lunes, 31 de mayo de 2010

Moito buscar para o final quedar co que xa habia.

Estes días Louzán deixaba caer que Catalina é a mellor candidata para Sanxenxo. Eu tamén opino o mesmo pasa que temos diferentes criterios para emitir dita opinión.

A miña basease en que Catalina ten que responder pola súa xestión e debe estar na corporación municipal para cando empecen a sair as sentenzas pendentes, e cando digo na corporación municipal nada mellor que na oposición.

Para Louzán é a mellor candidata porque non atopou outra persoa para o sitio, despois de fallarlle o mirlo branco e a senadora non querer dar o paso o frente pois nada mellor que quedar co que xa coñece, non lle vaia pasar o mesmo que en Vilagarcia, e así de paso tamén se evita facer o congreso local de Sanxenxo e sumar máis militante cabreados.

A estas alturas xa todos coñecemos as desavenencias que hai no grupo popular polo que podemos aventurar que poucos van repetir na próxima lista pero que vai pasar coa senadora que se atopa na parte crítica?

Pois seguramente ira na lista, porque lla meteran a Catalina a calzador, entre elas non se soportan pero por un puñado de votos faise o que sea, polo que sera moi divertido ver como Paz traballa para acadar que Catalina sexa alcaldesa.

Na entrevista que fixo hai pouco Paz declaraba que a ela gustaballe a política municipal e que pensaba nos veciños, ultimamente quedou demostrado a desavenencia coa alcaldesa sendo a gota que colmou o vaso o contrato da basura por iso entón si vai na próxima lista vai que tipo de interés a leva a ir? porque eu sinón estou dacordo coa xestión dunha persoa non a acompaño nunha lista pero claro non ia imporse ao que digan os superiores porque igual perde máis do que pode gañar sendo concelleira de Sanxenxo.

E como mostra xa quedou claro na visita deste finde de semana de Farjas a Vilalonga onde Paz non estaba xa que en ningún lado a mencionan a pesares de ser a concelleira de Vilalonga e inda por riba senadora, inda que tampouco foron invitados ningún colectivo da parroquia.

Por outra banda tamén asistimos o esperpento do anuncio da baixada de soldos: "la regidora municipal aplicará a partir de la próxima nómina una rebaja del 15% en sus honorarios, casi el doble de lo fijado por la FEMP (un 8%) para los salarios de los cargos públicos que se encuentran en el mismo tramo que el suyo.

Por su parte, a Almudena Aguín, Martín Otero y Ángel Casal, los tres concejales liberados, les bajará el sueldo un 10%, tres puntos más de lo indicado por la FEMP; mientras que a los ediles con dedicación parcial, Salvador Durán, Tino Sanmartín, Mario Caldas y Manuel López, que suponen un menor gasto para las arcas municipales, les reducirá sus nóminas en un 8%" (web do concello)

Primeiro esperamos a que nos confirmen como candidata e logo porque lles gusta facer todo a lo grande baixase o doble do recomendado.

Con isto queda demostrado que estaban cobrando un soldo por riba das súas posibilidades porque sinón aplicarían a redución que lles aconsella a FEMP. "“A pesares desta reducción dende o Goberno sanxenxino esperamos poder seguir asumindo dos nosos soldos os gastos de representación”, comentó Catalina González" na mente de todos esta cando dixo que do soldo que se autoimpuxo máis do 65% ian en gastos de representación e agora preocupase por si van poder asumir eses gastos, mire señora alcaldesa, nestes anos seguro que se montaron un bo fondo de armario co cal reciclen como facemos todos, por outra banda deixese de tanto viaxe a Madrid, reduzcan os viaxes a Santiago poñendo no mesmo día varias xuntanzas e non ir 3 días seguidos na semana,.... e con medidas así seguro que lles sobra bastante do que cobran.

Porque xa me dirán como van facer cando volvan a realidade laboral? pero claro como aquí nos gusta facer todo a lo grande: poñemos o mellor soldo e logo o baixamos e agora vamos a ser os máis patrioticos baixandonos o dobre.

Estou moi dacordo coa baixada inda que me sigue parecendo demasiado o que cobran xa que non se corresponde cos méritos realizados.

Tempo ao tempo e xa veremos como lles senta todo esto aos militantes do PP, hai moitos cabreados pero tomarán parte neste tema? ou seguiran aceptando o que lles impoñan dende a dirección provincial?


