxo a parte de algún curso de informática e doutro tema feito dende a OMIX logo despois na de na.

* Internet: en Ribadumia a rede wifi esta pouco a pouco chegando a tódalas parroquias, en Sanxenxo se descontamos as bibliotecas ¿que rede wifi temos?

* Deporte: En Ribadumia a piscina municipal habilitase no verán de forma gratuíta para que disfruten os nenos e os maiores así como pedir axudas a Consellería para amañar as infraestruturas existentes. En Sanxenxo temos unha Cidade deportiva paralizada por que non hai cartos e hai que pedir un crédito superior os 800.000 € a reforma do pavillón de Baltar por máis de 200.000 € e amaños noutras instalacións do concello por outros 100.000€ saen das arcas do concello con fondos propios ou se hai cartos na caixa senón non se farán.

* En Ribadumia analízanse a auga de tódalas fontes mentres que en Sanxenxo na maioría delas non se pode acceder por estar invadidas polas silvas ou porque supoñen un risco, mentres a de Fontoira teña auga non pasa nada.

* Garderías: en Ribadumia non dubidan en pedir axuda a Vicepresidencia para a sua ampliación mentres en Sanxenxo ano tras ano vemos como a de Baltar e a do Revel se incluen nos investimentos pero non hai ni a primeira pedra posta sobre todo porque se construíran con cartos do concello e eso sempre que os haxa.

*Depuradora: A Ribadumia a concellería de Medio Ambiente vaille axudar coa senda do rio Umia e coa depuradora en Sanxenxo non se sabe nada da de Dorrón

E isto no que respecta a Ribadumia pero casos témolos en Cambados, en Vilanova, en Meaño,...., que outro día comentarei. Eso si a páxina web esta patrocinada pola Conselleria de Innovación e Industria e está en galego, igualiño que a de Sanxenxo que leva meses en construcción e que xa non digamos o tempo que levan sen colgar as actas das comisións tanto as de Urbanismo, como as de contas, as Servizos, etc...

¿Podese gobernar sen aplicar políticas de ladrillo? hai en concellos que parece que si, porque salvando que Sanxenxo ten un porto deportivo e nos outros do arredor non ¿só se trata de cartos ou de saber pedir?

miércoles, 30 de julio de 2008

O veciño pola lei e os que mandan ¿que fan?

Tempo o tempo, que todo chega” como din os vellos, pois hoxe temos a nova de que o TSXG anulou a licenza do chalé do ex-concelleiro de Urbanismo e sen opción a recurso.

Esto foi denunciado por Salvemos Pontevedra que no seu día tamén denunciou o edificio de Construcuatro no paseo de Silgar por invadir a servidume de Costas ou tamén a vivenda da xefa Provincial de Costas ou a propia Telleira de Vilalonga.

A licenza foi outorgada no 2004 sendo o o titular o propio concelleiro de Urbanismo e alcalde Telmo Martín. Agora cabe esperar que se abra o expediente de reposición da legalidade e que se cumpra con tódalas consecuencias. ¿Cantas licenzas mal dadas haberá? Porque non é por ser mal pensada pero parece que os cargos estan para favorecerse porque "basta" ou "podemos" ler o que sae no País: “Tras una denuncia vecinal, el consistorio constató que las obras no se ajustaban al permiso concedido. El gobierno local lo solventó con una nueva licencia que legalizaba la obra al aprobar un reforma que le dio una altura más al chalé. ” ou este outro parrafo do Diario de Arousa: Como consecuencia de ello se gira visita de inspección por el arquitecto técnico municipal, que informa que la construcción se encuentra avanzada y que se emplaza en el lugar previsto en el proyecto, si bien se han realizado obras y se observan aprovechamientos que no se contemplan en el proyecto básico que se tuvo en cuenta para conceder la licencia en agosto de 2004. ou a mesma versión na Voz de Galicia. Vamos que supostamente nin o propio edil de Urbanismo se ciñe os planos presentados na licenza e logo intentan velar polo cumprimento dun PXOUM, pareceme dunha irresponsabilidade total.

