Dende que saíu Catalina no Interviu agora parece que todos queren saír na prensa pois se non saen parece que nadie lles fai caso inda que algunhas veces para ler o que din era mellor que seguiran sen pronunciarse.
O longo desta semana véñense producindo diversas declaracións por parte de integrantes de colectivos ou representando a un grupo de veciños e gustaríame que as analizásemos pois a verdade e que miradas a fondo non teñen desperdicio.
Coa primeira que me topei foi coa do Sr. Eladio Dadin como presidente da AA VV de Vilalonga, dato erróneo, pois inda que exerceu como presidente na actualidade polo que me enterei e outra persoa, se partimos da base que xa se esta adxudicando cargos que non exerce lemos o seguinte:
“hacer un llamamiento a todos los grupos políticos que conforman la Corporación para que se unan, sin fisuras, y poder conseguir esta importante infraestructura, en vez de buscar el enfrentamiento y rédito político y tratar de justificar esta decisión totalmente sectaria, pues les habría que recordar que su cometido principal es defender los intereses de los vecinos a los que representan y no servir fielmente al partido político al que pertenecen". (Diario de Arousa). Eu lendo esto non dou crédito o que leen os meus ollos porque fala de servir fielmente o partido cando todos coñecemos que a asociación de Vilalonga e esta persoa en concreto e fiel o PP inda diría máis e unha prolongación radical do propio partido, nunca fixeron comunicados, nunca se pronunciaron pois a verdade e que sempre pasaban desapercibidos pero agora de repente reclaman que se defendan os intereses dos veciños, ¿e que antes os veciños non tiñan intereses? Porque eu recordo que o polígono fora prometido para Vilalonga e a asociación cando o levaron para Nantes mantivo a boca pechada. E logo fala dunha decisión sectaria unha cousa e non estar de acordo co que pasa e outra e pedir que se incumpra a lei pois o Pxom e a Lei correspondente di ben claro que o enlace o teñen que pagar os propietarios e tamén fala da nova carretera pero non explica como se vai a desenrolar porque pa ter dous extremos e unha parte do medio sen executar pouco pode servir ou ¿e que o PP non lle convén dicir que ten que expropiar porque iso resta votos e acercámonos a unhas eleccións? E cando os afectados polas rotondas pedían axuda ¿onde estaba a asociación de Vilalonga en vez de velar pola seguridade vial dos veciños? Pois parte dos afectados pertencen a esta parroquia e claro é os que verdadeiramente tiñan que ser afectados non o estaban porque pertencen o PP. “ El que dice una mentira no sabe qué tarea ha asumido, porque estará obligado a inventar veinte más para sostener la certeza de esta primera. (Alexander Pope)”
O día seguinte atópome cunha carta do estilo da anterior firmada por Luís Aguín, entón preguntei quen era é resultou ser o pai de Almudena, a concelleira de Turismo e por Elías Camiña que pertenece a xunta de compensación, representando a varios veciños de Nantes que estan cabreados polo que esta pasando co polígono, como se pode observar persoas imparciais que estan velando polo intereses dos seus veciños.
Para non falar da declaración feita por Manolito Pombo (integrante da lista do PP e membro da xunta de compensación do polígono) que fixo uns días antes deixando claro que co PP todo se fai a presa e sen firmar nada tan soio para colgar un cartel e recadar votos, e se facemos memoria este non é o único caso que hai no concello pois a praza de Vilalonga acondicionouse e segue sendo unha propiedade privada porque non se firmou o documento de cesión. Xa se sabe que O que di o que non é, tamén oe o que non quere.
Non me estrañaria que nos próximos días aparecesen máis escritos como este pois inda nos quedan por saír a AA VV de Noalla, a AA VV da Adina no que hai membros afectados pola 550, os Raposos de Aios no que a directiva e do PP e unha delas e a Ana Jabois a presi das novas xeracións do PP e traballa con Barbeito un dos membros da xunta de compensación do polígono, logo a AA VV de Gondar que polo que din son todos tamén do PP, logo temos a de Dorrón outro tanto do mesmo,..., a única que parece que é mixta e traballa polo pobo e a de Portonovo.
Esto so me da para pensar que utilidade teñen as asociacións de veciños no concello de Sanxenxo pois na miña opinión son a forma que ten o partido que esta gobernando para incitar os veciños, para utilizalos cando as cousas se lles torcen e non para saber que necesidades teñen os veciños de cada zona e arranxalos e o feito peito
Estes colectivos deberian mirar máis polos intereses reais dos veciños e non polo dun grupo de xente privada e a súa función e a de ser intermediarios entre o concello e os veciños ademáis de desenvolver actividades de interese Xeral
Xa o dixo Thomas Macaulay (1800-1859) Historiador y político británico. “Cuando la lucha entre facciones es intensa, el político de derechas se interesa, no por todo el pueblo, sino por el sector a que él pertenece. Los demás son, a su juicio, extranjeros, enemigos, incluso piratas.”