domingo, 18 de mayo de 2008

As rebaixas do maio.

Segun declaracións feitas pola alcaldesa o Diario de Arousa o orzamento para este ano 2008 vai roldar os 60 millóns de euros, significativo se temos en conta que o do ano pasado era de 114 millóns de euros, ¿empeza a época das vacas fracas? Pero a explicación desta rebaixa é que neste ano non poden meter os case 40 millóns de € que corresponden o Plan Director de Saneamento e Abastecemento porque listos eles como son incluíron a totalidade da partida no ano 2007 para sorprendernos co mellor orzamento da provincia e agora nos sorprenden coa metade ¿xa non somos un concello rico?, agora enfrontámonos segun din a paralizar todas as inversións prevista ¿e cales eran? Ah, as do ano pasado que estan sen efectuar, claro. Pero menos mal que manteñen as que estan empezadas, serán empezadas no ano 2007: Revel, humanización de Portonovo, estrada de Nantes, ... e pouco máis, ah bueno que se me esquencia o cemiterio de Dorrón, a cidade deportiva de Sanxenxo, xa o di na súa declaración a alcaldesa “agás a gardería do Revel e os campos de fútbol o demais anulase

A crise da construción parece que chegou o concello de Sanxenxo e iso na arca dos cartiños estase a notar, venderon sen rumbo e agora non hai con diñeiro para seguir amañando cousas, menos mal que se puideron apartar 200.000€ para amañar Punta Vicaño que boa falta lle facía e do cal me alegro pois o estado de semiabandono que presenta non é moi boa imaxe dun municipio turístico.

Por todos era coñecido que isto tarde ou cedo ía pasar, tódolos departamentos van sufrir restricións agás dous: os de servizos sociais así que Terra Sanxenxo e logo Turismo e porque un piar fundamental do concello e o turismo que senón tocaba a menos.

Pero queda tamén unha partida orzamentaria que non se ve afectada por estes recortes nin pola crise que atravesamos e é a partida dos soldos, si, so os vai conxelar ¿acaso pensaba subilos? Pero Catalina confia que no 2009 poida recuperar o espíritu inversor, e o que non di é que de paso subir os soldo. Con isto non debían contar, mira que ter que sufrir a crise do ladrillo, vamos ter que buscar unha solución para que non caian nunha depresión e nos segan obsequiando cos servizos que nos merecemos, para que segan traballando arreo para que os veciños non suframos a redución de prestacións básica. Voltaire dicía que “quenes cren que os cartos o fan todo, acaban facendo todo por cartos” agora que como consello tomen nota daquilo que dicía o dramaturgo grego Menandro de Atenas “non e vergonzoso nacer pobre, o é o chegar a selo por accións torpes”