Leas narcoticas en Sanxenxo

Hoxe achegaronme o meu correo un enlace dunha noticia co seguinte titular:

"Un jefe territorial de la Xunta vendió empresas a testaferros de 'narcos'.
Juncal traspasó negocios a hombres de confianza de Miñanco y Dorado - "Las sociedades van de mano en mano y caen donde uno no quiere", alega" (El País)

No que nomean a Sanxenxo:

"Evaristo Juncal Carreira, jefe territorial de la Consellería de Medio Ambiente en Pontevedra y presidente local del PP de Caldas de Reis, ha tenido desde mediados de los noventa una agitada, aunque silenciosa, vida empresarial. Este ingeniero técnico de obras públicas, funcionario de la Xunta desde 1983, ha sido socio al menos de una decena de compañías para explotar gasolineras, minicentrales, piscifactorías, viñedos y negocios inmobiliarios. [...]

El negocio entre el dirigente del PP y O Rubio de Aios se firmó en septiembre de 2002. Aguín Magdalena le compró a Evaristo Juncal la sociedad Enxeñería dos Recursos Enerxéticos a través de su promotora Alxopar Promociones. O Rubio de Aios ya había pasado entonces por la cárcel, condenado durante el sumario de la Operación Nécora por comerciar con bienes obtenidos gracias al tráfico de drogas.

Aguín Magdalena es hoy en día el administrador único de la empresa fundada por el presidente local del PP en Caldas de Reis y compatibiliza la gestión de la gasolinera de la parroquia pontevedresa de Lérez con la administración de Estación de Servicio Xesteira, en Cambados, y diversos negocios inmobiliarios. Los grupos municipales de PSOE y BNG en Sanxenxo llegaron a acusar en 2007 a la alcaldesa del PP, Catalina González, de favorecer la tramitación de una de las urbanizaciones promovidas por Aguín Magdalena, ubicada en la zona de Montalvo y que no contaba con estudio de impacto ambiental, por las buenas relaciones de este con su partido."

Para ler todo o artigo preme aqui................

E maña comentarei o anuncio da posible candidatura de Catalina polo PP.

martes, 25 de mayo de 2010

O parque que nunca dan arranxado

Non sei si sera por falta de capacidade, por falta de imaxinación, por vagancia, por abandono ou por falta de interese que este parque nunca o dan arranxado.

¿Pero tan complicado é?

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG


Agora son os nenos os que se queixan do estado lamentable no que se atopa na TVG.

lunes, 24 de mayo de 2010

A can fraco todo lle son pulgas

Dende hoxe os concellos non poden pedir créditos a largo prazo ata o 2012 e os créditos a curto prazo deben ser liquidados antes do 31 de decembro.

Esta medida esta contemplada dentro do plan anticrise de ZP e sae hoxe publicada no BOE e tamén recomenda reducir os gastos de persoal.

No xornal 20 minutos lemos o seguinte sobre esta medida:

* reducción del déficit público, entre ellas la prohibición de endeudarse a largo plazo desde el martes, fecha de la entrada en vigor de la norma, hasta el 31 de diciembre de 2011.
* ni las entidades locales ni sus entidades dependientes clasificadas en el sector Administraciones Públicas podrán acudir al crédito público a largo plazo, en cualquiera de sus modalidades, para financiar sus inversiones.
* tampoco podrán sustituir total o parcialmente operaciones preexistentes, a excepción de aquellas que en valores actuales netos resulten beneficiosas para la entidad local en cuestión en el sentido de que ayudarían a reducir la carga financiara, el plazo de amortización o ambas cosas.
* también contempla que las operaciones a corto plazo concertadas para cubrir situaciones transitorias de financiación deberán quedar canceladas a 31 de diciembre de cada año.
*La norma establece además los destinos preferentes que deberán tener los ahorros de las entidades locales derivados de la reducción de gastos de personal en 2010 y 2011.

Parece que as cousas se lle poñen crudas a Catalina, hai que recordar que a deuda do concello se situa nos 13 millóns de euros e según o orzamento do 2010 pensaban pedir un crédito para sacar adiante as obras do Revel entre outras cousas.

Moitos xa temos claros que a capacidade inversora do concello neste momento é nula pero tendo en conta que non se pode hipotecar máis o concello ¿que van facer agora o grupo de goberno?

Pero a parte boa de todo isto que nas vísperas das eleccións e da campaña eleitoral non veremos as típicas inauguración de obras que se esperan a facer con vistas a campaña electoral.

Por outra banda, hai moitos concellos que empezan a prescindir de algunhas concellerias e a pregunta é ¿que medidas se van a tomar en Sanxenxo?

sábado, 22 de mayo de 2010

A falta de recursos: copiamos ata o nome


Hoxe os veciños de Sanxenxo despertamonos con outra "Revista" de información local que casualmente se chama como este espazo, COUSAS DE SANXENXO.

Polo que primeiro vou dicir: QUE EU NON TEÑO NADA QUE VER CON ESTA REVISTA, sobretodo tendo en conta a información que contes.

A partires de aqui vamos a comenzar contando que esta publicación esta editada por Iniciativas Audiovisuales SL de Santiago de Compostela, son 24 páxinas a todo color, con calidade similar a revista municipal.

