lunes 19 de abril de 2010

Política para o pobo sen o pobo

Aquí vos deixo o artigo do Aturuxo con relación a decisión da alcaldesa de facer o pleno sobre o POL as 10 da maña:


"Hai uns dias a oposición de Sanxenxo uniuse para solicitar un pleno extraordinario que tratase sobre o POL (Plan de Ordenación do Litoral), o cal a alcaldesa de Sanxenxo non lle quedou mais remedio que convocalo, xa que a lei lle obriga o ser solicitado por mais da cuarta parte da corporación e por iso o convoca para o martes as 10 da maña.

O pleno debería servir para que os veciños puidésemos coñecer como vai a afectar o POL a Sanxenxo e as medidas que están tomando tanto o grupo de goberno como a postura que teñen os partidos da oposición.

Pero non, a alcaldesa convócao a esa hora asegurándose que moitos veciños non poidamos asistir a ese pleno, que non poidamos escoitar de primeira man o que teñen que dicir e sobre todo coñecer as medidas que se están tomando para corrixir un plan que ironicamente o chaman do litoral xa que se adentra no interior do concello e sen embargo permite que se poida construír grandes urbanizacións a pe de praia e no interior prohiben obrar naquelas zonas onde pasa un fío de auga, si, fíos de auga igualiños que os “haleillos de plastilina” do Prestixe ou en zonas onde antes si cho permitía o PXOM e agora hai protección medio ambiental.

De que nos vamos a estrañar a estas alturas, posto que a reunión mantida coa Xunta foi con promotores e construtores e esqueceuse dos representantes veciñais, xa que nin sequera en contacto con eles se puxo. Para non variar primeiro aseguramos o dos grandes e logo si queda un anaquiño no que poder meter algunha suxestión meterase e loado sexa o veciño que lle toque ser agraciado sempre.

Hai un dito que reflexa moi ben como a alcaldesa esta a tratar este tema: “ non hai peor desprezo que non facer aprecio” xa que moito anunciar que os planos están colgados no salón de plenos do concello para que os veciños se pasen alí de 9 a 14 horas e sen embargo omite facer un pleno a unha hora na que a maioría dos veciños de Sanxenxo si poderían acudir, e dicir, a partir das 8 da noite. Para que lle vai dar a oportunidade aos veciños de asistir ao pleno?

Acaso ten medo de enfrontarse a unha sala de plenos chea de xente? Ou pensa que en Sanxenxo os veciños viven de rentas, que poden deixar os seus postos de traballo sen ningún problema para acudir o pleno, e si son despedidos non se preocupen que en Sanxenxo as ofertas de emprego supera a demanda?. Señora alcaldesa non todos gozan dos privilexios cos que dotou o seu equipo de goberno, nin dos que vostede goza coa liberdade por os horarios o seu antollo sen ter en conta sequera as demais persoas da corporación municipal, xa que a maioría dos membros da oposición traballan.

Si realmente quixese que os veciños coñecesen a realidade do que significa o POL para Sanxenxo ese pleno seria convocado a unha hora axeitada, pero claro “ o que ten cu, ten medo” e o mellor non ve capacitado o concelleiro de urbanismo a defender este tema e a vostede a colle co libro cambiado. "

28 comentarios:

  1. Esta é a faceta dialogante, transparente, amable e austera que pregona o PP.

    ResponderSuprimir
  2. A culpa de ter que celebrar ese pleno tamen e de manolito, jajajaja

    ResponderSuprimir
  3. A alcaldesa busca culpables debaixo das pedras con tal de sair ela airosa, xa me gustaria poder vela defendendo o desastre de plan qe o PP da Xunta fixo con un salón de plenos cheos de veciños.

    Mima, si estivese o bipartito na Xunta xa teria cheo o concello de pancartas en contra do Pol pero como gobernan os mesmos hai que aguantar co que lle botan inda que sexa basura.

