As veces teño o presentimento que para algúns políticos todo vale, que o máis importante é estar aí e facer obras para tapar bocas, sen pensar nas consecuencias nin que se pode estar a xogar cos sentimentos dos veciños. En Sanxenxo temos un claro exemplo co que esta a pasar co “cemiterio” de Dorrón, un cemiterio que foi inaugurado pola alcaldesa e representantes da asociación de veciños así como veciños. Ata hai todo ía ben, pois a obra era necesaria, pero ó final so queda nunha simple foto de inauguración .
E todo para agora atoparnos que dito camposanto non se pode usar por falta de permisos e por haber feito as cousas mal (como esta sucedendo ultimamente). Pero o inconcebible de todo é que hai tempo que ós veciños nos toman por tontos. Oxalá que tanto a alcaldesa como o concelleiro que tivo competencia nese asunto daquela, o xerente de urbanismo e máis o representante dos veciños non se teñan que ver nunca na necesidade de pedir un nicho prestado o día que lles fine un parente, que ese día algún familiar se adique a ir a mirar ó concello si no de Fontoira hai prazas e en vez de estar en familia, andar a mirar onde se vai a enterrar o corpo do finado como se fose unha simple mercadoría perecedoira porque o camposanto que tanto alagaron non se pode usar.
O máis indecente, cruel, triste e dunha baixeza total e xogar cos sentimentos e por iso os veciños estamos no noso dereito de pedir responsabilidades e que os responsables que cometeron eses erros dimitan dos seus cargos, porque teño que recordar que Rafael Vázquez como xerente de Urbanismo cobra 59.435€/ano e Catalina 64.400€/ano e permítense cometer erros de manual que habendo informes de Sanidade onde falan de que as distancias deben ser de 50m logo resulta que dan licenza e en vez de 50 son de 15 ou 20 m ¿onde estaban para ver si se cumpría a lei? ¿acaso esa non é a súa laboura? ¿non se creou una xerencia de urbanismo para velar que todo se axustase á lei e se leve a cabo o PXOM? ¿por que comenten tantos erros nos informes? (recordemos os SU paralizados, o informe ISA do Rebel) e por iso, tanto Angel como concelleiro de Urbanismo ou a mesma Catalina como responsabél última deberían proceder ó cese do persoal que emite informes favorábeis sen mirar si se poden emitir ou non, porque teño a impresión que en Urbanismo asínase sen mirar a lei, tan solo pola cara bonita do que presenta a documentación. ¿Ata cando o concello vai a aguantar tantas irregularidades? ¿Ata cando vamos seguir mostrando unha imaxe de concello mal xestionado e que esta seguido nos tribunais?¿Acaso non hai persoal cualificado ou os superiores non están ó día do que pasa? So pido que alguén me explique por que en Sanxenxo as cousas funcionan tan mal. Henry Van Dycke dicía que " O día da túa morte sucederá que o que ti posúes neste mundo pasará a mans doutra persoa pero o que ti eras será teu por sempre"