Para saber o que acontece arredor noso. O que sucede en Sanxenxo, Portonovo, Vilalonga, Noalla, Nantes, Dorrón,Bordóns...
lunes, 27 de julio de 2009
viernes, 24 de julio de 2009
As nenas enfadaronse
E sorprendente o nivel de cinismo que desprendes as concelleiras populares de Vilalonga, porque si pensaban que arremetendo contra a iniciativa do BNG ían congratularse cos seus veciños fixeron todo o contrario, pois unha vez máis deixaron patente a sua incapacidade para facer algo ou cando menos para ter unha idea pero iso pásalles por ler o que lles mandan dicir sen pensar o que din.
Ler o seguinte: ““Os veciños de Vilalonga tiveron que esperar a que chegase o PP ao Goberno autonómico para comprobar como se traballa do lado dos cidadáns e empregando o sentido común”, comentó Susana Fernández, ” claro sera porque esta concelleira preocupase moito polos veciños porque haille que recordar cando lle dixo as praceiras de Vilalonga que si non querían que se lle arranxase o mercado que os cartos sobraban onde metelos, que Vilalonga tiña o que se merecía, pero isto non foi todo pois o último capítulo foi escoitar como a concelleira lles dixo os veciños que estan intentando facer o mercadillo en Vilalonga que ela non quería o mercadillo en Vilalonga é que non ía mover un so dedo para iso. Sendo ela a concelleira de Mercados, Economía e Facenda e como se preocupa de que o pobo de Vilalonga se recupere, ¿tera medo polo negocio familiar? Esta é a concelleira de Vilalonga que como me din miñas primas nunca falou cos veciños nin nunca se interesou nin se interesa por Vilalonga.
Logo temos a Paz que leva 6 anos como concelleira de Vilalonga e nunca se preocupou por este tema, so fixo un centro de interpretación que a día de hoxe segue pechado e a actividade cultural brilla pola súa ausencia porque ata a Biblioteca de Vilalonga ten pingueiras. So sigue coa liña que fixo a súa antecesora. Pero ¿que fixo ela sobre este tema? NADA
Pero como hoxe existen as hemerotecas vou facer referencia as dúas mocións presentadas con referencia a Subestación de Fenosa foron presentadas polo PSOE non polo PP:
Acta 10 (páx. 34 -35) Nesta primeira o PP votou en contra do cambio, e cando veu que os veciños se empezaban a mobilizar non tivo máis remedio que votar a favor na segunda moción presentada. Pero pensan que votar a favor é suficiente. Acta 24 (páx. 29 e 30 ) nesta segunda moción presentada en pleno data do 30/03/09 cando empeza o PP a gobernar na Xunta e moito paseo a Santiago pero deste problema non se acordaron, non moveron para intentar quitar esa “bomba ” do medio dunha vila, e para iso que dicina que ían pedir un informe a consellería pertinente.
Agora veremos que votan no Parlamento o Grupo Popular porque ata este mes nunca se levou nada o Parlamento sobre este tema e veremos si estan cos veciños ou non. Porque unha cousa esta clara o BNG moveuse e o PP quedou parado e co tempo recordaremos que o BNG levou a iniciativa o parlamento mentras que as concelleiras do PP saían na prensa todas ofendidas, pero a realidade é que non fixeron nada por mellorar a calidade de vida dos seus veciños.
martes, 21 de julio de 2009
Fenosa e a nova multa.
Xa estou agardando coñecer a proposta do BNG e o discurso sen sentido de Angel ou da Alcaldesa.
Pero andaran rebuscando no fondo das arcas municipais para xuntar os 1.778 euros que van pagar da última multa por haber multado mal. Pero claro xa o dí a Local:"A sinalización para prohibir estacionar nesta rúa non é correcta nin legal" si o final vamos ter máis prazas de aparcamento das que creiamos.
sábado, 18 de julio de 2009
Gol da Xunta ao Concello de Sanxenxo
A casa de enfronte foi derribada pero o dono do edificio do cuartel foi máis listo que a tropa da xerencia de urbanismo e tramitou o expediente para catalogar dito inmoble no catalogo de patrimonio e dito inmoble vai ser incluído xa que conserva a súa estrutura orixinal e conserva a súa identidade.
