Hai unha canción que di: “ Sorpresas che da a vida, a vida sorpresas che da ” e iso parece que é o que sucede no concello pois inda non nos recuperamos da arroutada da alcaldesa contra os funcionarios polo erro do censo e hoxe lemos que 4 empresas optan o mantemento dos equipos informáticos do concello por valor de 25.862,07 euros anuais.
As empresas son:
Informática Mapa.com S.C., de Sanxenxo;
Mydic Galicia S.L. N.E., de Sanxenxo;
DGA Instalaciones Informáticas, de Vilalonga;
Fornecementos Galegos S.L., de Santiago de Compostela.
Descartando a empresa de Santiago inda que é a que máis solvencia ten tanto por tempo que leva traballado como por balances económicos vámonos centrar nas de Sanxenxo, posto que o máis lóxico sería darlla a unha empresa do concello.
Mydic Galicia é unha empresa do 2007 de dous rapaces de Sanxenxo. Informática Mapa xa todos a coñecemos e é a encargada de dar os cursos de infórmatica da OMIX e o seu dono é o presidente de Entretendas. E por último temos DGA Instalaciones Informáticas de Vilalonga que é a que máis me desconcerta pois é unha empresa de recente creación e que as siglas DGA coinciden co nome do informático do concello a parte de que din que é de Vilalonga ¿casualidade? Ou ¿colóuselle o dato de Vilalonga?.
De aí a casualidade de que hai uns días se formase unha boa bronca no concello entre un funcionario e o informático polo erro do censo e certo sector quixo evitar que esto se coñecese.
Na web do concello sae o seguinte: “La firma que resulte adjudicataria se ocupará del mantenimiento de los equipos informáticos tanto del hardware como del software de los equipos informáticos de la Entidad Local y de los Organismos Autónomos. También se encargará del asesoramiento sobre el funcionamiento de los equipos y de la asistencia técnica con el fin de solventar las deficiencias, así como del control de la página web municipal y del perfil del contratante. ” entón si a firma se encarga de todo esto ¿cal vai ser a función do informático ? ¿avisarlle das incidencias a concesionaria? Pero claro como son unha mal pensada (e pensa mal e acertaras) a que máis opcións ten é a DGA polo seu coñecemento do estado informático do concello e como pode entrar a calquer hora no concello pode ter todo o día e así ter toda a información na web do concello en tempo real.
A verdade é que a elección esta difícil MAPA fronte a DGA, Sanxenxo versus Vilalonga,..., pero inda me queda outra dúbida ¿a hora de escoller o informático do concello emite un informe valorando as propostas? Porque en teoría el sería a persoa que esta o tanto da situación inda que claro pode producirse un conflito de intereses.