Todo isto demostra que a Xerencia de Urbanismo funciona MAL, pero que moi mal, pois parece que esta o servizo do clientelismo e do amiguismo, se un veciño da pe vai pedir unha licenza inda que sexa para facer un alboio lle revisan ata o último milímetro do terreo, repasan o PXOM de arriba a cabo pero logo chega un amigo, unha gran constructora, unha promotora e todo son facilidades e logo chegan os problemas que temos que os intentan resolver nos tribunais a costa dos impostos de tódolos veciños senón recordemos: Ceminterio de Dorrón, Edificio Boavista en Portonovo, Enlace Autovía, paralización dos SU de Major e Noalla, ..... ¿A Xerencia de Urbanismo é transparente? E os xerentes de Urbanismo tanto o anterior como o actual ¿non teñen nada que dicir? agora que están tan de moda os comunicados aclaratorios (ou mellor dito todo o contrario) ¿sacarán un defendendo a labor da Xerencia?

Vai sendo hora que se cree un organismo que fiscalice a labor que se esta a facer na xerencia, que se renda contas das licenzas dadas, das paralizacións así como das infraccións urbanísticas pese a quen lle pese, porque os erros que se comentan hoxe vámolos pagar nun futuro non moi lonxano e as contas non estan como para tirar moitos cartos nos tribunais.

Pero este non vai ser o último capítulo dunha larga serie de erros urbanísticos, de aquí nuns meses teremos algunha que outra sorpresa. Aldous Huxley tiña como lema a seguinte frase: "Nunca é igual saber a verdade por un mesmo que ter que escoitala de outro" pois a ver si a van aplicando algúns que so ven os errós cando o xuiz peta na mesa co mazo e di aquilo de "queda visto para sentenza"

No Diario de Pontevedra podemos leer o seguinte: " desde el Servizo Xurídico de la Xerencia Municipal de Urbanismo están estudiando las actuaciones a llevar a cabo, teniendo en cuenta que en la sentencia se toma como referencia el Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), aprobado el 27 de febrero de 2003, para concluir que previa a la concesión de la licencia debía intervenir la Administración autonómica, quien tendría que dirigirse a la Administración del Estado, al encontrarse la obra construida dentro de la servidumbre de protección del dominio público marítimo-terrestre" e "Inda que tamén pensan acatar a sentenza".


"

sábado, 26 de julio de 2008

David Bustamante ou David Copperfield ¿cantante ou mago?

Todo estaba preparado, as nenas esperaban cos seus cadernos a porta do concello, hoxe era día no que Bustamante ía estar a partir das 13:00h unha hora a disposicións dos seus fans no salón de plenos do concello, así fora anunciado a bombo e platillo na prensa e inclusive nun programa da TVG despois da última espantada que dera. Pero ¿que aconteceu? As 13:25 pasabas por alí e so asomaban lágrimas, choros desconsolados, nais que intentaban consolar as cativas e algunha que outra fan indignada e vos preguntaredes porque, pois porque en vez de estar con David Bustamante atopáronse con David Copperfield, o gran mago do escapismo, foi un visto e non visto, nin unha firma nin na de na ¿falta de cartos para bolis? E logo seguro que a noite lle adicará aquela canción que di:

Llévate bien lejos esta pena,
que me oxida el alma
No, no ni una lagrima por ti
ni una lagrima, paque
ni una lagrima mi vida,
por ti llorare
no, no, ni una lagrima por ti, paque
yerba mala que,
de el camino,
solo alejare
no......

Eu non sei, pero concelleira de cultura é a segunda vez que lle da plantón, inda que polo mesmo prezo teñas a un músico e a un mago escapista haber como se lles explica os veciñ@s o segundo plantón. Pero teño que decirlle a concelleria que cando cantaba aquilo de :

Yo no soy un superman,

(yo no soy un superman)
mas por ti puedo volar.
Mira...
no soy un superman,
soy un hombre muy sencillo

non se refería a que fose mago que para iso temos xa temos moitos ilusionistas neste concello. E que a gala de Escoita Sanxenxo esta pensada para animar o panorama cultural do verán pero hoxe máis parecia que se habían contratado plañideiras para acabar coa sequía pois máis que animar aquilo era un auténtico drama municipal.