O contido desta revista é o seguinte:
contraportada publicidade de Turismo de Sanxenxo, logo duas follas para falar do concurso de tapas, para alabar o turismo, os premios de calidade entregados as empresas, as bandeiras azuis e o moito que invirten en formación para cualificar o persoal.
Para logo falarnos de Sanxenxo como referente da vela oceánica e para iso nada mellor que unha foto da alcaldesa posando cos regatistas e Pedro Campos. Na páxina seguinte lemos como Caixa Galicia impulsa a súa sede Naútica.
Pasamos a Mediambiente e para iso nada mellor que dicirnos que o Punto Limpo nos espera e nos contan o seu funcionamento e na páxina seguinte cóntannos o Día Mundial dos Humidais ilustrado con dúas fotos dos nenos que participaron neste programa feito por medioambiente no cole.
Pasamos ao apartado de cultura: fotos das actividades das bibliotecas, dos rapaces da banda de música da alcaldesa coa banda. E nos relatan as actividades das bibliotecas e da banda de música. Para na páxina seguinte ver unha foto da casa de cultura de Bordóns explicando as obras.
Pasamos a comunicación e nada mellor que falar de Telesalnés cunha foto de Feijoo no programa Verán-Verán.
Entramos en sociedade, 4 páxinas nas que as dúas primeiras fotos do centro de día e falan do programa San Valentín que se fixo no centro e explican como 170 familias reciben axuda no fogar. A seguinte é toda para a gardería con 3 fotos dos neniños e o moito que se queren e abaixo falan do concurso de cartas de amor.
E na última de sociedade falan do carnaval con dúas fotos de nenos disfrazados e o que fixeron nos talleres.
Entramos xa nos breves e nos contan o sistema implatado por protección civil para saber onde pillar auga, logo tamén que Casal Dog se ocupa de recoller os cans e o novo arquivo fotoráfico. E como non con foto incluida da alcaldesa, na que aparece Almudena, en Vilas Mariñeiras.
Logo temos unha axenda coas festas patronais, un listado de teléfonos, para acabar con dúas follas de publicidade.

Ben, visto que a revista municipal non chega para contar as cheas de cousas que fan agora nace esta nova revista, revista que di que non se permite reproducir o seu contido e faime graza xa que moito do contido e copiado das notas de prensa do concello, so hai que abrir a web do concello e a revista e coinciden no que din ¿Casualidade?

Por outra banda destacar que do grupo de goberno, exceptuando unha de Almudena, so sae Catalina.

Xa que din que esta revista é de información local non sei si obvian que en Sanxenxo se fan máis cousas, que hai colectivos que reclaman o que hai anos lles prometeron, .... porque sinon parece a web do concello impresa en papel. Porque si é de información local digo eu que contaran o que pasa en Sanxenxo e creo que esta semana si van ter algunha noticia interesante para contar e a cal os veciños si que lles interesará coñecer.


Pero a pregunta é ¿quen financia esta revista? ¿quen costea esta revista? e sobretodo ¿de onde parte esta revista? ¿e con que intencións?

Inda que me fai graza ver como na revista sae todo aquilo que eu non publico no blog, pero pouco a pouco as pezas do puzzle empezan a encaixar e algúns sobrecustes empezan a cobrar sentido.

Pronto darei máis datos............


sábado, 15 de mayo de 2010

Baixada de soldos?

Estes días estase a falar do recorte salarial que propuxo Zapatero para os funcionarios e para o seu executivo.

A raíz desta medida o PP anuncia que "Rajoy ha dejado claro que el recorte es necesario en las administraciones públicas, aunque no el aprobado por el Gobierno, y a pesar de ello los altos cargos del PP en las administraciones autonómicas se bajarán el sueldo en la misma cuantía que los ministros, mientras que en los ayuntamientos buscarán el acuerdo con los demás partidos para sacar adelante esta reducción."

En Sanxenxo o PP goberna con maioria absoluta co cal non fara falla buscar acordo. Cidades como Vigo xa anunciaron o recorte. E tamén cabe recordar que na actualidade en Sanxenxo hai aproximadamente 198 funcionarios, o resto dos traballadores son interinos, contratados ou pertencen a OO AA Terra de Sanxenxo, a Nauta ou a Xerencia de Urbanismo.

Co cal a pregunta é en Sanxenxo baixaranse os soldos?

