sábado, 22 de mayo de 2010

A falta de recursos: copiamos ata o nome


Hoxe os veciños de Sanxenxo despertamonos con outra "Revista" de información local que casualmente se chama como este espazo, COUSAS DE SANXENXO.

Polo que primeiro vou dicir: QUE EU NON TEÑO NADA QUE VER CON ESTA REVISTA, sobretodo tendo en conta a información que contes.

A partires de aqui vamos a comenzar contando que esta publicación esta editada por Iniciativas Audiovisuales SL de Santiago de Compostela, son 24 páxinas a todo color, con calidade similar a revista municipal.

O contido desta revista é o seguinte:
contraportada publicidade de Turismo de Sanxenxo, logo duas follas para falar do concurso de tapas, para alabar o turismo, os premios de calidade entregados as empresas, as bandeiras azuis e o moito que invirten en formación para cualificar o persoal.
Para logo falarnos de Sanxenxo como referente da vela oceánica e para iso nada mellor que unha foto da alcaldesa posando cos regatistas e Pedro Campos. Na páxina seguinte lemos como Caixa Galicia impulsa a súa sede Naútica.
Pasamos a Mediambiente e para iso nada mellor que dicirnos que o Punto Limpo nos espera e nos contan o seu funcionamento e na páxina seguinte cóntannos o Día Mundial dos Humidais ilustrado con dúas fotos dos nenos que participaron neste programa feito por medioambiente no cole.
Pasamos ao apartado de cultura: fotos das actividades das bibliotecas, dos rapaces da banda de música da alcaldesa coa banda. E nos relatan as actividades das bibliotecas e da banda de música. Para na páxina seguinte ver unha foto da casa de cultura de Bordóns explicando as obras.
Pasamos a comunicación e nada mellor que falar de Telesalnés cunha foto de Feijoo no programa Verán-Verán.
Entramos en sociedade, 4 páxinas nas que as dúas primeiras fotos do centro de día e falan do programa San Valentín que se fixo no centro e explican como 170 familias reciben axuda no fogar. A seguinte é toda para a gardería con 3 fotos dos neniños e o moito que se queren e abaixo falan do concurso de cartas de amor.
E na última de sociedade falan do carnaval con dúas fotos de nenos disfrazados e o que fixeron nos talleres.
Entramos xa nos breves e nos contan o sistema implatado por protección civil para saber onde pillar auga, logo tamén que Casal Dog se ocupa de recoller os cans e o novo arquivo fotoráfico. E como non con foto incluida da alcaldesa, na que aparece Almudena, en Vilas Mariñeiras.
Logo temos unha axenda coas festas patronais, un listado de teléfonos, para acabar con dúas follas de publicidade.

Ben, visto que a revista municipal non chega para contar as cheas de cousas que fan agora nace esta nova revista, revista que di que non se permite reproducir o seu contido e faime graza xa que moito do contido e copiado das notas de prensa do concello, so hai que abrir a web do concello e a revista e coinciden no que din ¿Casualidade?

Por outra banda destacar que do grupo de goberno, exceptuando unha de Almudena, so sae Catalina.

Xa que din que esta revista é de información local non sei si obvian que en Sanxenxo se fan máis cousas, que hai colectivos que reclaman o que hai anos lles prometeron, .... porque sinon parece a web do concello impresa en papel. Porque si é de información local digo eu que contaran o que pasa en Sanxenxo e creo que esta semana si van ter algunha noticia interesante para contar e a cal os veciños si que lles interesará coñecer.


Pero a pregunta é ¿quen financia esta revista? ¿quen costea esta revista? e sobretodo ¿de onde parte esta revista? ¿e con que intencións?

Inda que me fai graza ver como na revista sae todo aquilo que eu non publico no blog, pero pouco a pouco as pezas do puzzle empezan a encaixar e algúns sobrecustes empezan a cobrar sentido.

Pronto darei máis datos............