miércoles, 6 de febrero de 2008

¿Vagos?


Estes días estamos vendo como ata a Igrexa entra na campaña electoral coma un elefante nunha chatarrería pedindo o voto para o PP para logo escoitar as declaración de José Blanco onde “opinou que a Igrexa "cada vez ten mais difícil" este obxectivo de autofinanciarse "porque cada vez teñen menos seguidores". "Deberán preguntarse por que", sentenciou o dirixente socialista”.
E todo isto é moi normal pois antes practicábase máis o de “ORA ET LABORA” e claros exemplos delo témolos en Sanxenxo no Priorato de Arra, si nesta casa solariega d
o século XIX de dúas plantas e de 530 m2 na que vivían os monxes do mosteiro da Armenteira que se adicaban a cultivar a finca e a producir viño, parra que por certo ten máis de 200 anos e a este paso non sei si aguantara un máis, porque en vez de coidala e protexela como identidade do lugar esta abandonada e teño que recordarlle a Alcaldesa que estamos en época de poda e parrea por si non o sabe xa que ela é de mar.
Seguro que os monxes lle sabían quitar proveito a finca e grazas a ela mandaban suministros para a Armenteira e hoxe andan os seu descendentes andan a pedir o voto non vaia ser que se lles acabe a boa vida e teñan que dobrar o lombo para traballar como calquera cidadán da pe, e que claro a empresa con sede no Vaticano semella que lle dou un toque de atención a filial española debido a merma de ingresos procedentes entre outras cousas dos nosos impostos.

Lémbrome cando no mes de xullo do 2005 Telmo anunciaba que ía restaurar a casa do Priorato, a capela de San Amaro e o seu entorno e que se ían investir uns 186.000€ que saian da venta do 10% que lle correspondían ao concello no SU3 onde se atopa a casa e que as obras estarían rematadas en decembro do 2006 (o convenio de cesión da casa fíxose en novembro do 2004). Ese era o gran megaproxecto para Arra onde os veciños ían disfrutar dun espazo de lecer. No 2007 había orzamentados 100.000€ para a súa rehabilitación e por todo isto pregúntome ¿ cobrouse a monetarización? ¿que se fixeron cos cartos? ¿para cando a rehabilitación? Non se dan conta que o día que vaian so van topar unha pila de escombros, pero aquí xa sabemos que moito prometer e pouco facer.

Pois como vedes o final o tema esta en que nin a Igrexa se pode manter nin o goberno do PP de Sanxenxo pode rehabilitar o que ten, se o final é por un problema de cartos, non hai liquidez pero o que non din é que é por una mala xestión pero xa hai un par de meses que a Alcaldesa dixo que “ estaba disposta a buscar financiamento para acometer os traballos de rehabilitación do patrimonio adquirido (Priorato, Quintáns,...) nun prazo de 6 meses así que dende aquí voulle dicir que “MENOS ORA ET MAS LABORA”. E que ben o dicía o escritor Xacinto Octavio Picón (1852-1923) : “Deus perdoara a quen o negue; pero ¿que fará cos que cometen maldades no seu nome?