Abrese o debate, na miña opinión si os obrigan non lles quedara máis remedio que facelo como xa tiveron que facelo cando se autoimpuxeron eses megasoldos e Feijoo chamounos ao orde.
Pero tamén sei que se escudaran para eludir esa rebaixa xustificando que levan 2 anos cos soldos conxelados.

jueves, 13 de mayo de 2010

Telesalnés: debate sobre Sanxenxo

Hoxe o programa de debate Contrastes de Telesalnés tratará sobre Sanxenxo, falarán:

* Angel Casal, portavoz do PP e concelleiro de urbanismo.
* David Otero, portavoz do BNG
* Dulcinea Aguín, portavoz do PSOE
* Jose L Rodriguez, portavoz do VIPS

A alcaldesa de Sanxenxo rehusou a invitación e por iso acude Angel.

A alcaldesa prefirirá estar en Zaragoza nunha feira de turismo na que despois do " workshop" ofrecerase un coctél aos asistentes baixo o lema "O backstage do camiño" presentando a Galicia como destiño turístico. A alcaldesa non vai deixar ir soa a Almudena.
Pero tamén hai informacións que din que hoxe as 18:00 horas a alcaldesa vai estar na apertura do congreso dos Administradores de Fincas acompañando a Rueda.

Este programa comenzará a partir das 10:30, despois das novas.

miércoles, 12 de mayo de 2010

martes, 11 de mayo de 2010

¿Quen vai mecer a mecedora?


O arranxo do Pazo de Quintáns convertese nunha boa nova sempre e cando o arranxo se converta nunha realidade e non quede noutra promesa como tantas outras veces.

Por iso, tendo en conta que hoxa a tarde o despliegue en Noalla era amplo e non so pola visita de Louzán e Catalina senón pola convocatoria a varios empresarios a asistir a esa visita.

Da visita temos a seguinte foto na que podemos ver inda a mecedora proba de que neste últimos anos sacando uns amaños nos muros exteriores todo permaneceu no olvido. E que dicir da maleza que invade o interior do pazo, a pesares de que hoxe o exterior do Pazo lucia a maleza cortada. E que dicir dos xardíns onde se poido camiñar, as herbas estaban cortadas e os setos medianamente coidados. Vamos que por ali pasaron os traballadores de parques e xardíns recentemente. Pena que non recollesen un pouco o interior, a cociña esta nun estado deplorable.

Neste blog, xa en novembro do 2007 se colgaba un artigo reclamando a rehabilitación deste inmoble e nunhas das fotos xa se podia apreciar a famosa mecedora que asistiu impasible vendo como o deterioro do entorno avanzaba a medida que os días pasaban.


Pero o que ía ser convertido nun parador para aloxar as personalidades que ian visitar o concello de Sanxenxo, según a idea de uso prevista por Telmo Martín, atopamonos agora co uso que ten previsto Louzán e que a alcaldesa lanzou os 4 ventos como si fose a panacea: "a Escola de Hostelería do Centro de Vacacións de A Lanzada, en mans da Mancomunidade do Salnés. Desta última o presidente provincial puntualizou que «antes ou despois vai precisar una rehabilitación, polo que non se descarta que o Pazo de Quintáns poida ser a súa sede provisional»".

O final vai pasar o mesmo ca Telleira permanece pechada para os veciños pero é usada como sede do Grupo de Desenvolvemento Rural do Salnés e usada para facer as súas asambleas.

Tempo o tempo, e ata que os meus ollos non vexan como se esta a restaurar este pazo seguirei tan incrédula como sempre.

PD: en breve seguro que nos sorprenden coa rehabilitación da casa do Priorato, xa que é a que falta, a semana pasada foi a casa de Don Fernando, esta o Pazo e para a seguinte tocalle anunciar e visita a Arra.

Promoción: entrevista e marco para enmarcar


Esta é a entrevista que lle fan hoxe a Paz no Faro de Vigo e no que solta algunhas perlas dignas de comentar:


Primeiro cabe destacar a nota que lle pon a alcaldesa, xa que di que ela non é quen de por nota pero que a alcaldesa "o esta facendo da mellor maneira que sabe". Xa sería o colmo que o supera facer mellor e non o fixese ou que o estea a facer mal a propósito.

Logo solta unha perla como a de "Son unha persoa que non teño ningún tipo de carga porque non teño fillos" Pero vamos a ver, ter fillos non impide progresar en calquer ámbito da vida, ou acaso as mulleres que estan na corporación municipal por ter fillos non están capacitadas? Moitas nais sacaron a diante os fillos e por iso non renunciaron a ter unha vida laboral de éxito ou mesmo renunciar a maternidade por ser senadora.
Logo di que "ninguén lle planteou nada" sobre o tema de ser candidata. Home claro, non ias dícir agora abertamente que se lle esta preparando a cama a alcaldesa, pero que pronto olvidamos as comidas en Madrid ou en Meaño.

E sobre a laboura no Senado non te preocupes que como todo queda gardado no diario de sesións e se pode acceder a el, xa comprobaremos que preguntas fixeste sobre Sanxenxo.