Pero do que non se dou conta Angel foi de que a casa cuartel esta nas mesmas condicións que o Pazo de Quintáns, que a casa de San Fernando, que o Priorato de Arra e que moitos elementos patrimoniais. Todos estes inmobles estan todos en ruínas claro que a casa cuartel lles molestaba, xa que sen a edificación o terro estaría afectado polo Pxom e que bonito quedaría unha praza cun par de bancos mirando cara a rotonda e Angel saíndo en prensa anunciando este marabilloso espazo para o desfrute dos veciños de Noalla, pero agora vai a Xunta e lle bota abaixo os seus plans.
Claro que agora non lle poden botar as culpas o bipartito porque agora goberna o seu propio partido e claro tampouco sae a nova na web do concello a pesares de que se vai contar no concello cun inmoble máis catalogado. Ai Angel sumamos outra cafrada, moita presa para derribar uns edificios cando outros levan esquivando a lei ano tras ano.
Pero bueno logo intenta compensalo un par de días antes anunciando que o concello vai rehabilitar un muiño en Noalla que esta dentro dun SU e que xa elaboran un plan para elo e outra vez asistimos a outra falta de xestión e a unha nula capacidade de negociación, pois a rehabilitación dese muiño debería habela feito a empresa urbanizadora do SU a vez que urbanizaba o resto dos espazos públicos e así o concello aforraba uns euros, pero claro neste concello prefiren que se lles entregue as edificacións en estado ruinoso que poder recepcionalas arranxadas. NON HAI CAPACIDADE DE XESTION. So temos que recordar o muiño do Vimbiero que a pesares de estar catalogado anda desaparecido ou ¿andara nalgunha finca exposto?
Pero xa sabemos que o uso da web municipal pagada por todos os veciños é partidista e sectaria pois so sacan os recursos e contenciosos que lle son favorables a eles, e logo anuncian o regalo da alcaldesa a raíña pero non anuncian a visita dos Reis a Sanxenxo, claro que o protocolo é unha signatura pendente deste concello pois o PP de Pontevedra arremete contra a alcaldesa en funcións de Pontevedra por irse do desfile de Marín pero descoñecen que en Sanxenxo olvidaronse invitar aos grupos da oposición a entrega das medallas os regatistas, polo tanto ¿de que serve ter gabinete de prensa se logo non anuncian os actos? E logo falan da proxección de Sanxenxo fora da provincia, notouse a cobertura da noticia que nin o propio concello a anuncia.
Eu comprendo que anunciar que se pecharon dous pubs e unha discoteca é unha noticia de alcance, un feito digno de portada nos xornais, senón fora que ninguén cree semellante acción, pois todos os anos nesta época podemos ler esta noticia fin de semana si fin de semana tamén. DEUS DALLE PAN A QUEN NON TEN DENTES.
miércoles, 8 de julio de 2009
Salvador que dis agora?
Onte no ABC aparecia a seguinte nova: “La Xunta amplía el transporte subvencionado a jóvenes para evitar accidentes” “el conselleiro de Territorio e Infraestructuras, Agustín Hernández, explicó que el objetivo de este sistema es "evitar que el Noitebús sea un transporte de botellón de un concello a otro", si bien añadió que "de lo que se trata es de facilitar a los jóvenes" que puedan desplazarse a zonas de ocio.” E hoxe o BNG de Sanxenxo reclama que o concello se posicione ante estas declaracións do conselleiro xa que o ano pasado Salvador e a alcaldesa botaron pestes sobre o Noitebús
Hai un ano a alcaldesa e o o concelleiro de Seguridade dicían: “El Ayuntamiento de Sanxenxo insistió ayer en que el programa de Noitebús fomenta el consumo de alcohol entre los jóvenes y precisamente, ese no es el tipo de movida busca para el municipio. ”
Claro agora o Noitebús é unha boa alternativa porque a subvenciona o PP da Xunta e ata o amplia nun 22% é o ano pasado era o peor que había porque na xunta estaba o bipartito.
A ineptitude que demostran cada día é palpable pero de hai a querer que o cidadán non teña memoria xa é o colmo, porque evitar as mortes na carretera ten que ser prioritario para calquera partido non según quen goberne como quere facer ver o PP.
