Que fácil é mirar a palla no ollo alleo pero a viga no propio non. E isto é o que sucede no PP Pontevedrés porque o que vale para un concello non vale para o outro. Estes días liamos na prensa o seguinte: “Non podemos consentir por máis tempo que este señor sígase rindo de todos os veciños de O Grove e que viva a corpo de rei grazas os impostos que pagamos todos e é necesario revisar esta dedicación exclusiva” esto o dacia Fernando Meis, concelleiro do PP, ao respecto do concellal do BNG Carlos Alvarez do Grove.
Pois ben este concellal ten unha dedicación exclusiva moito menor que as dedicacións parciais de Sanxenxo, pero iso non interesa recordalo, pero se analizamos a situación de Sanxenxo facemonos as seguintes preguntas: Porque o PP pontevedrés permite que Almudena Aguín teña dedicación exclusiva cando existe Turismo de Sanxenxo SL? Porque Martín ten dedicación exclusiva si a sua area esta rexida por Terra Sanxenxo?, porque Angel Casal ten dedicación exclusiva si hai un xerente de urbanismo, coordinadores, etc e persoal suficiente para levar os temas o día e non conceder licencias 3 anos despois.?
Estes soldos si que supoñen unha burla os veciños e si que hai que revisalos, será que a austeridade que tanto predica Feijoo solo é para algúns concellos populares pero hai salvidades como a de Sanxenxo que lle permiten ir por libre.
Vamos pagar case 200.000 euros por uns amaños no porto deportivo que hai pouco máis de 4 anos que foi inaugurado é se lle debería esixir os construtores da obra responsabilidades. Logo vemos como Telmo e outro concellal do PP gozan dunha dedicación exclusiva partida en duas parciais, unha para cada un, en Pontevedra porque según Telmo é necesario para a oposición para desempeñar o seu papel con dignidade pero en Sanxenxo inda non pagan o que eles mesmos aprobaron por propia iniciativa. Pero so é necesario en Pontevedra no resto de concellos non.
Onde esta a liña política do PP? Ou acaso fan a vista gorda en Sanxenxo? Pero a dobre moral e a compañeira do PP, unha dobre moral na que os principios de respecto, seriedade e coherencia quedan fora dese camiño.
Pero logo vemos como o superdelegado visita os concellos da comarca do Salnés e por Sanxenxo inda non caeu, e non me valen as escusas de que é por axenda e porque saben que Sanxenxo vai por libre e non se queren ver moi implicados nas cafradas que neste concello se suceden. Logo ten que vir o alcalde de Meaño a recordar que en Sanxenxo fai falta unha depuradora e que o polígono inda segue sen ter alcantarillado.
Pertencer a un grupo que goberna o concello non so é mirar pola silla que se ocupa é mirar polo interes dos veciños dun concello pero seguindo unha coherencia a nivel local, provincial, autonomico e estatal, senon que non se escondan tras unhas siglas e que se formen en independentes que ahi hai máis liberdade de movementos. Pero o que vale para Sanxenxo tamén a de valer para O Grove, para Cambados e para Santiago e non por ir dicindo que se é un concello rico se pode un subir a parra, porque tarde ou cedo a cepa a de partir e quenes pagan os pratos rotos son sempre os mesmos: OS VECIÑOS, os que inda por riba temos que pagar os impostos relixiosamente para eles poder cobrar ao fin de mes, inda que o único que fagan é pasear e ir de procesión en procesión, para ver si os santos lles volven facer o miragre de poder cobrar sen traballar, porque na empresa privada non durarían unha semana, porque o rendemento é NULO e a eficacia CERO.