Plan E: 2 adxudicacións

Hai uns días anunciaban que máis de 50 empresas optaban a construir cada casa de cultura de Dorrón e da Adina.
Pero dentro das obras do Plan E algunhas xa foron licitadas, e hoxe vou mencionar 2 que son as seguintes:

* Actuacións na rede de alumeado público municipal encamiñadas ao aforro de enerxía eléctrica: Optan 4 empresas e adxudicase polo importe de 185.245,87€ sin IVE

1. Instalaciones eléctricas de Sanxenxo, S.L.U. de Sanxenxo. Puntuación 71,387.
2. Setga, S.L.U. de Pontevedra. Puntuación 47,713
3. Canalizaciones y Construciones Salnés SL de Cambados. Puntuación 73,383. ADXUDICADO
4. Mantemento e reparacións de Sanxenxo, SL de Sanxenxo. Puntuación 0,00

* Construcción da rede de abastecemento de aua en Vilar, Recarei, Cova de Pazos e Montalvo: Optan 8 empresas e adxudicase polo importe de 88.396,71 € sen IVE

1. Sercoysa proyectos y obras SA de Pontevedra. Puntuación 94,39 ADXUDICADO
2. A Sampana obras e servicios SLU de Pontevedra. Puntuación 28,56
3. Andeona solucións SL de Sanxenxo. Puntuación 69,46
4. Aleco obras y servicios SL de Cambados. Puntuación. EXCLUIDA
5. Marco Obras y proyectos de Arosa SL. Puntuación 31,85
6. Obras y contratas Pinalia SL de Sanxenxo. Puntuación 34,18
7. Construcciones José Boullosa SL de Marín. Puntuación 32,60
8. Canalizaciones y construcciones Salnés Sl de Cambados. Puntuación 43,79

lunes, 10 de mayo de 2010

Desveladas as 3 obras pendentes de derribo.

Hoxe no xornal Galicia Hoxe a alcadesa da unha entrevista na que revela as 3 obras que estan pendentes de derribo:


1.O edificio Venus, de tres plan­tas, baixo e ático, situado fronte á praia de Caneli­ñas, en Portonovo, "non lle vai quedar máis remedio que ir á demolición". A sentenza establece que desta construción deben ser derruídos 40 centímetros de beirado que ten de máis en todo o seu contorno. "Pero, realmen­te, para demoler eses 40 centímetros hai que tocar a estrutura, piares incluiídos", remarca a alcaldesa para explicar que non hai saída alternativa.

2. Outro dos casos que "non ten arranxo de nin­gunha maneira" é o dunha vivenda unifamiliar na zona de Seixal, na parte alta de Sanxenxo, ca­mino de Adina. Aínda que a situación é curiosa "por­que realmente é unha obra legalizable", a sentenza fixa que "non debe lega­lizarse neste momento". "Hai orde de execución de sentenza de demolición", engade Catalina González, que revela, no entanto, que despois os propieta­rios poden volver pedir licenza para o que agora teñen construído e pódeselle dar porque, insiste, a obra "é legalizable". A alcaldesa di que o xul­gado entendeu neste mo­mento e ante as denuncias dun lindeiro que a or­denan é de derruba e a sen­tenza é "clara e diáfana".

3. O terceiro dos casos da capital do turismo costeiro de Galicia é máis complexo e afecta a unha ur­banización na zona do miradoiro. Trátase de 16 cha­lés, tamén con orixe nos anos noventa, que reci­bieron licenza conforme ás antigas normas subsi­diarias. Despois aprobouse o Plan xeral de ordenación municipal, que "nunca se acomodou á obra e á licen­za que estaban concedi­das". A pesar dos intentos dos propietarios por eludir a picaraña, a edil sostén que a urbanización "ten bastantes posibilidades de que a sentenza sexa firme e non quede máis remedio que executala
".

"Nestes tres casos é o xulgado o que nos ten que poñer data, porque esta­mos falando de vivendas, edificios ou urbanizacións que teñen propietarios e están habitadas". "Hai un­ha sentenza, efectivamen­te, pero hai que pasar por todo o proceso, polo que as de­molicións non son inme­diatas en ningún dos tres casos",

domingo, 9 de mayo de 2010

Monte Faro. Cap VII: o contencioso dos ecoloxistas.

Hoxe os titulares de prensa fan relación o recurso contencioso que puxeron os Ecoloxistas do Salnés ao SU 14, entre os titulares atopamos os seguintes:

El País: Denuncia en Sanxenxo contra unha promotora relacionada co PP

A Voz de Galicia: un grupo ecoloxista intenta frear a urbanización de Monte Faro.

Faro de Vigo: Demandan a urbanización de Monte Faro, con 1.302 vivendas.

Tres titulares moi distintos para a mesma noticia.

