miércoles, 28 de noviembre de 2007

Os eucaliptos non deixaban ver o mar










A veces unha imaxe vale máis que mil palabras e por iso os que pasamos tódolos días pola Granxa camiño dos nosos postos de traballo agora contemplamos como as vistas cambiaron de súpeto. Cando en medio planeta se esta a falar do cambio climático e das medidas que imos tomar para frear este cambio en Sanxenxo cambiamos os eucaliptos que se encontran no borde do litoral por bloques de ladrillo e cemento, pero claro as vistas a ría iso non ten prezo.

Empezáronse a desenvolver os SU1 e SU8 que están un a continuación do outro, entre os dous faranse o redor das 900 vivendas tanto colectivas como individuais. O máis grave de isto è que estes plans estan en primeira liña do mar e agora cando paremos no mirador da Granxa a contemplar a paisaxe vamos ver un urbanismo desaforado en vez de contemplar un paisaxe verde en consonancia co entorno, inda que as arbores fosen eucaliptos pois o menos axudaban a atraer a choiva que sitios onde obrar no concello inda hai sen ser en espazos que deberían gozar de algún tipo de protección.

* O SU 1 ten unha superficie de 102.050 m2 e ten un 0,506% de edificabilidade resultando 51.636m2 para construír cunha altura de B+2. 562 VIVENDAS

* O SU 8 ten unha superficie de 81.537m2 e ten un 0,50% de edificabilidade resultando 40.768m2 para construír cunha altura de B+2. 407 VIVENDAS

O Concello monetarizou o dez por cento do aproveitamento urbanístico do SU8 que lle pertencia e asi acadou para as arcas municipais un total de 3.248.765 euros que a día de hoxe non repercutiron nesta zona que segue tendo serios problemas cos servizos básicos.

Non debemos esquecer que un destes SU foi denunciado ante o TSXG por Salvemos Pontevedra e a día de hoxe inda non saeu a sentenza.


Que ben o decia René de Chateaubriand, un diplomático e escritor francés ala polo 1800: "Os bosques preceden as civilizacións, os desertos seguennas"