Co rogo da súa publicación no seu Blog
A plataforma Ronda Non de Sanxenxo, quere comunicar á opinión pública o seguinte:
O Concello de Sanxenxo decreta a suspensión de licencias de construcción no ano 2004 con vistas a facer a Ronda. A nosa Plataforma denunciou que esa suspensión era ilegal e a Xustiza deunos a razón. Telmo Martín recorre a sentencia, aínda que eso era un acto inútil, xa que rematara o prazo. Era tirar cos cartos dos cidadáns.
Finalmente a Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Galicia acaba de fallar de xeito definitivo que esa suspensión foi totalmente ilegal, xa que é contraria ao artigo 77.4 da lei 9/2002, tal e como nós lle diciamos desde un principio. Ademais impón as costas ao Concello, é dicir, que os cidadáns de Sanxenxo terán que pagar o caprichoso recurso do Equipo de Goberno do que formaban parte entre outros Telmo, Catalina, Angel, Paz, Manuel... . Todos levantaron a man cando Telmo llo pedía, por tanto todos son responsables.
O Concello de Sanxenxo ten como costume facer as cousas de maneira irregular e con presas por desenvolver proxectos urbanísticos especulativos que reverten en lucro para unha minoría, pero o que é escandaloso é que se viole a lei de forma tan clara e flagrante, e que non rectifique cando se llo fai ver, co conseguinte prexuízo para o pobo de Sanxenxo.
Telmo Martín e Catalina González (concelleira daquela e activa defensora desta actuación) deben asumir a responsabilidade política que lles toca por promover esta ilegalidade, e non dubidamos de que o farán se teñen un mínimo da dignidade da que presumen.
Bordóns, 3 de novembro de 2007