"El Colectivo Ecoloxista do Salnés (CES) presentó el pasado 21 de abril una demanda en el Juzgado Contencioso Administrativo número 3 de Pontevedra solicitando la nulidad del acuerdo del pleno del Concello de Sanxenxo en el que se aprobó el plan parcial del suelo urbanizable número 14, en Monte Faro."


Vale a pena ficar de ollo nestes blogs.


Recibido este agasallo, que por absolutamente inagardado e de forma inesperada que os amigos de Desvelando as mentiras de Feijoo tiveron a ben concederlle a este blog, e que agradezco infinitamente haberse acordado de Cousas de Sanxenxo. Trátase dunha mención na lista de blogs máis interesantes, que implica o cumprimento de dúas normas:

1. Os blogs elixidos teñen que incrustar a imaxe do selo e un enlace ó blog que outorgou o premio. (Xa cumprido)
2. Seleccionar e enlazar dez blogs máis que segundo o voso criterio valen a pena. ( Velaí van, sentindo non poder ser máis)

Afortunadamente, hai moitos blogs e moi bos tanto pola temática que tratan ou polos contidos que neles atópamos. Pero tendo en conta que a temática deste blog é Sanxenxo e algunha vez que outra con algunha intervención máis alo do concello de Sanxenxo, aqui vos deixo a miña selección, na que a maioría son blogs que compartimos temática.

  1. Desvelamos as mentiras de Feijoo
  2. Apuntes en sucio.
  3. Meis bitácora
  4. Atalaya de Sanxenxo
  5. Arelas de Aquelar.
  6. Onde queda Vilalonga.
  7. Recordando lo escrito
  8. Sanxenxo2011
  9. Blog de Sanxenxo
  10. Libertad popular.

A orde escollida é totalmente aleatoria, sin preferencia ningunha pola miña parte. E como non facer unha mención especial a dous dos blogs pioneiros en Sanxenxo: Salvemos Sanxenxo e O Rincón da Veiga.

viernes, 7 de mayo de 2010

Mesa de contratación: machista e sin os críticos.

Hoxe na prensa podese ler que 58 empresas optan a facer as casas de cultura de Dorrón e da Adina que van a ser financiadas polo plan E.

A constitución das mesas de contratación para adxudicar estas obras foron constituidas o 26 de abril.

E revisando os membros que a compoñen estan os seguintes:

A alcaldesa ou en quen delegue como presidenta.
Celestino Otero, funcionario, como secretario.
Vocais: Mario Caldas, Salvador Durán, Tino Sanmartin, Manuel López, o secretario do concello e o interventor.

Tratandose de obras é moi significativo que Angel como concelleiro de Urbanismo e portavoz do PP non estea nesta mesa.
Tampouco esta Paz sendo a concelleira de Cultura, e as obras que se van a facer van a albergar eventos culturais.
As ausencias de Martín e Almudena, xa eran esperables, nin se ven nin se lles espera.

Esto evidencia a clara división dentro do grupo de goberno xa que ata hai pouco Angel si formaba parte destas mesas como se pode ver nos seguintes enlaces: mesa asistencía xudírica e mesa parque móbil.

Por outra banda hai que destacar tamén a constitución machista da mesa, xa que a alcaldesa segue sin incluir a mulleres neste tipo de traballos, e logo cabrease cando os membros da oposición lle recordan que ela xa aprobou dous plans de igualdade e sigue sin cumplirse. E so hai que ver como se alporiza cando Sandra Fernández llo recorda nos plenos.

Pero tamén me fai gracia ver como unha asociación chamada Mulleres pola Igualdade permanece impasible a este tipo de feitos, entón que igualdade reclaman? a de non ir de paquetes nas motos?.



jueves, 6 de mayo de 2010

Fotos denuncia: Portonovo


Un veciño de Portonovo mandoume esta foto que corresponde a portada da nova revista municipal e reza o seguinte titular:

Portonovo ponse en forma

A renovación de 33 rúas e a creación dunha nova praza devólvenlle todo o seu esplendor á vila > 4 e 5
(REVISTA municipal DE SANXENXO 03 MAIO 2010)

Pois ben, este veciño, preguntase despois de ler como a alcaldesa fai mención que a humanización das rúas custou preto dos 4 millóns de euros si non sobrarían 100 euros para poder arranxar a rampla que esta sinalada cunha frecha vermella? ou mesmo sinón sobrarían un par de lousas ou 4 recortes para adecentar un pouco esta rampa?. E sinón que non sacaran ese desperfecto en plena portada xa que moito arranxar iso non custaba nada.

