Se hai algo que teño claro é que o concello de Sanxenxo sen polémica non sería o mesmo concello, cando non é por unha estrada e por unha obra e hoxe tócalle o capítulo da ubicación da sede de piragüismo. Hai uns días despertabamos coa nova que Portos autorizaba a instalación de dita sede xusto a entrada do porto así foi anunciado coa visita do responsábel a Portonovo. Esta sede é unha vella demanda do club de piragüismo e moi necesaria debido o risco que corren os cativos o cruzar as estradas coas piraguas. O debate agora centrase se a ubicación é a idónea ou non pois o impacto visual e ambiental e un dato a ter en conta e o areal de Baltar debería quedar o máis libre posible e quizais integralo na explanada portuaria. Falando de integración lémbrome da maqueta do proxecto da recuperación do porto que se atopa na cofradía ¿que pasou con este proxecto? E como non podía ser menos temos as declaracións da alcaldesa dicindo o seguinte: “"despois de tanto tempo falando sobre esta cuestión tan relevante sexa esta a solución que expoñen" ” (Diario de Pontevedra). E tamén me fai graza ler na Voz de Galicia o seguinte:” Tampouco gustou no seno do Concello que a alternativa fora dada a coñecer por Dulcinea Aguín, portavoz do PSOE local, a pasada semana. De feito, os responsables locaies dubidaban da viabilidade da pretensión do organismo autonómico de situar o clube na entrada do porto de Portonovo ao non estar recollido este edificio no plan de usos do recinto aprobado pola propia Xunta fai uns meses ”
Creo que vai sendo hora de que se empece a dialogar e que Sanxenxo avance pois non podemos ter os mesmos problemas que hai 5 anos e mes tras mes estar sempre cos mesmos temas, no concello existen máis problemas que requiren solucións, a pelea entre PP e PSOE xa cansa. En Sanxenxo hai preto de 17.000 veciños non so estan Catalina e Dulcinea, estes veciños precisamos servizos básicos, infraestructuras, necesitamos que se rematen as estradas que levan anos empezadas, precisamos garderias, precisamos un tecido industrial en condicións, precisamos instalacións culturais, deportivas e sociais en condicións, precisamos proxectos para turismo, precisamos plans que protexan o medioambiente e os espazos naturais,..., pero o que non precisamos e ver unha e outra vez as mesmas pelexas entre os mesmos/as. Hai que deixarse de mirar o embigo e empezar a ser útiles que creo que por respeto os veciños nolo merecemos.
Para saber o que acontece arredor noso. O que sucede en Sanxenxo, Portonovo, Vilalonga, Noalla, Nantes, Dorrón,Bordóns...