domingo, 1 de febrero de 2009

Fitur


Nun programa televisivo sobre turismo e FITUR din que se esta incrementando o turismo cultural, o turismo patrimonial fronte o turismo de sol e praia que cada vez perden máis asiduos e que supuxo un baixón no 2008, os visitantes buscan coñecer a esencia do pobo que visitan, coñecer os seus costumes, historia e demais elementos que os fan diferentes e singulares.

Logo leo na web do concello o seguinte: “El turismo de costa habitualmente asociado al modelo de sol y playa se queda pequeño para Villas Marineras. Los casi 2.500 kilómetros de litoral Cantábrico y Atlántico por los que se extienden sus municipios poseen una amplitud de recursos que van mucho más allá de este modelo.


El patrimonio es otro de los ejes vertebradores de su oferta, gracias a la riqueza arquitectónica, natural y cultural de estas villas, sin olvidar su riqueza gastronómica.” Entón ¿esa visión é a que se esta a aplicar en Sanxenxo? ¿onde esta a revalorización da riqueza arquitectónica? Ah, xa sei, no estupendo Museo da Salga do Pazo de Quintáns ou no do Mar da Casa de San Fernando, ou nos fermosos eucaliptos que crecen no medio do Castro de Dorrón ou dos que crecen o redor das mámoas de Faro ou como olvidar os roteiros de sendeirismo que tan coidadiños teñen e que grazas a iso non se viron na obriga de retirar os folletos porque algún que outro usuario se perdeu no roteiro dos Carballos porque o chegar a Bordóns resulta que os cortan para facer unhas casas cadradas estilo arquitectónico funerario 100% galego. E non falemos do roteiro das aves que transcorre pola costa da ría de Arousa con ese gran paseo acondicionado para rematar na Telleira, inda que onde realmente na telleira onde se facían as tellas se atopa cuberta de maleza e a que rehabilitada e que lle da nome era unha fábrica de ladrillo. Pero ese detalle queda aclarada cando vas nas visitas guiadas que o concello dispón para que os visitantes poidan coñecer as nosas singularidades e así descubrir que o Con da Romaiña existe e che contan a súa lenda.

E como olvidar a riqueza natural do concello, observando a paisaxe dende o Mirador da Granxa, esa fachada marítima libre de formigón, Punta Festiñanzo chea de árbores, ese Monte Faro claro exemplo de monte galego coas suas toxeiras, pinos, carballos e castiñeiros crecendo sen orden, poder ver como Major conserva a súa esencia natural sen que o home o modificase moito. En Sanxenxo estase explotando un turismo non so baseado en sol e praia, aquí o turismo non descendeu grazas a eses outros eixes que tanto se louban en feiras como en FITUR.

Pero que bonito queda oír estas marabillas en Madrid pero o chegar a Sanxenxo ¿cal é a realidade : sol e praia ou turismo máis rico culturalmente?¿que facemos si esta o día nubrado? Pero o máis importante de todo ¿CAL E A POLITICA TURISTICA DO ACTUAL EQUIPO DE GOBERNO? E si xa temos unha empresa turística de capital mixto cunha coordinadora e en breve con/cunha xerente ¿que xustificación hai en ter unha concelleira de turismo con dedicación exclusiva? Con que fose parcial xa che chegaba ben.