Co sinxelo que é disimular ese desperfecto, si na portada da revista anterior usaron o Photoshop pois nesta tampouco lles custaba nada ou sinxelamente non sacar esa esquina.

miércoles, 5 de mayo de 2010

A reclamación polo chalets de Dorrón

Que a promotora que tivo que paralizar os chalets de Dorrón xunto o cementerio ia reclamar custes era unha noticia que corria de boca en boca. O ruxe ruxe era tal que o baile de cifras era algo significativo.

Hoxe coñecemos que a cifra se acerca o millón de euros si non se amplia, e o xustifican da seguinte maneira:

* Importe do construido: 386.064,80 €
* Custe demolición dos 4 chaléts: 86.692,60
* Custe da redacción do proxecto e valor da obra: 19.200€
* Valor do terreo que obtivo as licenzas: 375.307,26€
* Tasas e impostos municipais: 12.716,02€
*Custe de escrituras: 13.514,67€
*Custes dos préstamos das hipótecas: 10.516,20€
* Custe da acometida eléctrica: 2.517,95€.
* Custe da instalación da grúa: 5.823,23€
* Indemnización por diversos impostas pagados: 17.279,53€
* Indemnización por custes do Rexistro da Propiedade: 480,44€

O total ascende a: 930.112,70 euros e sempre e cando non se incrementen.

A reclamación destes cartos baseanse no seguinte: "La promotora da por hecho que la administración local tiene la obligación de hacer frente a la responsabilidad patrimonial, al haber concedido la licencia partiendo de que la obra en el cementerio era una ampliación y no una obra nueva, matiz que más tarde cobraría importancia al incumplir la urbanización ya construída de cuatro chalés el decreto de Policía Sanitaria Mortuoria que obliga a mantener una distancia del nuevo cementerio de 20 metros de anchura medida desde el cierre exterior del mismo." (Diario de Arousa)

Xa veremos en que queda todo este litixio.

Pero si quero recalcar algo moi chamativo e que me esta plantexando certas dúbidas.

O importe para demoler os 4 chaléts esta orzamentado en 86.692,60€, unha cifra razoable tendo en conta que son 4 construccións que estan moi avanzadas.
E como todos sabemos o derribo do Boavisto esta orzamentado en 140.000€.

A diferencia é sustancial, podemos ter en conta as carácteristicas de cada caso, as complecidades que ten cada demolición. Pero inda así a diferencia de aproximadamente 53.000 € é máis que significativa.


martes, 4 de mayo de 2010

Riscos na demolición do Boavista

Esta foto do derribo do Boavista foi publicada na Voz de Galicia.

Son os comenzos do derribo do edificio e nela vese como os operarios estan a desmontar o tellado do edificio retirando tellas e as uralitas.

Esta foto sería unha foto máis a non ser polas denuncias que se van a facer.

Hai unhas horas enviaronme un correo remitido pola "Asociación Española de Empresarios de Demolición", AEDED,dita asociación entre as súas labouras, son membros do comité do Amianto, na Comisión Nacional de Seguridade e Hixiene no Trabajo.

Por todos é coñecido que está prohibido a elaboración de productos que conteñan amianto dende o 2002 en España, este material ata a súa prohibición era moi usado e xeralmente se atopa nas uralitas. O amianto supón un risco para a saúde amianto xa que é un residuo perigoso, canceríxeno, e que pola inhalación das fibras pode causar a morte. (Máis información en: http://www.amianto.net/riesgos/)

O R.D 396/2006 establece as pautas a seguir nos traballos de mantemento de instalación con amianto e na retirada de materiais con contido deste elemento, detallando os requerimentos necesarios como a elaboración dun Plan de Traballo, as necesidades formativas e de saúde dos traballadores e as evaluacións de risco necesarias. Ademáis, sinala os pasos que deberá cumplir calquer empresa que queira realizar traballos con risco de amianto e os requerimentos necesarios para laboratorios de amianto.

Pois esta asociación informa que os traballos de derribo se están facendo de forma "irregular " e o concello de Sanxenxo é o promotor desta obra.
E por iso faran constancia destas irregularidades presentando escritos para dar a coñecer estes feitos ante a Policia Municipal, a Inspección de Traballo, SEPRONA, o ISSGA, aos medios de comunicación e os grupos da oposición no concello.

Agora so teremos que agardar que unha vez presentados os escritos correspondentes se coñezan as respostas aos escritos e aclarar si hai irregularidades ou non. E sobretodo as declaracións que van facer ao respeto a alcaldesa ou no seu defecto Angel como concelleiro de Urbanismo.






lunes, 3 de mayo de 2010

Unha festa a baixa.