    ResponderSuprimir
  4. Xa está colocada, que rápido vai isto...

    http://www.lavozdegalicia.es/pontevedra/2010/04/18/0003_8425651.htm

    No diario de arousa, poñena a pingar e na voz o mesmo día buscanlle traballo, isto non hay dios que ó entenda.

    Se avecina a dimisión da Catalina, ¿pero quén fará de alcalde?

    Ostia se Villaverde ía cerrando a lista do PP no ano 2007, mí madriña do carmen, do foro popular salta a Alcaldía de Sanxenxo.

    ResponderSuprimir
  5. Qué ratas tan grandes tiña a alcaldesa: Angel, Paz....pero non se opuxeron ao que cobran.
    Todo para a bulsa.
    Ide aforrando porque si pensades que os ides a librar da queima ides de cu.
    Non vos queimara Louzán pero para o pobo de Sanxenxo estades acabados.
    A das sonrisas quedalle un pouquiño mais. Un aniño mais de guay.
    Angel ti vai poñendote en forma por si tes que empezar a fregar escaleiras. Bueno para fregar escaleiras hai que ter mais luces.
    E os do BNG e do PSOE a ver si espabilades.

    ResponderSuprimir
  6. Hoxe Catalina non é peor que onte. A situación do Concello, tampouco é peor que onte.
    Tampouco vai mudar a situación do Concello por cambiar a Catalina para que outro faga o mesmo.
    Polo tanto, o problema non é Catalina, o problema é o PP.

    ResponderSuprimir
  7. Non entendo porque Manolito non apoya a Catalina e agora e amigo de Casal enton porque non se levan cal e o motivo

    ResponderSuprimir
  8. Dios los da e eles se xunta

    ResponderSuprimir
  9. http://sanxenxo2011.blogspot.com/2010/03/llevamos-meses-escuchando-foro-popular.html

    Esta foto vaise repetir pero o revés, tempo ó tempo.

    ResponderSuprimir
  10. O candidato da sombra tamén ten bastante que rañar.... todos nacen polo mesmo patron.

    ResponderSuprimir
  11. A politica e un xogo de intereses, confianzas, alianzas. Hai xente que pasa pola politica, cunple un ciclo e marcha para casa. Hai xente que non e capaz de marchar nunca, que deixa de ter cargos ou papeles que desenpeñar, pero non e capaz de irse coa cabeza alta, precisa estar na sombra facendo artimañas para dar ou quitar, para encher todo de merda cando non lle vai o vento como quere. Pero ademais deso, hai outra categoria mais, a de aqueles que lles da igual quen sea a parexa de baile, si e diestra ou zurda, coxa ou bailarin experimentado. O unico que interesa e ter parexa de baile sempre, a que mellor siga o paso sea cal sea o ritmo que sona. E tamen da igual si para ter esa parexa de baile ai que desprestixar as que bailaron antes ou incluso as que poden chegar a bailar en outro momento. a habilidad desta xente e a de agarrarse a parexa mais guapa en cada momento, a que mmelor lle vai, a que resalta con ese paso concreto. E deses hai mais de un en Sanxenxo, alguns que estan estes dias na palestra mais que de costumbre. e ai que entendelos, a sua moral non existe, so existe o seu bolsillo, non ai etica. caeran, tranquilos, polo seu peso. o problema son aquelas persoas que son os compañeiros de baile e que lle dan as ferramentas para que consigan o seu fin: ganar o concurso de baile ainda que sea con trampas. esas parexas de baile xogan coas mesmas tranpas, pero no saben, creen que son os reyes e reinas da festa, os mais guapos, por ser escoliidos por estes fenomenos, pero non se dan conta de que non e asi. son os mais guapos agora, porque e o que interesa os malechores, son os que mmelor bailan e os elexidos porque ten que ser asi para que no fibn sexa o esperado. Pero no baile de mañan poden ser escoliidos para bailar ou non, dependendo de si os profesionais contan con eles ou non, ou si outra parexa e mais ventaxosa para deixar o tango e pegarlle o pasodoble, que e o que toca bailar hoxe. porque o premio do pasodoble e mais xugoso que o do tango. mañan cotizara mellor o vals, e enton sera cando todos os anteriores non valgan nada e sean elexidos novos parteneres, mais osados no novo baile ou mais parbos para non se dar conta de que se baila con tranpas e hai que ter moito arte para disimulalo. pero volvemos o principio: caen polo seu peso, antes ou despois... e e unha pena ver todos os que, bailaron algun dia, brillaron e foron os mais guapos do salon por un momento, pero quedaron polo camiño, e ademais apestados polo resto do auditorio e do salon do baile. pena me dan, pero si responderan a tempo... o mellor non era tan grave. quen o sabe.

