Hemingway dicía que “o secreto da sabedoría, do poder e do coñecemento é a humildade” pois esta cualidade ultimamente anda moi escasa nos nosos políticos e xa que estamos en plena campaña electoral non podo deixar pasar a ocasión para opinar sobre algunhas cousas que viñen escoitando estes días e que me preocupa que alguén con semellantes ideas poida gobernar un pais e inda por riba que sexa no que vivo.
E digo todo esto porque entrando en Sanxenxo na Florida atópaste cunha valla en grande do PP coa foto de Rajoy e pon: “As ideas, moi claras” e o máis chocante é que esta en galego despois de andar por todo o estado español e incluso pola mesma Galicia desprezando o galego como lingua e so lle vou recordar un nome “Henrique Rajoy Leloup”, si o abo de Rajoy un dos impulsores do estatuto de Autonomía de Galicia de 1936 e despois de facer exhibición da sua fobia o galego agora vai e ponnos o seu lema en galego nas vallas pero sinceramente pensa que somos uns incultos ou simplemente nos esta insultando de forma clara. So teño que recordarlle que o galego é un idioma co-oficial e que non é un idioma do que avergoñarse como vostede quere facer crer e que como vostede pasea por Silgar solo sabe falar castelán pero recorde cando hai 30 anos falaba como un galego máis, se para ascender hai que renunciar as raíces ¿de que nos quere convencer?
E tampouco podo deixar pasar o tema do exame aos inmigrantes pois no fondo para min reflexa un claro sentimento racista e xenófobo pero por desgraza teño que recordarlle que Galicia é un pobo de emigrantes, en tódalas familias hai alguén na diáspora, ¿quen non ten algún familiar emigrado?, si señor Rajoy, non todos tivemos a fortuna de nacer en berce de ouro e moitos tiveron que ir que buscarse as castañas fora do seu pobo ou aldea como moitos dos que actualmente cheguen o noso pais, recorde que non so se goberna para os ricos tamén hai pobres que necesitan ideas, medios e sobretodo recursos.
Unha boa cura de humildade e o que fai falla nesta campaña e sobretodo deixarse de demagoxias e ser realista coa situación na que vivimos e non poñer atrancos o avance da sociedade a base de ideas medievais.