Vamos adicarlle o artigo de hoxe a Martín Otero Otero o concelleiro de Xuventude e Deportes (524.116 pts/mes; 44.100€/ano; dedicación exclusiva). Un rapaz novato nestas lides e natural de Noalla, provén do mundo do mar pois traballaba nunha batea de mexillón, faise cargo da concellalía que quizais menos polémica e menos proxección a nivel veciñal teña, pois o seu ámbito de actuación esta dirixido principalmente a mocidade e ós nenos en idade escolar. Nos seus primeiros meses estivo nun terceiro plano pois alí onde el debería estar polo seu cargo xa que eran eventos relacionados co deporte estaban outro concelleiros como Illa, Almudena, Angel,... pero agora que xa se vai deixando ver vamos a analizar o papel que xoga dentro do seu departamento:
Deportes: esta quizais sexa a area que máis encaixe no seu perfil xa que nos seus anos mozos foi xogador de fútbol nalgúns equipos locais; nesta área vense desenvolvéndose o programa de anos anteriores e as mesmas actividades para os cativos menos a escola municipal de hípica que inda non apareceron Xana e Golfo (andaran buceando na lagoa que teñen enfronte) e deixaron de impartir as clases, así que ¿cando nos vas sorprender con algo novo e orixinal? Por certo ¿como van as obras da cidade deportiva de Sanxenxo? Seica iso esta parado por falta de cartos e para iso que somos un concello RICO, creo que estaría moi ben que no lo aclarasen. Pero como ben din os chinos “Se queres que algo se faga, mándallo facer a unha persoa ocupada”
Xuventude: area na que se desenrola un programa con actividades para xente con unha franxa de idade comprendida entre os 14 ou 16 anos (dependendo da actividade) ata os 35 anos, programa que foi aprobado a principios de ano e que polo tanto inda Martín non puído aportar as suas ideas nin proxectos e teremos que esperar a ano novo para comprobar si se segue a mesma liña ou se aprecian os cambios de titular no departamento así como novos proxectos. Que razón tiña S. Pániker cando dixo “ A Xuventude dun ser non se mide polo anos que ten, senón pola curiosidade que almacena”
Xa todos sabemos que Martín andivo estes últimos meses máis perdido que unha agulla nun palleiro pois inda que case todo o tiña feito deixaba que Angel seguise tomando as decisións, que o persoal que ten o seu cargo lle cambiase os esquemas de como se ía facer a actividade e Martín aceptábao, inda que din que para ser xefe primeiro hai que ser empleado e cuestión de carácter pois a veces hai que facerse respetar e deixar claro quen manda porque hai quen confunde o laboral co persoal pois din que eres a peza máis débil deste puzzle e a presión vai poder contigo inda que hai quen opina que xa o esta facendo, así que dende aquí vamos a animar a Martín para que nos amose as suas ideas, empece a plasmar os seus plans sobre a mesa, os cambios a mellor sempre son bos e xa que estamos acabando o ano vai poñendo as pilas e empeza a deseñar o futuro do programa de Xuventude e o de Deportes que xa sabemos que é máis fácil negalas cousas que enterarnos delas