    ResponderSuprimir
  12. Se avecina temporal en todas la parroquias de Sanxenxo, ya están buscando parejas para el baile y las serie se llama Los Elegidos para ser Protegidos.

    ResponderSuprimir
  13. Ella Baila SolaApr 21, 2010 11:48 AM

    Cuanta razón que bien bailaron algunas, sobre todo cuando eran la única pareja de baile, bien se cuidaron de zancadillear a todos y todas que le mejoraban en estilo y elegancia, ahora que se le acaba la pieza, los músico recogen, aún se quieren agarrar a los altavoces de la fiesta, no creo que nadie sea imprescindible, y que razón tienes ¡que poca categoría para irse!, no se sabe si por rabia, o por los 4000, que poca vergüenza, jamás sabras hacer lo que los demás han hecho por tí, que bien se disimula con faltas de ortografía aposta, si todas esas enes antes de P, que poca categoría para alguien tan prepotente y que manda tanto, aún que no sepa lo que.

    Bueno vamos a seguir con el baile que lo formarán nuevas parejas, tanto da, a peor nunca iremos.....

    ResponderSuprimir
  14. Eu non vexo parellas de baile, eu si vexo rebaños de ouvellas.

    ResponderSuprimir
  15. corrupto busca perella

    ResponderSuprimir
  16. El portavoz nacionalista pidió en varias ocasiones al del PP, Angel Casal, que se posicionase sobre el POL, pero no logró que abandonase el guión, que mostrase la planimetría que llevaba preparada y que diera lectura al informe del gerente de Urbanismo.


    jaajaja o visto esta que Angel so sabe ler o que lle poñen na chuleta. E este é o concelleiro de Urbanismo???? anda e que non me faga rir.

    ResponderSuprimir
  17. Para todos aquellos que aún no entiendan lo que pasa en el PP:

    BIENVENIDOS A LA POLÍTICA, UNOS VEINEN, OTROS SE VAN, PERO LA VIDA SIGUE SIENDO IGUAL.....ESTO PASA CUANDO HAY SUELDOS SUGERENTES(y otros menesteres) Y TONTOS QUE VOTEN COMO BORREGOS A UNAS SIGLAS Y NO VOTEN POR QUIEN SE PRESENTE.

    PP: CANDIDATO UN MONO/A
    RESULTADO: MAYORÍA ABSOLUTA

    CULPABLES: TODOS/AS LOS QUE SE DEJAN INFLUIR POR SUS SIGLAS.

    ResponderSuprimir
  18. POR CIERTO:

    A ESTAS ALTURAS ESTE BLOG ESTA YA CONTROLADO POR TELMO AND COMPANY Y POR HACKERS.

    ResponderSuprimir
  19. JAJAJAJAJ. Dubido moitísimo que a Iris a controle Telmo ou os seus secuaces.

