Onte no ABC aparecia a seguinte nova: “La Xunta amplía el transporte subvencionado a jóvenes para evitar accidentes” “el conselleiro de Territorio e Infraestructuras, Agustín Hernández, explicó que el objetivo de este sistema es "evitar que el Noitebús sea un transporte de botellón de un concello a otro", si bien añadió que "de lo que se trata es de facilitar a los jóvenes" que puedan desplazarse a zonas de ocio.” E hoxe o BNG de Sanxenxo reclama que o concello se posicione ante estas declaracións do conselleiro xa que o ano pasado Salvador e a alcaldesa botaron pestes sobre o Noitebús
Hai un ano a alcaldesa e o o concelleiro de Seguridade dicían: “El Ayuntamiento de Sanxenxo insistió ayer en que el programa de Noitebús fomenta el consumo de alcohol entre los jóvenes y precisamente, ese no es el tipo de movida busca para el municipio. ”
Claro agora o Noitebús é unha boa alternativa porque a subvenciona o PP da Xunta e ata o amplia nun 22% é o ano pasado era o peor que había porque na xunta estaba o bipartito.
A ineptitude que demostran cada día é palpable pero de hai a querer que o cidadán non teña memoria xa é o colmo, porque evitar as mortes na carretera ten que ser prioritario para calquera partido non según quen goberne como quere facer ver o PP.
A ver como crítica agora Salvador este servizo cando a Xunta amplíe e o servizo a Sanxenxo, ou será que agora xa este servizo non fomenta o alcoholismo como dícia o ano pasado, claro sera que dende que entrou o novo goberno na Xunta todos se volveron abstemios.
Salvador recordas cando dicías iso de: A nosotros un canal por el que nos viene gran cantidad de jóvenes hacia este tipo de ocio es el Noitebús», manifestó ayer Durán en los micrófonos de Radio Voz. «No consideramos el Noitebús como una buena opción y por eso no suscribimos el convenio con la Xunta en su día», argumentó.” E ¿que vas dicir agora? ¿vades subscribir o convenio? Ou ¿vadeslle dicir ao conselleiro o mesmo que diciades o ano pasado?
Andades a dar bandazos dun lado para outro, so bos importaba ir en contra do bipartito sen mirar as consecuencias das vosas palabras e agora resulta que ven o PP a desdicirvos, e claro non teredes nin a valentía nin a sensatez de admitir o voso erro porque para iso hai que ser consecuente cos actos que se fan. E as NN XX do PP saindo ao paso das declaracións de Salvador sin saber por onde tirar: "NN GG de Sanxenxo defiende el Noitebús, pero dice que los menores lo usan para beber"
Valíavos o enfrontamento a calquera prezo con tal de ir chorimicando polas portas dicindo que a Xunta era o demo, que marxinaba a Sanxenxo e todo aquilo que facía era negativo para Sanxenxo e agora resulta que o negativo volveuse positivo porque o que o di agora é o PP.
Salvador, Catalina xa estou esperando a que saiades na prensa a dicir o mesmo que daquela proclamabades os 4 ventos: “É hora de facer unha reflexión sobre a forma en que este programa está a potenciar o consumo de alcol entre a xuventude poñendo a súa disposición transporte coa única finalidade de que a inxesta de bebidas non teña medida», subrayó el concejal en un comunicado oficial. «Consideramos que o Noitebús non contribúe a evitar problemas senón que fomenta o consumo de alcol entre a xuventude que non se atopa ante a limitación de ter que porse ao volante dun vehículo» “ ou ¿acaso vades negar o que diciades daquela?, xa vos vexo ir correndo a chamar a Hernández a dicirlle que vos deixou co cu a aire, que vos seguides unha política INTERESADA, SEN SENTIDO.
Daquela atacabades o BNG porque pidía que se desautorizase as declaracións de Salvador e a alcaldesa saía na súa defensa e dando declaracións a Tele Salnés e agora que Hernández dice o mesmo que o BNG e a sociedade e claro non vos queda máis remedio que calar non se vaia enfadar Feijoo,
¿como vades defender agora o mesmo que o ano pasado? ¿que postura ires adoptar? ¿acaso Hernández esta equivocado? Cada día quedades co cu aire, e seguimos sumando cafrada tras cafrada deste grupo de goberno, falan pa feira sen saber o que din e sen saber as posturas que adopta o seu propio partido. PATETICO.
O que pasa é que este grupo de goberno non ten unha liña a seguir, o seu modo de traballo é a improvisación e a única cousa que sabian facer era atacar o bipartito, inda que as medidas que este propuxera foran boas e necesarias e agora pasa o que pasa que resulta que as medidas non eran tan malas, senón todo o contrario e eso agora debelles estar fodendo moito porque saben que teñen que aceptar algo que eles mesmos se empeñaron en rechazar.