Chegou o 18 de outubro, día no que o xulgado de Cambados puxo como límite as 11:00 horas para o desaloxo do Centro de Hípica do Revel que se encontra nunha finca que o concello comprou para ubicar equipamentos públicos en Vilalonga, desaloxo que xa se tivo que haber producido noutras ocasións pero que nunca se fixo efectivo pois a pesar de requirimentos notariais ou do xulgado sempre se produciron aprazamentos.
Hoxe comprobaremos se se executa a sentenza. Cando cheguen as autoridades competentes para comunicar que hoxe rematou o prazo e que van a proceder a executar dito requirimento non toparan resistencia por parte do anterior dono xa que este se encontra hospitalizado e inda que intentou que o xuíz retrasase esta orde denegáronlle un novo aprazamento da sentenza os únicos que estarán alí para recibir os que se acheguen seran os cabalos. Si, os cabalos, que nadie se preguntou que ia pasar con eles ¿que vai ser deles?¿vannos deixar alí mentres o dono non volva? Ou ¿vannos levar para obxectos perdidos xa que o dono hoxe non vai estar para facerse cargo? Os pobres animais tamén son seres vivos e estos últimos días nada se sabe que vai a ser deles ou vannos deixar campar polos terreos sen máis. E que xa se sabe que boa demanda ou ruín demanda, ten o escribán da túa banda. E como ben dicía Mahatma Gandhi “Un país, unha civilización pódese xulgar pola forma na que trata a seus animais.”
Unha vez que o concello teña a posesión da finca procedera a urbanizala como a parcela que se situa por encima onde estan xa esta escavando para facer esta dúas parcelas estan destinadas a gardería e o centro de saúde pero era mellor que fixesen unha piscina nesa finca pois dende que comezaron as escavacións alí non dan achicado a auga. Si, auga, e ten unha explicación moi lóxica que é que esa zona era un humidal, o outro día falando cunha persoa do lugar “contaba que no inverno non se acedía a esa zona debido a cantidade de auga que había alí e que pasa un manancial de auga por iso cando comezaron as escavacións a auga aflorou a superficie”. Este caso podería ser similar o humidal de Portonovo no que se situa o PEI-10 so que nun a obra é privada e os veciños movilizanse e no outro caso a obra é pública pero en Vilalonga os veciños calan. E eu pregúntome e cando volvan os invernos duros, aqueles invernos nos que chovia 3 meses seguidos e a auga que alí naza non teña por adonde discorrer ¿produciranse inundacións? Pois este é un dato significativo xa que a auga busca sitio e o final tódalas augas volven o seu cauce e senón que llo pregunten os que sufriron inundacións ou estan a padecelas por culpa de non respetar os cauces naturais dos regatos e mantelos limpos. Como me estou a recordar da nosa Rosalía de Castro escribía: “ Adeus rios, adeus fontes; adeus regatos pequenos; adeus vista dos meus ollos, ...”