martes 2 de agosto de 2011

Carta aberta dun mariñeiro

Esta carta aberta foime enviada por un veciño para a súa publicación:


Indignado.

Son un mariñeiro de Sanxenxo. Levo no mar máis de corenta anos, teño agora 57. Xa casi

podo xubilarme, de feito teño colegas da miña promoción que xa o están, son os que xa se aburriron

de tanta “memocracia”. Pois ben, seguiría traballando coas mesmas ganas que sempre tiven, xa que

me gusta e gustoume sempre o meu traballo, a solidariedade, amizade e liberdade que hai no mar

non se atopa en ningures, pero xa nos están atando con tanta censura política.

Daquela ata fai uns anos para acá, obligannos a facer máis cursillos ca un astronauta. E

iso non é o peor, o máis simpático é que algúns dos cursillos caducan aos 5 anos. Nós xa tivemos

a desgracia de que nos nosos anos novos non cabiamos todos nas univesidades, era só para algúns

(poucos) privilegiados. Pero non me queixo diso, a queixa é que me obliguen aos meus 57 anos

a facelos, que xa case estou en idade de xubilación, pregúntome cal é o propósito do político

cantinflero que permite isto, que nos jubilemos en masa? . Non nos pediron cursillos para facer ano

e medio de mili, antes servíamos para todo e agora non somos nada sen cursillos abusivos.

Por suposto os tempos cambian, fai falla xente cualificada, e claro está que para eles

a antigüidade no traballo non da experiencia suficiente. Así está o mar, con tanto cursillo inútil

sen fundamento. Din que os mariñeiros temos que saber nadar, pois por suposto que sabemos,

mais do 90% (aos pilotos de aviación obliganos a saber voar?). Pero digo eu, cadúcanlle a algún

académico os seus títulos ao longo dos anos? Ou pídenlle aos políticos facer cursillos para estar

ben cualificados?. Ben, pois aquí un firmante, tamén quere políticos preparados, educados e

honrados e por suposto, como non podía ser doutra maneira, cos mesmos privilegios que calquera

outro traballador, sexa no mar ou en terra, porque o que realmente se precisa son cursillos de

civismo e moralidade, da educación no mar, e que fomenten os valores das leis de sempre, non

escritas, que nos inculcaron os nosos pais, e non cursillos caducos de chorradas.

15 comentarios:

  1. pois en lineas xerais, no fondo ten razon este mariñeiro, pero como todo, está cheo de demagoxia barata. O igual que el quere que non lle obliguen a facer cursillos e que non lle caduquen os que ten feitos, eu quero que cumplan as normas do mar, que non collan peixe pequeno, e que non pesquen especies ovadas nin en veda, pero sin embargo TODOS o fan.
    Tamen quero que vendan oficialmente os seus productos e así contribuian o desenrolo deste pequeno pais que se chama galiza, e quen non vendan directamente na praza as suas mulleres, no Rotilio, no Goleta ou en calquer outro establecemento sen pasar polos cauces legais, ou mesmo porta por porta, porque resulta que eles na maioria non declaran nin un can, polo que ainda lles sae a devolver a declaración da renta "ó non ter ingresos", e nos mentras, descontanos dos ingresos o IRPF co que se financia o Gasoleo e a seguridade social da que se benefician os mariñeiros, por non dicir as axudas a fondo perdido para construir barcos e moito menos esas paradas bioloxicas porque non teñen pesca( casualmente porque eles mesmo a exterminaron non respetando vedas nin tamaños, e logo vemolos pasar nos seus coches de alta gama e con casas que calqueira de nos cun soldo non somos capaces nin de soñar.
    Tamen me gustaria que non tiveran os privilexios que teñen respetos o resto dos ciudadanos deste pais, xa que soio eles poden pescar nun parque natural con aparellos industriais e nos non podemos votar unha simple liña con un anzol para coller duas fanecas, e así un largo etc...
    Xa digo que nalgunha cousa ten razón este amigo, pero o comentario está cheo de demagoxia. Un saudiño

    ResponderSuprimir
  2. Pois eu estou dacordo cos dous...(Xa a liamos)

    ResponderSuprimir
  3. Eu tamén estou dacordo cos dous pero ata certo punto, porque pode que haxa algún mariñeiro tal como ti o describes pero é un caso moi esaxerado, eu coñezo a uns cantos mariñeiros de aqui de Sanxenxo e moi poucos andan con coches de alta gama ou viven en casas impresionantes, xa non falo de respetar os tamaños e os outrs temas pero iso mesmo é o q está defendendo él, a lei do mar de sempre, o respeto entre uns e outros e o cumprimento das normas.

