martes, 4 de mayo de 2010

Riscos na demolición do Boavista

Esta foto do derribo do Boavista foi publicada na Voz de Galicia.

Son os comenzos do derribo do edificio e nela vese como os operarios estan a desmontar o tellado do edificio retirando tellas e as uralitas.

Esta foto sería unha foto máis a non ser polas denuncias que se van a facer.

Hai unhas horas enviaronme un correo remitido pola "Asociación Española de Empresarios de Demolición", AEDED,dita asociación entre as súas labouras, son membros do comité do Amianto, na Comisión Nacional de Seguridade e Hixiene no Trabajo.

Por todos é coñecido que está prohibido a elaboración de productos que conteñan amianto dende o 2002 en España, este material ata a súa prohibición era moi usado e xeralmente se atopa nas uralitas. O amianto supón un risco para a saúde amianto xa que é un residuo perigoso, canceríxeno, e que pola inhalación das fibras pode causar a morte. (Máis información en: http://www.amianto.net/riesgos/)

O R.D 396/2006 establece as pautas a seguir nos traballos de mantemento de instalación con amianto e na retirada de materiais con contido deste elemento, detallando os requerimentos necesarios como a elaboración dun Plan de Traballo, as necesidades formativas e de saúde dos traballadores e as evaluacións de risco necesarias. Ademáis, sinala os pasos que deberá cumplir calquer empresa que queira realizar traballos con risco de amianto e os requerimentos necesarios para laboratorios de amianto.

Pois esta asociación informa que os traballos de derribo se están facendo de forma "irregular " e o concello de Sanxenxo é o promotor desta obra.
E por iso faran constancia destas irregularidades presentando escritos para dar a coñecer estes feitos ante a Policia Municipal, a Inspección de Traballo, SEPRONA, o ISSGA, aos medios de comunicación e os grupos da oposición no concello.

Agora so teremos que agardar que unha vez presentados os escritos correspondentes se coñezan as respostas aos escritos e aclarar si hai irregularidades ou non. E sobretodo as declaracións que van facer ao respeto a alcaldesa ou no seu defecto Angel como concelleiro de Urbanismo.