lunes, 18 de febrero de 2008

Duas formar de xestionar e unha mesma cor.

Moitos dos nosos coñecidos e amigos mudáronse a vivir aos concellos limítrofes ou cércanos un deles é o de Ribadumia, un concello que nos últimos anos creceu de forma espectacular. Por iso hoxe e despois de ler algunhas informacións quero afondar nunha cuestión que os veciños nos preguntamos moitas veces ¿A cor do partido que goberna no concello esta por riba do benestar dos veciños?. E digo esto por unha razón ben sinxela porque cada día que pasa en Sanxenxo so temos liortas e seguimos cos mesmos servizos que hai anos.

O concello de Ribadumia esta gobernado polo PP igual co de Sanxenxo, a alcaldesa de Ribadumia é unha muller igual que en Sanxenxo, iso por falar de similitudes e como diferenza teño que dicir que en Ribadumia como concellal teñen a Louzán e en Sanxenxo con capacidade de decisión e xestión a simple vista non vexo a ningún e en Ribadumia non teñen porto deportivo e en Sanxenxo si.

Pero agora vamos ver a capacidade de xestión das alcaldesas pois Salomé Peña (alcaldesa de Ribadumia) no pasado agosto acordou con Quintana adherirse ao Consorcio de Benestar de Vicepresidencia e con isto a alcaldesa vai a aportar os terreos necesarios si así se aproba no pleno para que Vicepresidencia lle construa o Centro de Día, un servizo moi demandado hoxe en día pola sociedade e non lle importa que Vicepresidencia sexa do BNG e ela do PP mentres os veciños poidan disfrutar deste ben social, pasando así Ribadumia a ser un dos mellores concellos da comarca en dotación de servizos. Pero aquí en Sanxenxo non, vamos por libres porque eles o valen e no último pleno votábase en contra de adherirse ao Consorcio de Benestar e a Rede de Galescolas tan so por pertencer a unha consellería do BNG, e así os veciños quedaremos sen poder optar a servizos tan so polo capricho dun color e por moito que vendan que van facer todo pura mentira pois no concello de Sanxenxo AS ARCAS ESTAN BALEIRAS, non hai cartos para obras, e sin cartos non hai servizos. Pero dende aquí voume permitir a licenza de aconsellarlle a Catalina que se sente a tomar un café con Salomé e que esta lle explica os beneficios de que as consellerías da Xunta aporten cartos para investimentos, que lle diga como negociar con Louzán para ver si así se acometen as tan prometidas obras da deputación porque si o tan prometido arranxo da Rúa Luís Rocaffort é o que estan a facer e mellor que quedara como estaba pois parece un quebracabezas de asfalto por non dicir un quebra-suspensións do coche.

O final so podo chegar a unha conclusión é que en Ribadumia esta en igual de condicións que Sanxenxo, cada día oferta máis servizos, os pisos máis baratos, o concello medra e inda por riba a alcaldesa sabe xestionar os recursos que lle ofrecen e non cobra o soldo que ten Catalina por facer o mesmo traballo pero por parte de Salomé con mellores resultados polo que se pode comprobar, ¿Quen realmente merece o soldo que se cobra en Sanxenxo: Catalina ou Salomé?. Cada día o teño máis claro hai alcaldes e alcaldesas que so saben gobernar cando a cor e o mesmo en tódolos estamentos porque así elles máis fáciles ocultar as carencias, o que se confirma con isto é que dende a Xunta gobernase para os galegos e as galegas por igual e non como pretender facernos crer que gobernan para os da mesma cor cousa que si facía o PP na sua época e logo temos resultados como o do polígono. As veces hai que saber que sitio se ocupa e si prometes darlle calidade de vida os veciños e che ofrecen a oportunidade aprovéitaa e non se pode ir con altanería e facerse os autosuficientes e logo escudarse en falsas escusas como que a Xunta esta a poñer trabas o concello e logo porque si ofrecen a oportunidade de poder ter as garderías e outro tipo de servizos non se ha de aproveitar esa ocasión. Se o final hai que aprender moito dos concellos do lado entre eles o de Ribadumia porque en Sanxenxo non se ven síntomas de melloría senón que cada vez as relacións diplomáticas tópanse máis enfermas e xa o dicía Gandhi: “Co puño pechado non se pode intercambiar un apertón de mans”