Seguindo a serie de capítulos adicados o grupo de goberno hoxe vamos adicarlle o artigo esta a Manuel López Méndez (399.326 ptas/mes; 28.800 €/ano; dedicación parcial) Concelleiro de Servizos Xerais e Medioambiente, e popularmente coñecido como Illa o de Portonovo.
Un concelleiro que repite como tal pois foi uns dos concellais alevins do mandato de Telmo, e agora repite as ordes de Catalina. Primeiro vamos a descifrar o seu labor en Medioambiente pois é unha das areas máis abandonadas do concello pois o coidado do medioambiente e o futuro que imos deixar porque xa se sabe que “o inferno esta cheo de boas intencións e o ceo de boas obras”.
E por eso se merece unha atención especial e a dia de hoxe e incrible que nun concello que presume de turístico, de ser un concello rico, de ser un concello moderno non se pode comprender como hai verquidos nas praias e meses despois inda non se haxa reparado, ou que as aguas pluviais segan sen estar separadas das fecais, que a rede de alcantarelado non esta completo e as depuradoras sexan insuficientes ante o elevado numero de novas vivendas, que haxa vertedoiros incontrolados, que se destrúa masa forestal sen pensar no seu valor tanto paisaxístico como natural, que se canalicen rios porque estorban para obrar ou porque o líndante do regato fanlle falta uns metros máis de terra e total o regato vai case seco,..., pero todo ten un explicación as obras soterradas e o medioambiente non DA VOTOS e entón o presuposto pensan que é mellor adicarllo a outras areas, cando no resto do país emerxe un movemento a favor do desenrolo sostible e do ecoturismo pero en Sanxenxo parece que é mellor pechalos ollos e non aproveitar e coidar os recursos que posuimos como pode ser a revalorización e protección das areas rurais, o coidado da fachada da ría de Arousa un gran potencial para o ecoturismo, as apostas polas enerxías renovables nos edificios públicos,....
Pois como vemos que neste apartado ten moito que facer, vamos a analizar a de Servizos Xerais un apartado que parece que engloba moitas areas pero se ha destripamos non queda nada porque Infraestruturas e competencia de Tino, Urbanismo de Angel e nesta concellalia e onde se decide o que se fai, onde, como e para que. Polo tanto parece que o seu papel é o de inaugurar pequenas obras cando o resto de concellais non poden asistir e se algún veciño lle di que hai algunha necesidade ou hai que limpar algunha finca, zona ou camiño so ten que comunicalo o concellal adecuado.