miércoles, 24 de octubre de 2007

FESTIÑANZO - POLIGONO INDUSTRIAL CONECTION. Parte I

Despois das últimas novas aparecidas na prensa e no blog de Salvemos Sanxenxo creo que vai sendo hora de que se aporten os datos necesarios para que se sepa que empresas e quenes están detrás dos desarrollos urbanísticos de Sanxenxo e que cada un quite conclusións das posibles conexions existentes entre uns e outros.
Hoxe vou poñer a primeira parte da conexión entre Festiñanzo e o Polígono Industrial.

FESTIÑANZO: a empresa urbanizadora é CYSUGAL SA :Administrador: Bruesa Inmobiliaria SA; Accionistas: 44% Grupo Bruesa SA, 24% Bruesa Inmobiliaria SA.

POLIGONO INDUSTRIAL: a empresa urbanizadora é GESAI, S.A. :Accionista: 100% Grupo de Empresas Bruesa SA. Participa en: UTE Brues-Gesai, Brues Construcción. Esta relacionada con Cysugal SA. Apoderado: Antonio Pinal Gil. GESAI tamén se adica a venda de parcelas no polígono.

Neste punto vemos que estas as dúas empresas urbanizadoras pertencen o mesmo grupo empresarial: GRUPO DE EMPRESAS BRUESA SA: Presidente: Antonio Pinal Gil; Vicepresidente: Emilio Alvarez Lopez. Accionistas: 22% Esimpro SA; 4% Grupo de empresas Bruesa Sa; Cysugal, S.A Participaciones: 100% Bruesa Inmob. SA; 100% Gesai SA; 99,99% Bruesa Construcciones. O 30/06/07 Bruesa Inmobiliaria e Grupo Bruesa absorben a Cysugal SA; Gesai SA, Prourcal SA; e outras. Brues y Fernández pasa a chamarse Bruesa Construcción SA adxudicataria da urbanizacion do polígono por 11,6 millons de euros. Plazo de execución 20 meses.

Chegados a este punto vamos a descubrir quen é Antonio Pinal Gil, nado no Carballiño empezou no mundo da construcción con 16 anos traballando como ferrallista ata que decide fundar a súa empresa e para elo decide chamala BRUES como o seu pobo. Imputado nun caso de pagos o PSOE de Ibiza para financiar a campaña a cambio de adxudicacións dunhas obras facendose eco da noticia o periodico "El Mundo".
E a todos nos ven a cabeza como Festiñanzo se aprobou por silencio administrativo por parte da Conselleria de Medio Ambiente e co voto a favor do Psoe Local xunto co do PP.

Un dato que me parece interesante o conselleiro de Medio Ambiente (PSOE) M. Vazquez foi alcalde do Carballiño

Agora que temos a relación feita a nivel empresarial vamos a analizar algúns dos membros que promoveron estes dous solos.

MANUEL BARBEITO FERNANDEZ: pertence a Xunta de Compensación do polígono e é Administrador de : Urbes Gestion del Suelo SL; Artella Diseño y Promoción Sl; Servicios Turisticos Zona Centro Sl; Arkep Diseño y Promoción Sl.
URBES GESTION DEL SUELO SL: Administradores: Manuel Barbeito Fdez é Maria Pastora Mendez Lores. Empresa creada el 02/08/04.

MANUEL OTERO POMBO: pertence a Xunta de compensación do poligono. É Administrador de: Fontesanjuan Promociones SL; Meaño Empresarial e de Gestisa Noroeste SA empresa creada o 23/11/05.
GESTISA NOROESTE SA: Administradores: Manuel Otero Pombo, Jose Fernandez Varela (Const. Fernandez Gondar), Mario Fernanez Varela (Const. Fernandez Gondar) e Jose Manuel Besada Otero (uns dos promotores de Festiñanzo)
Aqui volvemos a ver a vinculación entre Festiñanzo é o polígono.


JOSE MANUEL BESADA OTERO: promotor de Festiñanzo, apoderado de Ingesuelo del Noroeste SL; en Inbes Sanxenxo SL; secretario y apoderado de: Mourigada SL (posee parcelas no poligono); administrador de Fernandez Gondar CYP SL; de Besada Otero Patrimonial SL; de Poyecto Insular SL; de Inverges del Noroeste SL; de Complejo Campolongo SL e Gestisa Noroeste SA.

Vou xogar coas letras das empresa: con URBES podo formar BRUES e con GESTISA podo formar GESAI, a verdade é que me sorprende a orixinalidade dalgúns nomes de empresas. (Inda que documentalmente non se atopa relación ningunha o xogo de letras e moi casual)

De casualidades esta o mundo cheo pero en Sanxenxo cada día encontramonos con datos que nos fan pensar que estas casualidades non son tal, esta é unha primeira parte dunha serie de datos que me fan pensar que o PXOM esconde moito máis do que creemos.

NOTA: os datos das empresas están consultados no rexistro e calquer persoa pode acceder a eles pois son públicos.