A ver como crítica agora Salvador este servizo cando a Xunta amplíe e o servizo a Sanxenxo, ou será que agora xa este servizo non fomenta o alcoholismo como dícia o ano pasado, claro sera que dende que entrou o novo goberno na Xunta todos se volveron abstemios.
Salvador recordas cando dicías iso de: A nosotros un canal por el que nos viene gran cantidad de jóvenes hacia este tipo de ocio es el Noitebús», manifestó ayer Durán en los micrófonos de Radio Voz. «No consideramos el Noitebús como una buena opción y por eso no suscribimos el convenio con la Xunta en su día», argumentó.” E ¿que vas dicir agora? ¿vades subscribir o convenio? Ou ¿vadeslle dicir ao conselleiro o mesmo que diciades o ano pasado?
Andades a dar bandazos dun lado para outro, so bos importaba ir en contra do bipartito sen mirar as consecuencias das vosas palabras e agora resulta que ven o PP a desdicirvos, e claro non teredes nin a valentía nin a sensatez de admitir o voso erro porque para iso hai que ser consecuente cos actos que se fan. E as NN XX do PP saindo ao paso das declaracións de Salvador sin saber por onde tirar: "NN GG de Sanxenxo defiende el Noitebús, pero dice que los menores lo usan para beber"
Valíavos o enfrontamento a calquera prezo con tal de ir chorimicando polas portas dicindo que a Xunta era o demo, que marxinaba a Sanxenxo e todo aquilo que facía era negativo para Sanxenxo e agora resulta que o negativo volveuse positivo porque o que o di agora é o PP.
Salvador, Catalina xa estou esperando a que saiades na prensa a dicir o mesmo que daquela proclamabades os 4 ventos: “É hora de facer unha reflexión sobre a forma en que este programa está a potenciar o consumo de alcol entre a xuventude poñendo a súa disposición transporte coa única finalidade de que a inxesta de bebidas non teña medida», subrayó el concejal en un comunicado oficial. «Consideramos que o Noitebús non contribúe a evitar problemas senón que fomenta o consumo de alcol entre a xuventude que non se atopa ante a limitación de ter que porse ao volante dun vehículo» “ ou ¿acaso vades negar o que diciades daquela?, xa vos vexo ir correndo a chamar a Hernández a dicirlle que vos deixou co cu a aire, que vos seguides unha política INTERESADA, SEN SENTIDO.
Daquela atacabades o BNG porque pidía que se desautorizase as declaracións de Salvador e a alcaldesa saía na súa defensa e dando declaracións a Tele Salnés e agora que Hernández dice o mesmo que o BNG e a sociedade e claro non vos queda máis remedio que calar non se vaia enfadar Feijoo,
¿como vades defender agora o mesmo que o ano pasado? ¿que postura ires adoptar? ¿acaso Hernández esta equivocado? Cada día quedades co cu aire, e seguimos sumando cafrada tras cafrada deste grupo de goberno, falan pa feira sen saber o que din e sen saber as posturas que adopta o seu propio partido. PATETICO.
O que pasa é que este grupo de goberno non ten unha liña a seguir, o seu modo de traballo é a improvisación e a única cousa que sabian facer era atacar o bipartito, inda que as medidas que este propuxera foran boas e necesarias e agora pasa o que pasa que resulta que as medidas non eran tan malas, senón todo o contrario e eso agora debelles estar fodendo moito porque saben que teñen que aceptar algo que eles mesmos se empeñaron en rechazar.
martes, 7 de julio de 2009
Un mileurista no PP
"Javier Dorado Soto es el presidente de Nuevas Generaciones de la provincia de Pontevedra y desde que el PP ganó las elecciones gallegas es también –a sus 21 años, sin experiencia laboral conocida y sin haber terminado la carrera de Derecho– asesor del consejero de Economía e Industria, Javier Guerra Fernández.
Así figura en la web de la Consejería, no una de las más importantes sino la que más de todo el Gobierno gallego, en la que Dorado aparece como uno de los tres miembros del Gabinete del consejero Guerra Fernández. Según establece la propia legislación autonómica, el cargo de Dorado es remunerado con más de 50.000 euros anuales. Una vez conocido el escándalo, desde el PP gallego han negado que cobre esa cantidad –que es la legalmente establecida para el cargo que ostenta– y se limitan a decir que Dorado es un "mileurista"." Máis en: libertaddigital.com
E me pregunto eu: ¿por que esto non sae na Voz de Galicia? porque si para o PP ser mileurista é cobrar 50.000 euros o ano os demáis debemos vivir noutro mundo.