Os datos da festa de raia indica que cada ano vai a menos. Hai poucos anos empezouse a facer probas coa festa: un ano eliminan a degustación na carpa, outro cambiamos a data, outro ocurreselle non sei o que;

Hoxe no diario de Arousa lemos o seguinte: "Este año el viernes apenas se trabajó. La carpa estuvo ocupada casi exclusivamente por la fiesta de los jubilados. El sábado bien vendimos unas 2.300 raciones, y el domingo ya fue muy relajado" o di o encargado de preparar a raia na carpa. Con todo, trabajamos al 60 por ciento, porque la gente fue viniendo a cuentagotas y no se produjeron agobios”, relata Valentín, que recuerda que el puente de Mayo del año pasado resultara mucho más fructífero. “En 2009 el viernes trabajamos mucho. Fuera día festivo. Sin embargo, los otros dos días hiciera sol y la gente se fuera a la playa”. La facturación fue mayor, ya que en la edición de 2009 los organizadores despacharon los 1.200 kilos de raya reservados para el evento."

Os datos que avalan esta baixa son os kilos de raia destes últimos anos:

2010: 1000 kilos
2009: 1200 kilos
2008: 1500 kilos este ano a raia regresa a carpa. E cambiase a data para a ponte de maio. Orzamento 60.000 euros.
2007: Orzamento 85.000 euros
2006: A raia degustase nos bares e restaurantes, desaparece da carpa. Na carpa ofrecense 1.100 racións de degustación. Orzamento 65.000 euros.
2005: 5.077 kilos Orzamento: 102.236 euros
2004: 5000 kilos.
2003: 5.000 kilos.
2002: 2500 kilos
2001: 5000 kilos.

Os datos están sacados das diversas notas de prensa que o concello mandou e para os incrédulos acompañanse os enlaces para que poidan leelos directamente das fontes onde foron sacados.

AMPLIACION AS 21:50 h

Como era de esperar as declaración de Paz Lago sobre a festa da raia distan moito das que deu Valentín, encargado do catering.

Na web do concello pode lerse o seguinte: "Casi 10.000 personas y alrededor de 2.000 raciones servidas es el balance de la XVI edición de la Festa da Raia que ayer culminó en Portonovo tras tres días de celebración. “Un ano máis a carpa instalada no porto congregou a numerosas persoas que se achegaron para degustar os diferentes pratos elaborados coa raia e para participar nas actividades que puxemos en marcha entorno a este festexo”, destacó la concejala de Cultura, Paz Lago."

E Valentín di o seguinte: "Este año el viernes apenas se trabajó. La carpa estuvo ocupada casi exclusivamente por la fiesta de los jubilados. El sábado bien vendimos unas 2.300 raciones, y el domingo ya fue muy relajado"

Aquí non se poñen nin dacordo os implicados da festa.

Operación limpeza



Con este titular comenzaba o outro día o relato na Voz de Galicia sobre a Operación limpeza da Praia Area da Agra polos rapaces do CEIP Magaláns.

Esta praia é unha das menos coñecidas turisticamente pero é a máis usada polos veciños de Dorrón, unha pequena praia con moitas rocas pero para os seus usuarios moi "chusquiña".

Esta praia atopase moi abandonada, cando se esta a falar de preparar as praias cara o verán e se fala de recuperar a bandeira azul para o porto deportivo tamén se debería pasar de vez en cando a limpar esta praia.

Non hai moito días contabanme que a suciedade da praia era de escándalo, ata se podía atopar animais mortos. E na Voz podemos ler o seguinte:

"Así, los dieciocho alumnos de entre tres y cinco años del ciclo de Infantil se pusieron el lunes ya desde primeras horas manos a la obra y retiraron del citado arenal grandes cantidades de residuos. La coordinadora del proyecto Voz Natura en este centro, Hortensia Pérez, subrayó que la playa muy sucia. «Hemos quitado restos de aparejos de pesca, mucho poliespán, objetos de plástico, restos de ruedas e incluso zapatillas» [...]Y tras un pequeño descanso para coger fuerzas, continuaron toda la mañana «entusiasmados» por su tarea. Y es que a lo largo de la jornada llegaron a retirarse del arenal al menos diez grandes sacos con residuos.,"

Supoño que desta noticia tomaron nota tanto o novo concelleiro de mediambiente como o de servizos, falan de que retiraron 10 sacos grandes de basura que sendo unha praia pequena é demasiada porqueria retirada.

Pero por iso nada mellor que por un par de fotos amosando a beleza desta praia cando se atopaba en boas condicións:













Por iso dende aquí felicitar aos cativos que coa súa labor contribuiron a que esta praia permanezca en condicións aceptables e que neste días de sol poidamos disfrutar deste praia .


domingo, 2 de mayo de 2010

Para ti mama




O día da nai son os 365 días do ano, cos seus días bos e os malos.

Si temos temos que resumir un ano enteiro de aventuras e desventuras, de palmadas nas costas e de reganiñas, de presencias e ausencias, de risas e lágrimas so podo dicir: GRAZAS