Cartos para obras necesarias seica non hai: para as garderías, para os pisos de protección oficial (pero si os hai para pagar os soldos de 3 persoas que traballan en INSULA SANXENXO que non se lle coñece inda labor ningunha a parte de recoller algunha solicitude dos devanditos pisos e pagase un alquiler dun local que perfectamente poderían ubicar este departamento en calquera despacho do concello e así aforrábase algo), para os colexios de Dorrón e de Vilalonga, para dotar de melloras as casas de cultura das distintas parroquias, para acabar o saneamento do rural, .... e así unha longa lista de obras pero si hai cartos para realizar unha permuta por valor de 900.000€.
Si, estoume referindo a valoración da nave e do terreo de Armarios Alonso que fixo o concello, iso si “unha estimación valorativa do que podería valer a nave e os terreos no caso de ser legalizado”, xa sería a coña que intentasen facer unha permuta sobre algo ilegal. Os plans da alcaldía era usar a nave como almacén para o departamento de Servizos Xerais e digo eu ¿non lles sae máis barato montar unha nave no polígono para este fin xa que teñen os terreos? Por unha vez vou estar dacordo con Alonso cando di “que descoñece o interese do concello nesta parcela” e sobre todo cando esta pendente de ser legalizada pronto a nave como almacén.
Si se preocuparan realmente dos postos de traballo que se foron de Sanxenxo e dos beneficios que se xeraban no concello e se deixasen de andar a "especular" cos valores dos terreos mellor nos iría. E a ver se se dan conta de que " o progreso e o desenrolo son imposibles se un segue facendo as cousas tal e como sempre as fixo" (Wayne W. Dyer) pois hai que adaptarse os tempos nos que vivimos e as necesidades reais dos veciños.
De verdade que eu pensaba que 2+2 eran 4, e que si gañabas 3 e gastabas 4 quedabas en deuda, pero as matemáticas que aplican neste concello deben ser novas e eu non me enterei pois por máis que fago números as contas non me saen e esperemos a que presenten os orzamentos e vexamos as distintas partidas, cantas sorpresas imos topar, xa volas irei contando.