Hoxe vamos repasar as andainas de Angel Casal Moldes (565.712 pesetas/mes; 47.600 €/ano; dedicación exclusiva) antes concelleiro de Deportes e Xuventude na época de Telmo unha area que lle correspondía cos estudos feitos pero co cambio de cabeza de lista tivo un ascenso e pasou a ocuparse de Urbanismo inda que a maioría das veces non o pareza, ademais é o voceiro do grupo popular así como primer tenente de alcalde, función que xa tivo tempo de probar en máis de unha ocasión.
O urbanismo en Sanxenxo dirixise dende a Xerencia de Urbanismo a través do xerente quen é o que supervisa o desenvolvemente do plan urbanístico e revisa as licenzas e o papel de Angel queda relegado a firmar, como todos ben sabemos esta area é a máis polémica pois sobre o deseño do PXOM do concello recaen as sospeitas de especulación e dun urbanismo feito a medida duns poucos e case tódalas semanas vemos como un novo contencioso cae sobre un SU ou asoman os problemas dunha mala redacción e xestiona por parte dos responsables. Onte domingo saia na Voz de Galicia esta comparativa de Sanxenxo e Zarauz: "O Sanxenxo vasco conserva a sua identidade; Zarauz é o País Vasco o que Sanxenxo a Galicia. Pero con diferencias. No paseo que bordea a praia non hai edificios de mais de tres alturas. O concello crece ordenado cara ó interior e nas dúas faldras que caen cara a praia non hai máis que catro casas antigas moi anteriores a Lei de Costas de 1988 ” e o turismo segue a ser a fonte principal de ingresos para esta localidade sen ter un urbanismo desaforado e centrado nuns poucos metros de costas cun paseo sobreurbanizado. ¿Queremos masificación ou espazos amplos?¿O novo Sanxenxo que estamos a ver e o que realmente queremos?
A verdade é que Angel non ten moitas opcións a equivocarse porque case nunca abre a boca, vexamos hai un pleno sobre o enlace do polígono unha materia competencia de urbanismo e el non abre a boca en ningún momento e as poucas veces que o fai e lendo os apuntes que trae o problema presentase cando no turno de réplica xa non ten anotacións entón xa non di nada ou a alcaldesa toma a palabra, a Angel so o escoitamos nalgunha declaración de prensa ¿para que a de dar máis explicacións? Pero todo ten a súa explicación a mellor maneira de ocultar a ignorancia é mandar a outros por diante así mentres van e veñen a un dálle tempo a estudar a materia e outras veces chega con firmar o que che poñen diante e non facer preguntas. se ten un equipo preparadísimo con unha capacidade de lóxica asombrosa que teñen respostas como que se se derruba unha escaleira xa non se excede o volume de obra edificada e a Angel acabarémolo chamando o concelleiro de precintos pois e onde mellor o podemos ver en acción: vai o polígono a parar unha nave en construción e de alí a uns días séguese obrando na dita obra e dubido moito que sexa por perigo de derrube senón máis ben co feito da entrega dun pisos que estan dentro doutra nave que o dono ten presa por trasladar, vai logo a Noalla a precintar unhas obras, logo vémolo no tema do edificio Boavista de Portonovo, pero xa sabe que o que vale para un roto vale para un descosido e vémolo sustituindo os seus compañeiros nas suas tarefas dende lendo a Valle Inclán como entregando diplomas, ou acudindo a todo tipo de eventos. H. D. Thoreau dicía que “é tan difícil verse a un mesmo como mirar para atrás sen volverse”, pero a veces hai que reflexionar se o que se esta a facer esta ben ou vamos polo camiño equivocado porque sempre valera unha corrección a tempo que unha desfeita a larga.