Onte mandaronme o correo a entrevista que lle fixeron a Paz os da Comision de Festas de Gondar.
Habitualmente neste tipo de libros soe sair a alcaldesa desexando unhas boas festas e dando o discurso de turno, ocupando unha folla como pasa neste libro, pero neste caso o chamativo e esta entrevista a Paz onde fala da sua preferencia da politica municipal a estatal.
Nesta entrevista di que quere seguir estando vinculada ao concello, pero non aclara de que xeito xa que si aspira a ser alcaldesa teria que deixar o seu posto como senadora, xa que Feijoo non permite os dobres cargos, co cal ou ben Catalina sacase de enriba unha rival ou Paz lle esta dicindo que ela vai ir nas listas gustelle ou non.
Di na entrevista que lle gustaria rematar proxectos nos que esta a traballar pero non se pode debido a crise, menciona os colexios peor supoño que se refirira a rematar o Revel, a Telleira, e incluso as obras que prometeu para a parroquia que edita o libro das festas como unha casa de cultura, ou ¿os da comision de festas como se botaron un piso detras da capela o ano pasado xa se conforman? e a modo de agradecemento lle fan esta entrevista.
Cando lle preguntan que tal lle parece como traballan as comision de festas, Paz dilles que moi ben que sin elas non haberia festas, home claro, o concello so ten miras para as de Sanxenxo e o resto de parroquias malamente con subvencions e o seu traballo van tirando, porque so hai que ver como se conceden as axudas. Igualiño que o traballo das asociacions xa que sin estas tampouco haberia actos culturais porque na concelleria de cultura non e que haxa crise senon que simplemente atopanse desaparecidas.
Pero bueno, xa todos sabemos o que hai, e os sorrisos despois de tantos anos si non van avalados de algo mais de pouco sirven.
PD: debido a un problema tecnico non podo acentuar as palabras co cal pido disculpas ata que poida correxir en breve este erro.