E todo isto despois dos despregue de seguridade que montou o concello así como o plan protocolario para tal fin quedou todo ensombrecido pola ausencia da firma pero menos mal que algunhas puidemos ver como a plantilla da Policía Local aumentou, si, así como o leedes, pois veredes alí había dous polis Locais de toda a vida, logo uns cantos auxiliares pero logo estaban uns "5 Policías Locais descoñecidos," ¿quenes eran? ¿de onde sairon? ¿habilitaronse novas prazas?porque AUXILIARES NON ERAN, ninguén sabía de onde saíran ata que logo pensando me dixen: si cos de aquí andan con leas e van a Baiona porque non traer algúns doutros concellos que seguriño que son máis obedientes e controlan todo moito mellor. Pero xa os vexo eu a todos cantando esta noite aquilo de:

Devuélveme la guita que me la has quitao, (que me la has quitao, que me la has quitao)

Devuélveme la guita que me la has robao, (ay ay ay que me la has robao)”

Claro, agora comprendo para que tanto Poli Local foráneo, eu de todas todas era mellor que Coti nos dera unha conferencia da situación musical-económica-financeira de Arxentina por si algúns ían pillando ideas de como estamos e ata onde podemos chegar.

"Tan urgente
que te he inventado un mundo diferente
un mundo oculto donde nadie nos encuentre
es urgente
urgente

Un disfraz de tu poder
caprichito de tu piel
presumiendo de darme el tormento
presumiendo de ser tan cruel
"
 

jueves, 24 de julio de 2008

Tola Academia de Polícia

Xa sei que hoxe debería estar comentando o que me parece os orzamentos para este ano 2008 pero iso vouno deixar para dentro dun par de días que estou sumando e restando é o final o resultado sempre me da o mesmo: XA NON SOMOS UN CONCELLO RICO. Por iso cando teña tódolos datos os comentarei.
Pero mentres non quero deixar pasar por alto o capítulo nº Tropecentos da Policía Local pois as declaracións que hoxe se publican na Voz de Galicia so revelan unha mínima parte do que realmente esta a acontecer no Concello, neste xornal aparece o seguinte: O concelleiro de Persoal está ameazando aos axentes dicíndolles aos interinos que se quedarán nesa categoría ou rexeitando a prazas para outros ou esta outra : «Se os compañeiros síntense amenazados polo Concello, imos a estar do lado dos traballadores», precisó Carlos Dacosta. «Os problemas pódense solventar a través do diálogo, pero o concelleiro de Persoal, que é o mesmo que Seguridade Cidadán, non e moi dado a falar». Logo extrañamonos de que o persoal colla baixas por estres, por depresión e demais enfermidades laborais afíns, todo apunta a unha falla de talante, de capacidade negociadora e de imposición de cargo e autoridade.
Estamos nunha época na que aumenta o tráfico, as leas, a inseguridade así como as pequenas incidencias cotiás e tódalas mans fan falla e o persoal debería estar o 100%.
Agora que a miña dúbida é a seguinte ¿reclamáselle a todo o persoal un certificado médico cando se ausentan do traballo? ¿haberá folga da Policía Local? Pero este non é o único colectivo que mantén discrepancias cos seus concelleiros pero todo se leva máis a calada. Pero nos próximos días haberá noticias sobre este tema porque está chegando a unha situación na que a ver quen da o último sopapo para quedar campión. ¿E a alcaldesa que di sobre esto? e todo isto tendo en conta que inda non entrou en vixencia o Plan Anti-botellón e non se producen identificacións nin multas que si se pon en marcha no mes de agosto o traballo vaiselles duplicar.

E menos mal que o concelleiro de Servizos Xerais non lles manda controlar o horario no que se depositan o lixo para así evitar os cheiros, sera no resto de Sanxenxo porque pasear polo porto deportivo bota para atrás e logo din que é un porto de primeira será polo EAU de Basureiro porque a verdade é que ir camiñando hacia a oficina de Turismo é sufrir ese cheiro como que che dañas de dar volta e ir durmir o Grove. A ver si fregan un pouquiño por alí e descobren a lixivia, os desengrasantes ou calquer outro metodo anti-olor porque é de vergoña.

domingo, 20 de julio de 2008

Que non falte a troula


Esta semana que comeza vámola adicar o capítulo de INAUGURACIONS e festas que se tercien pois vamos a ter para tódolos gustos e cores.

