*Polígono industrial 23.000 m2: reclámanlle a Xunta 2,6 millóns de euros que deberían pagar por ocupación dos terreos que según parecen foron cedidos ó anterior goberno da Xunta pero sen haber firmado ningún convenio para facer o enlace ou ben facer a cambio o enlace.
*Punta Vicaño 22.000m2: o concello merca este terreo por 7,5 millóns de euros.
*Illa de Sálvora e os illotes Vionta e Noro: 8,5 millóns de euros e forman parte do Parque Nacional Das Illas Atlánticas e así garantir a súa conservación.
*Illa de Cortegada: 1,8 millóns de euros e así pasa a formar parte do patrimonio público.
A miña conclusión é que neste concello vendese moi barato e mercase moi caro pois si o terreo do Polígono sae case a 115€/m2 en Punta Vicaño saíu a 340€/m2 estando afectado pola lei de costas foi mercado a prezo de ouro mentres que por medio de outras valoracións ou incluso expropiacións poderíanse aforrar moitos cartos. Adquirir patrimonio para espazos públicos e adicalos a equipamentos ten que ser unha prioridade co que non estou dacordo e co valor e menos se presuntamente hai intereses porque de todos é sabido que a familia Pazó propietaria dos terreos eran donos de barcos en Portonovo e a vinculación familiar por motivos laborais coa alcaldesa era moi próxima e directa.
Pero unha vez mercado iso supon un mantemento que non se lle esta prestando pois como ben amosan as fotos quitadas esta semana o abandono é total por parte do concello e isto recórdame unhas famosas declaracións feitas por J.M. Pombo onde dicía “que Feijoo tivo moita presa en colocar o cartel da construción da autovía do Salnés pero esqueceuselle firmar o convenio para facer o enlace do Polígono coa autovía” e en Vicaño parece que tamén tiveron moita presa para comprar e abrir ó publico este espazo durante a campaña electoral pero que se esqueceron de que hai que acondicionalo e mantelo nun estado axeitado e non cunha imaxe de abandono total. Inda que si o miramos ben temos en Sanxenxo centro un terreo no seu estado case salvaxe e ata lle podemos sacar partido a isto e vendelo como paisaxe típica de abandono de leiras por falta de limpeza.
O que non comprendo é que inda por riba de haber pagado semellante cantidade de cartos non fosen capaces de adquirir o piorno e o cruceiro para conservalos dentro da parcela e así aumentar o patrimonio e permitir que se trasladasen para dentro da finca dos antigos donos que aínda conservan pero claro despois moi amablemente o concello si é capaz de facerlle os garaxes e manterlle o acceso a propiedade privada pola parcela do concello, non me estrañaría nada que os antigos donos inda lles durase o ataque de risa con semellante operación inmobiliaria pois cobraron 7,5 millóns de € a cambio duns 22.000 m2 afectados por costas nos que non podían facer nada e conservan os elementos etnográficos, un garaxe novo e o servicio de paso pola propiedade do concello e para máis inri a parcela mantén o seu estado máis natural. E normal, pois ante todo debe prevalecer a conservación do entorno no seu estado máis primitivo.