martes 21 de julio de 2009

Fenosa e a nova multa.

Hoxe apareceu Vilalonga pegada de carteis anunciando unha charla informativa que vai facer maña a noite, o BNG na cultural de Vilalonga, xa que é o único sitio que ten Vilalonga para facer actos xa que o centro socio-cultural do Revel segue aparcado nun caixón, pois nada se sabe do informe ISA, pero no concello estarán dando grazas a tódolos santos de que llo pediran pois así ocultan a falta de cartos para rematar esa obra, vamos que o final inda lle van dar as grazas o bipartito e todo.
Van falar da nova carretera da autovía a Vilalonga e máis do traslado de Fenosa. Temas moi demandados polos veciños desta vila porque a verdade é que Fenosa non pinta nada no medio de Vilalonga.

Xa estou agardando coñecer a proposta do BNG e o discurso sen sentido de Angel ou da Alcaldesa.


Pero andaran rebuscando no fondo das arcas municipais para xuntar os 1.778 euros que van pagar da última multa por haber multado mal. Pero claro xa o dí a Local:"A sinalización para prohibir estacionar nesta rúa non é correcta nin legal" si o final vamos ter máis prazas de aparcamento das que creiamos.



11 comentarios:

  1. que vai pasar agora coa emprea armarios Alonso?? alguen esta informado de algo?.

    ResponderSuprimir
  2. ¿que? xa non te acordas o que david e os teus secuaces dixeron naquel pleno, onde non lle interesaba a proposta do puma, que recollia que en ves do enlace ao poligono se fixera a proposta da carretera a Vilalonga, sera que agora goberna outropartido a xunta e eu espero que se faga a carretera e que se saque a fenosa do medio e se vaia po poligono.
    Pero antes que o bng xa o pediu CODESEVI ou Gonzalez Pombo a que ti tanto criticas,

    ResponderSuprimir
  3. Xa no 2007 o levaba o BNG no seu programa, listo.

    ResponderSuprimir
  4. si para defender o puma tes que recurrir a argumentos non creibles, mal vas, a carretera do polígono a Vilalonga esta no Pxom e xa o ano pasado a alcaldesa anunciaba que o concello e a diputación ian asignar un convenio para facela e nada de nada.

    ResponderSuprimir
  5. Por unha vez vou estar dacordo con Rafael Cuiña, fillo do defunto Cuiña e que esta metido no PP polo seguinte;

    "En Galicia vivimos un momento difícil de analizar dende un punto de vista político. Por un lado un goberno que cae no erro constante de pensar que a súa maioría absoluta o lexitima para tomar case calquera decisión, e unha oposición aínda noqueada polo resultado electoral do 1 de Marzo, pasados xa os 100 días de rigor que de forma tácita ten un novo goberno para poñer a punto os seus engrenaxes."

    Por fin un que recoñece que Feijoo comete máis erros que acertos.

    lee todo o artigo:
    http://www.vieiros.com/opinions/opinion/928/25-de-xullo-estatuto-para-o-pais-en-que-vivimos

    ResponderSuprimir
  6. Eu mesma pillei un panfleto deses, lástima non poder ir, porque me interesaba. En fin, haber si certamente a quitan de ahí dunha puñeteira vez, dame igual quen.

    ResponderSuprimir
  7. Totalmente dacordo.

    ResponderSuprimir
  8. nos puedes informar de la sentencia que habla el puma

    ResponderSuprimir
  9. a mi lo q no me gustaria seria encontrarme con manifestaciones de los empleados de armarios alonso, por el puerto...creo que no le hacen un grato favor al pueblo y muxo menos ahora lleno de turisras me daria verguenza.

    ResponderSuprimir
  10. Aqui parece que a xente solo entende o que lle interesa.
    O puma o que decia en aquel pleno era unha verdade como un templo, decia que en vez de solicitar a entrada dende a via rápida o poligono, que se solicitase a primeira fase da estrada dende a via rápida a vilalonga, a postura era acertadísima, e verdade que logo o bng e CODESEVI algo dixderon sobre o tema. O BNG está lexitimado para falar sobre o tema, pero CODESEVI o que ten que facer e estar caladiña e solicitarlle os partidos politicos. Son o brazo dereito do PP, notaselle, exercen como tales e son uns fustrados como politicos, incluso a sua directiva o completo. Si vesen de verdade polo pobo xa tiñan montada unha manifestacion en contra da alcaldesa , Susana, casal, e de Mª Paz. Levan engañando o pobo dende a lexislatura pasada. Pero como teñen prohibido polo PP meterse en serio co equipo de goberno, así nos vai.

    ResponderSuprimir