    ResponderSuprimir
  4. os nosos privilexios son un 3% de impuestos para lonxa e un 2% para obras de puerto mais o 8% de iva trimestral mais a declaración da renta anual como todo o mundo. Os pescadores deportivos poden pescar as 24 h do dia (facendo o que lle sale das pelotas) e nós so podemos traballar 5 dias a semana (que nos chega de carallo que tampouco somos funcionarios privilexiados), temos que ter as redes recollidas a unha hora fija e senon multa, privilegios?? claro que temos certos privilegios no mar igual que calquera outro traballador ten privilegios no seu campo de traballo.Paso horas traballando e non cunha liña nin en parques naturales para pescar 8 caixas de fanecas e que me paguen na lonxa 1 euro por cada kilo. En todos os traballos hai ovellas negras, por suposto, non todos cumpren as normas ao 100%, tampouco o fan os politicos que nos estan mangoneando cos nosos cartos.

    ResponderSuprimir
  5. Parte de razon tes,pero outra non,xa que ti mesmo sabes que hay mariñeiros moi malos para eles,collen as crias,o que non da a talla,o que esta en veda.ETC.Eu fun mariñeiro,e recoñezo que aveces non cumplia coas normas.SOMOS UNS EGOISTAS,,,

    ResponderSuprimir
  6. non pagades o 8% de IVA. Que no pagan son os compradores, e pagabonlo a vos. Vos sodes un simple intermediario ante facenda. recolledes ese 8% que ti dis, (é o 7%) e trimestralmente llo ingresades a facenda, pero non sae do voso bolsillo.
    O problema é que o 8% de 0 € = 0€ que é o que pasa cando non se declara nada.

    ResponderSuprimir
  7. Non vamos a falar da cantidade de nasas e aparellos que quedan tirados no mar o fin de semana,de que "o mar e noso" , das subenciòns dos bateeiros que esa e outra,que teñen para todo,a cousa poderia ser asì: 1ªinfracción, nada de cartos, barco amarrado un mes.2ºinfraccion, barco encima do muelle dous meses.3ªinfraccion, barco para desguace e baixa de documentación e permex,a asì farianse as cousas de outra maneira,por que pagando multas sólo se crea mais do mesmo

    ResponderSuprimir
  8. Que vos parece do Puma que cargou contra os veciños de vilalonga e agora contra a xente da festa das migas. Cales serán os próximos. Que mal rodeado andas que ninguén te aconsella e estar a fundirte.
    Por algo a xente di que om par de persoas que tiñas de valía fóronse pois cheiraban o desembarco de impresentable no pseudopartido.

    lamentable, todos malo menos el.

    ResponderSuprimir
  9. 16:35...calor...chupito...outro chupito...xeo,mais xeo:casi entra millor un cubata. Xa estamos nela!!

    ResponderSuprimir
  10. FORONSE DOUS DE VALIA,VALER O QUE E VALER NON VALIAN NIN PARA TOMAR POLO.....E TI MENOS QUE NINGUN,XA SABES POLO QUE CHO DIGO.SOSEGATE E VIVE A VIDA,ATENDE O TEU E NON LLE TOQUES O GRELO OS DEMAIS.FASTE CANSINO.

    ResponderSuprimir
  11. Vaya por dios, sinceramente ¿No teneís algo mejor que hacer?

    ¿O sois periodistas buscando tomate?

    ResponderSuprimir
  12. eso,eso aqui hay tomate

    ResponderSuprimir
  13. politicos con tritulos,claro que si....
    CATALINA......APAREJADORA
    SALVADOR......ESPECIALISTA EN TRECERILLA
    TINO SANMARTIN.. INGENIERO EN CAMIÑOS

    ETC.....
    queredes que siga...
    ah....con tanto titulo soldos de catro e cinco mil euros o mes polo menos.

    ResponderSuprimir
  14. Gustame a teima do Puma en cada post. Parece como si fose un tatexo o que o saca. Outro quéntase e escrebe a berros con maiusculas para cabrearse con tatexo... Supoño que eso de puma e po lo concelleiro D.José Luis. ¡¡¡ Foder, José Luis !!!! ¿que lles das? .
    Fdo. José o das ovellas de Don... (por si o lees).

    ResponderSuprimir
  15. cecais o que lles da e eso mesmo .NADA

    ResponderSuprimir