Estes días queda demostrado unha vez máis, e sospeito que non será a última, a incapacidade da señora alcaldesa. Todos estamos sabedores dos últimos acontecementos sobre as posibilidades que temos no concello de Sanxenxo para que veciños deste concello poidan exercer o seu deber nunha mesa electoral, aínda que a súa alma pase a "mellor vida".
Calquera que sexa elixido para ir a unha mesa pode presentar alegacións nos seguintes 7 días ao recibir a notificación, estas alegacións deben ser causas xustificadas e documentadas (enfermidade, ingreso hospitalario, coidado de persoas dependentes..etc), parece ser que en Sanxenxo, o feito de estar morto, non é causa xustificada.
Pero iremos ao "quid" da cuestión. Para saber o que pasou en ámbolos dous plenos, fíxenlle unha visita ao Blog de Lores, onde expón claramente o que pasou en ámbolos dous plenos. Por certo, desde aquí darlle o meu parabén ao BNG pola decisión de non cobrar ese segundo pleno. Rexeitar ese diñeiro público demostra unha gran responsabilidade pola súa banda, de acorde cos tempos de crises que nos toca vivir A Todos. A ver se os concelleiros de PP toman exemplo, entre outros.
O simpático foi ler que a alcaldesa acusou a este grupo de tomar esta medida para saír na prensa, cal foi a miña sorpresa que non lein nada na prensa sobre este tema, en cambio so se puido ler en todos os xornais as declaracións da alcaldesa con acusacións cara aos funcionarios.
E aí quero chegar eu: a señora alcaldesa debería explicarse mellor e diferenciar o persoal funcionario do persoal laboral.
O funcionario é o traballador encargado de darlle ao botón para que o computador, no que o servizo informático (persoal laboral) ten que descargar o programa do censo, saque os nomes dos veciños/as de Sanxenxo que teñen que acudir ás mesas electorais.
Se hai un erro no programa, digo eu que algunha responsabilidade terá o "responsable" da informática. Teremos que recordar que esta persoa non é funcionaria, é persoal laboral, que antes de dedicarse a estes mesteres dedicábase a pegar carteis pola Salgueira (Vilalonga) do PP en campaña.
Esta persoa, supoño que será de toda confianza da señora alcaldesa, xa que non creo (ou espero!) que non moitos traballadores do concello de Sanxenxo teñan chaves da porta principal do Concello, para poder entrar ás 10 da noite (cousa que viron estes olliños que, segundo din, deixoume o meu pai en herdanza).
E mentres tanto, a nosa alcaldesa, inicia un proceso de "investigación" cal caza de bruxas, "seica" que para esclarecer o tema.
Primeiro tería que esclarecerse ela, xa que aproveitar en plena campaña electoral, que vén a competencia a gañar votos grazas ao futuro centro médico de Vilalonga, para pedirlle un novo centro para Sanxenxo. Isto desde logo só ten unha lectura: A Catalina púidolle o subconsciente e nun acto de sinceridade con ela mesma, escapóuselle" a súa quiniela sobre estas eleccións: O PP non vai gobernar!.
É algo que todos sabemos, pero de aí a que unha alcaldesa do PP, no feudo do señor Louzán, chegue a esa mesma conclusión e a faga pública, hai un abismo.
Entre espías, corruptos en Madrid, Salvadores da economía que se esquecen de "xustificar" ingresos en Ourense, e agora unha alcaldesa con maioría absoluta que non confía nel....Feijoo, crécenche os ananos, máis non se preocupe, seguro que segue confiando en vostede algún "veciño de Sanxenxo".