viernes, 23 de noviembre de 2007

Máis vale un toma que dous che darei

Vamos a abrir unha serie de capítulos adicados ó patrimonio municipal nos cales vamos a estudar e a analizar o seu estado e como estan conservados así como si hai algún plan para a sua restauración.

Hai uns días adicámoslle un artigo a Punta Vicaño e hoxe vaille tocar o Pazo de Quintáns en Noalla, un pazo que data o redor do 1606 e que consta de dúas edificacións e unha finca de 10.000m2 e que foi adquirido polo concello o 12 de maio do 2006 por 1.200.000€ e que se ía adicar a un museo da Sal, a residencia de visitas oficias e incluso a un lugar onde celebrar as vodas civís, uns días antes salia nos medios de comunicación a nova desta compra e o que se ía facer: “ Nos presupostos deste ano resérvanse unha partida de 1.350.000 euros, procedentes dos ingresos da Xerencia de Urbanismo, dos cales un millón douscentos mil euros irán destinados a compra do inmoble, mentres que os outros cento cincuenta mil dedicaranse a unha primeira actuación de acondicionamento da finca. O Concello dará prioridade a rehabilitación dos xardíns do Pazo para que poidan ser disfrutados como lugar de encontro polos veciños da parroquia de Noalla.” (La Voz de Galicia. 28/4/06)

Actualmente os únicos traballos que se fixeron ata o de agora foi a limpeza e a restauración dos muros do inmoble así como o pintado das rexas e dos portalóns e o peche dos mesmos pois calquera persoa accedía o Pazo sen ningún problema destinouse unha partida de 47.000€ e foi realizada pola empresa Atlas, S.L (a mesma que fixo a rehabilitación do muiño de Bordóns e no que che puxeron un paredón). Obras que se realizaron en Agosto. Pero os cables seguen pegados no muro e por toda a fachada principal que se cabe e ainda máis aberrante mentres as hedras e as malas herbas campan polo muro e a terra o seu libre albedrío. Xa se sabe que “casa sen dono, casa de todos”.
Entón agora non me queda máis que preguntar ¿Onde esta a rehabilitación dos xardíns?¿En que usaron os cartos desa partida? O máis triste disto e que o Pazo posúe unha Camelia de gran valor botánico cunha idade entre os 80 ou 90 anos e que é a única na sua especie que florece plenamente en Agosto e que ten moita fama entre os coñecedores deste mundo, e mentras os veciños do concello so vemos unha simple camelia e non disfrutamos dos xardíns que tanto íamos percorrer xa que 10.000 m2 dan pa moito. E despois saen na prensa que os xardíns do concello van a ser respetuosos co medio ambiente ¿Entón protexer as especies con valor non ten cabida ou non interesa? ¿Cando poderemos pasear por este xardín?
Do que é o Pazo en cuestión é incrible imaxinar que inda non hai 2 anos os antigos donos vivían nel, pois o aspecto de abandono é evidente así como o perigo de derrubo o que esta ameazado e seria unha pena que o día que se rehabilitase o único que se atoparía no sitio seria un montón de pedras. A balconada presidida polo escudo semella que cando azoute o norte da Lanzada vai ir po chan. Mirar esa capela presidida por un cruceiro como se atopa no esquecemento.
Estes días o concello está a sinalizar os monumentos do concello, entre eles este Pazo e cando te paras enfronte del o primeiro que destaca e a imaxe dos contedores de lixo amarelo e verde que tan ben fan xogo co entorno ¿Non os poderían poñer enfronte, ou movelos uns metros?
Un pazo que moitos concellos desexarían poder ter no seu inventario e que aquí o único que se fixo foi compralo para que quedase no olvido pois sempre din que o van a rehabilitar pero non nos enganemos son simples escusas de mal pagador, palabras para convencer o pobo pero que nunca se ve a execución desa partida. É seguro que nos presupostos do 2.008 veremos como esta previsto o seu arranxo, pero so iso pois as miñas dúbidas teño de que se vaia a arranxar.