Como ben sabedes todos hoxe domingo deuse por pechada a Escola de Verán do PP, escola na que os alumnos máis avantaxados tomaron nota mentres outros falaban para a galería con frases como

o “Mucha gente ya no puede veranear” será en Marbella porque so hai que lembrarse das noticias de prensa de días atrás dicindo que en Sanxenxo todo estaba alquilado, pero bueno o menos intentaban buscar solucións a crise e unha atopáronna: HAI QUE DEIXAR DE VERANEAR pero inda así hai que ler o que sae no País: “Mato ha hecho buenas migas con la alcaldesa de Sanxenxo, Catalina González. El viernes ambas compartieron navajas y un arroz con bogavante en el restaurante Berberecho 3. En el pueblo más prohibitivo de la costa gallega. estos días repleto de veraneantes

Pero como dicía o principio o día 22 inaugurase o Autovía do Salnés, o fin vamos a ter dobre carril inda que o chegar a saída de Sanxenxo se monte semellante colapso que nin usando os camiños de carros ninguén nos vai librar de esperar, pero que ninguén se preocupe que para iso o concello xa puxo en marcha o plan Circula, a nova sinalización de vías alternativas e como non a circunvalación de Sanxenxo.

E a outra gran inauguración que vamos ter esta semana (se nada se torce) e a de Punta Vicaño que esta prevista para o día 24 e para cortar a banda esta previsto que sexa o propio Rajoy quen faga uso das tesoiras, si como o escoitades, Rajoy inaugurará o parque ou a lo menos iso é o que esta en axenda. ¿Haberá polbo e empanada?

martes, 15 de julio de 2008

Inda queda moito por ver

Hoxe non vou dar moitos datos, nin descubrir cousas novas, nin mesmo comentar o tema de Fadesa que despois de arrasar parte dun Camiño Real que pasaba por ese SU agora esta no aire se se vai obrar ou non, nin do custo que supón o autobús para as arcas nin de como foi xestionado o contrato porque unha cousa é que sexa unha necesidade e outra é ir regalando euros, nin vou falar de como se piden créditos para pagar "outros", ....
Hoxe xa que volve a local a estar en pe de guerra quero facer unha pregunta ¿quenes son os residentes de Sanxenxo? e isto ven porque a certas horas por exemplo un auxiliar "borde" che di que si non eres residente non poden pasar porque o parking esta cheo, co cal das unha nova volta e topas xa que podes pasar porque hai prazas e digo eu residente é ¿o que esta un mes aqui?¿ser residente é vivir todo o ano en Sanxenxo?¿onde se quitan as tarxetas de residentes? Logo tes que ir o banco cunha persoa maior e lle dis que vas a parar en carga e descarga para que esa persoa con problemas de movilidade poida ir cumprir coas suas obrigas e ala che ven o local de turno que ahí non podes parar e miras para atras e ves 3 ou 4 turismos aparcados e por iso vivir en Sanxenxo todo o ano e pagar os impostos ¿non serve nin para deixar unha persoa maior preto do seu banco?
Chegas a rotonda de Arnelas e ves caravana na Progreso e xa dis ti: "xa estan os auxiliares " dito e feito entón decidis tirar pola estrada interior de Padriñan ata chegar o pazo e ali te topas cunha sinalización incongruente e menos mal que se ian gastar 18.000€ en sinalizar as vías alternativas.
Pero estes problemas non son novos levamolos sufrindo moitos anos e nadie con responsabilidade tivo a menor intención de atoparlle solución si descontamos a famosa Ronda cos pelotazos que eso supoñia.
Xa sei que isto non é nada novo pero xa so de pensar no próximo fin de semana en Sanxenxo voume ir de camping a illa de Ons, e por iso lles digo a Policía Local que se vaian concenciando que toca pringar ese fin de semana pois hai que dar imaxe de concello sen problemas para que España vexa o ven que se esta en Silgar. Agora que este ano temos Escola de Verán do PP espero que para o ano tamén pensen que hai outras escolas como as da Universidade In ternacional M. Pelaio, as da Uned, as de Fundacións ,..., que nos concellos veciños ofertan cursos como o caso de Cambados, Vilanova de Arousa e Vilagarcía.
Pero xa sei que as veces por moito dicir as cousas non hai forma de cambiar vellas costumes arraigadas por elo sei que no verán do 2009 seguramente seguiremos sufrindo os mesmo porblemas, canta razón ten F. Sanchéz Drago cando di que :"A mellor crítica é a que non responde a voluntade de ofensa, senón a liberdade de xuicio" e eu engadiría tamén "a necesidade de cambios e de solucións prácticas e utiles"

miércoles, 9 de julio de 2008

As 7 pragas

Hai uns días saía na prensa o problema que abastacemento que pode sufrir Sanxenxo en horas punta, problema para o cal xa se están a facer reunións para solventalo.