Agora que a porta para os bachilleres esta aberta, xa que poden acceder a eses postos sin ter carreira.
Hai dous anos en Sanxenxo os rapaces querian ser Alcaldes/a porque cobrabase un pastón ou concelleiros que para o que fan pois agora teñen outra posibilidade: a de ser ASESORES e sin ter que demostrar experiencia, nin ter unha carreira nin nada, so hai que amosar un carnet, pero non o DNI nin o de conducir, non o carne do PP
miércoles, 1 de julio de 2009
A dobre moral
Que fácil é mirar a palla no ollo alleo pero a viga no propio non. E isto é o que sucede no PP Pontevedrés porque o que vale para un concello non vale para o outro. Estes días liamos na prensa o seguinte: “Non podemos consentir por máis tempo que este señor sígase rindo de todos os veciños de O Grove e que viva a corpo de rei grazas os impostos que pagamos todos e é necesario revisar esta dedicación exclusiva” esto o dacia Fernando Meis, concelleiro do PP, ao respecto do concellal do BNG Carlos Alvarez do Grove.
Pois ben este concellal ten unha dedicación exclusiva moito menor que as dedicacións parciais de Sanxenxo, pero iso non interesa recordalo, pero se analizamos a situación de Sanxenxo facemonos as seguintes preguntas: Porque o PP pontevedrés permite que Almudena Aguín teña dedicación exclusiva cando existe Turismo de Sanxenxo SL? Porque Martín ten dedicación exclusiva si a sua area esta rexida por Terra Sanxenxo?, porque Angel Casal ten dedicación exclusiva si hai un xerente de urbanismo, coordinadores, etc e persoal suficiente para levar os temas o día e non conceder licencias 3 anos despois.?
Estes soldos si que supoñen unha burla os veciños e si que hai que revisalos, será que a austeridade que tanto predica Feijoo solo é para algúns concellos populares pero hai salvidades como a de Sanxenxo que lle permiten ir por libre.
Vamos pagar case 200.000 euros por uns amaños no porto deportivo que hai pouco máis de 4 anos que foi inaugurado é se lle debería esixir os construtores da obra responsabilidades. Logo vemos como Telmo e outro concellal do PP gozan dunha dedicación exclusiva partida en duas parciais, unha para cada un, en Pontevedra porque según Telmo é necesario para a oposición para desempeñar o seu papel con dignidade pero en Sanxenxo inda non pagan o que eles mesmos aprobaron por propia iniciativa. Pero so é necesario en Pontevedra no resto de concellos non.
Onde esta a liña política do PP? Ou acaso fan a vista gorda en Sanxenxo? Pero a dobre moral e a compañeira do PP, unha dobre moral na que os principios de respecto, seriedade e coherencia quedan fora dese camiño.
Pero logo vemos como o superdelegado visita os concellos da comarca do Salnés e por Sanxenxo inda non caeu, e non me valen as escusas de que é por axenda e porque saben que Sanxenxo vai por libre e non se queren ver moi implicados nas cafradas que neste concello se suceden. Logo ten que vir o alcalde de Meaño a recordar que en Sanxenxo fai falta unha depuradora e que o polígono inda segue sen ter alcantarillado.
Pertencer a un grupo que goberna o concello non so é mirar pola silla que se ocupa é mirar polo interes dos veciños dun concello pero seguindo unha coherencia a nivel local, provincial, autonomico e estatal, senon que non se escondan tras unhas siglas e que se formen en independentes que ahi hai máis liberdade de movementos. Pero o que vale para Sanxenxo tamén a de valer para O Grove, para Cambados e para Santiago e non por ir dicindo que se é un concello rico se pode un subir a parra, porque tarde ou cedo a cepa a de partir e quenes pagan os pratos rotos son sempre os mesmos: OS VECIÑOS, os que inda por riba temos que pagar os impostos relixiosamente para eles poder cobrar ao fin de mes, inda que o único que fagan é pasear e ir de procesión en procesión, para ver si os santos lles volven facer o miragre de poder cobrar sen traballar, porque na empresa privada non durarían unha semana, porque o rendemento é NULO e a eficacia CERO.