    ResponderSuprimir
  20. Non dubides nada.(Xa estaba e está manexada tamén por outros) Por interés todo se chega a facer... Eu non entendo nin de bailes nin de política. Pero como persoa e cidadán si entendo e sobre todo sinto o que está ben e está mal, e independente dos intereses que aquí cada un ten, o que está claro e que hai mais de un que se está a dedicar a facer dano. Claro que moitos xa teñen obxetivos cumplidos (chamese comprar bos coches, ter un bo soldo...), outros truncáronselle no camiño (e claro a culpa e dos doutros, que non lle deixan cumplir os seus obxetivos persoais e incluso promesas que xa se viu que non pode cumplir),e outros ainda siguen soñando con ser o que foron (ex-alcaldes) e daquela hai que facer algo para fastidiar o outro, porque parece ser que o ben non forma parte da súa conducta humana. De todo o que está ocurrindo esto e o mais triste... e os que pensan que agora están aliados e están ben unidos, dentro de un tempo non moi lexano, xa estarán a votarse os trastos a cabeza... porque hai cousas que son imposible. e todo isto solo co cheiro que da, xa se percibe que as mazás que o forman están podres.

    ResponderSuprimir
  21. Manolito
    Desde que pasastes a cuarentena estás un pouco raro.
    Dices que dimita a alcaldesa, pero antes teremos que votalo non crees o e que o teu voto vale por todos nos.
    Cando nos reunamos non che vai quedar nada que decir por certo

    ResponderSuprimir
  22. BUFFFF, canta insensatez, falan algúns de "saberse ir" pero mais importante e "saber estar" si e "saber e reconocer a sua propia incapacidade pa bailar ou gobernar"
    Cati, nunca será capaz de reconocer que ela e alcaldesa gracias os Villaverde, Leiro e Cia, e logo a Manolito que parou as embestidas de Telmo, agora inteentades facelo parecer culpabel por non seguir parando as embestidas, pero hai que recoñecerlle a súa ratificación, ser capaz de recoñecer a incapacidade de esa Mega-alcaldesa, ignorante, prepotente e con tanta maldade, solo hai que mirar a sua traxectoria, persoal e laboral.
    Manolito din que lle pides a sua dimisión, non o vin pero deberías facelo, non se pode aguantar esta situación insostible no concello nin no PP, non te arrugues, ti podes.

    Tiveste o que hai que ter pa falar do POL publicamente, ata Martín agora di o mesmo.

    ResponderSuprimir
  23. Oes, roñento do VIPS. Ten vergoña e vai limpar a merda dos carteis que nos pegaches nas farolas de Vilalonga.

    Que exemplo das para ser ex alcalde e concelleiro da corporación.

    ResponderSuprimir
  24. O anónimo das 14:54... ja ja ja

    ResponderSuprimir
  25. Acabo de leer el comentario más sensato de los últimos años en el blog de Atalaya, el que quiera que pase y lo mira.

    ResponderSuprimir
  26. Pois si, o comentario e digno de leer, os que teñan un pouco de memoria sabran de sobraq de que e quen se fala en cada momento.

    ResponderSuprimir
  27. Hola, quiero dedicar unas palabras a quien leyere este blog, Parece que la división del PP no es tal, sinó que los que cobran a final de mes sus magasueldos quieren empezar a merecerlo, y no se le ocurre otra manera que proteger a Catalina, pero tanto cambian las personas despué de estar en política, pues en el PP local casi todos los que merecen la pena saben que esta mujer no va a ninguna parte, solo le quedan gente como o Chopo, logito, Tacón, Toupeira, el jubilado da crabuxeira, y pocos mas, algunos que le deben favores como colocar a sus hijos de Polis, o en Limpieza en verano, nada mas, ahora está convocando a la vieja guardia, si, Luco, el Conde de Fenosa, Gerardo de Villalonga, etc. desesperada debe estar, pero, esta gente sabrá de sobra lo que tienen que hacer.

    ResponderSuprimir
  28. Importante lectura:
    http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Louzan/ofrece/socio/Telmo/Martin/lista/Sanxenxo/elpepuespgal/20100425elpgal_4/Tes

    Louzán quere para Sanxenxo outro empresario cacique que se pasa a lei polos juevos. Suma e segue...e os veciños de Sanxenxo que queremos? Outro personaxe foráneo espabilado, con unha sentenza de derribo das súas ilegalidades? queremos iso?. E aínda haberá xente que o defenda!! o que pesan unhas siglas.

    ResponderSuprimir