Quizais algúns pensen que mentres a famosa Fonte de Fontoira siga botando auga parte do problema estea resolto pois auga para beber non ha de faltar.

Todos sabemos as inmensas colas que se fan para coller auga alí, que alí hai un cartel anunciando que dita auga esta controlada sanitariamente ¿e no resto de fontes do concello que? porque o menos unha vez o ano deberían ser analizadas porque moitos veciños collemos auga nas fontes de Aldariz, nas de Noalla , nas de Vilalonga, nas de Nantes, Aios,....., ¿cando foi analizada a auga por última vez? as veces esta ben preocuparse polas grandes obras populistas pero tamén hai que facer un oco para as cousas máis elementais e sobretodo cando temos un programa chamado “Pinga a pinga”.

Pero é normal que non se preocupen destes temas menores cando unha alga se adica a colorear as augas de cor vermello emulando a unha das 7 pragas de Exipto ¿será un aviso divino?, ¿cal será a seguinte praga? porque a urbanística hai moito tempo que a levamos sufrindo e dentro de nada teremos a da sequía como efecto secundario da política do ladrillo, abrense as posibilidades para a seguinte: ¿oscuridade no horizonte?¿praga de alimañas?....


jueves, 3 de julio de 2008

Destrucción a toda costa 2008

Outro ano máis Greenpeace sacou o seu famoso informe "Destrución a toda costa 2008" no que analiza o estado da costa española, e como non tamén adica algún parrafo que outro a Sanxenxo.
No capítulo de Irregularidades Urbanística nos tribunais atopamos o seguinte:

" Sanxenxo: arrasando con su entorno natural.
Sanxenxo aprobó varios desarrollos urbanísticos antes de que estuvieran en marcha el Decreto de medidas urgentes aprobadas por el Gobierno autonómico52 para parar el urbanismo salvaje en el litoral gallego.
De esta forma, varios proyectos en marcha desde 2003 se libraron de ser ilegalizados, a pesar de
situarse en la franja de protección de 500 metros desde la línea de playa que establece el Decreto.
En A Granxa (en la Parroquia de Dorrón) se ha permitido que una promotora arrase el entorno natural de Os Cotos, a escasos metros del mar, para construir 969 chalés distribuidos en dos complejos –ocupando una extensión de 183.000 metros cuadrados–.
Además de esta promoción, Sanxenxo está tramitando ante la Consellería de Medio Ambiente la construcción de otras 500 viviendas a menos de 500 metros de la costa en playa Major, en el arenal de Montalvo y Soutullo. El plan parcial de O Revel proyecta 77 chalés en una superficie total de 25.822 metros cuadrados. Y en Bouzón se edificarán otros 47 chalés.
De las 2.400 que se están construyendo en Sansenxo, 1.100 están a menos de 500 metros del mar53, de acuerdo con el Plan General de Urbanismo que se aprobó en 2003, cuando era alcalde Telmo Martín, el actual presidente del Partido Popular en Pontevedra y socio de la constructora y promotora inmobiliaria Construcuatro. Esta empresa está sometida a una investigación por parte del Ministerio Fiscal. En total, el Plan de Telmo Martín prevé la construcción de 11.351 viviendas en el municipio, cuya población es de unos 17.000 habitantes. Y el nuevo equipo del Ayuntamiento no está dispuesto a que nada cambie. El Concello de Sanxenxo ignoró el pasado otoño el requerimiento de la Consellería de Medio Ambiente para anular de oficio la tramitación de suelo urbanizable número 25, localizado en Telleiro-Noalla donde se contempla la construcción de 143 chalés. Aunque algunos proyectos han podido ser paralizados, el daño a Sanxenxo ya está hecho, acabando con uno de los paisajes más valiosos de Pontevedra."

Ademáis marca a Sanxenxo como un dos puntos negros da costa de Galicia polo seu urbanismo insostible, pero xa sairon as declaracións do noso Pachi Vazquéz ( o concelleiro de Medioambiente) dicindo que: "el citado trabajo cuenta con "poco rigor científico" al decir que Sanxenxo es un Ayuntamiento que se desarrolla de manera descontrolada "cuando la consellería tiene tres recursos contenciosos-administrativos parando las construcciones"."

Pero a pesar disto a costa de Sanxenxo seguese transformando, seguese a cambiar a orografía do terreo, seguese sen ter en conta os regatos, as vías de auga, ...., o pior e QUE TODO SIGUE IGUAL E A PEOR.