viernes, 30 de mayo de 2008

Un ano despois ¿que cambiou?

O pasado día 27 fixo un ano que se celebraron as eleccións municipais e dende esa goberna o actual equipo no concello de Sanxenxo ,ou desgoberna según se mire, algúns xa estaban e outros son novatos (un ano despois inda o seguen sendo) por iso se votamos a vista atrás ¿que melloras tivemos?¿estamos mellor ou peor que hai un ano?

Se teño que facer un resume real diría que Sanxenxo esta metido seguido en trifurcas que solo conseguen o atraso das obras e do desenvolvemento do concello, que hai problemas urxentes que seguen sen resolverse, que non hai unha política sobre turismo pois a día de hoxe inda que se creara un empresa para este fin inda non se sabe nada da sua estratexia turística, estamos no mes de maio e non temos coñecemento dos orzamentos do 2008, os mesmos conflitos que hai un ano seguen hai mes tras mes, seguimos sen pisos de protección a pesar de que existe Insula, nomear a palabra Urbanismo e é botarse a tremer, ........., e así podería seguir un bo rato.

Se teño que que quitar unha conclusión é a seguinte: MAL ESTAMOS PERO NON VEXO SINTOMAS DE QUE POIDAN MELLORAR A SITUACION e menos cando se lle volta a culpa a “crise do ladrillo” en vez de potenciar outros recursos que temos e que por parte do concello non se lle da valor nin se potencian.

Por eso lles digo o mesmo que dicía B. Franklin "Se fas o que non debes, deberás sufrir o que non mereces"


miércoles, 28 de mayo de 2008

Cando se falta a palabra perdese a razón e a confianza

As cousas cando se queren arreglanse pero ¿a costa de que? A costa de enganos, a costa de partidas que non se ían tocar, a costa de primar proxectos sobre outros, a costa dun puñado de votos ou a costa de devolver favores para ficar sentados no sillón que custeamos os veciños ou do que me parece máis grave a costa de mentir porque a maioría de xente non soe ter memoria a largo prazo para acordarse de como sucederon as cousas a non ser que lles afecten directamente.

Que o enlace do polígono se ía levar a cabo todo o mundo o sabia, tarde ou cedo se ía facer porque ninguén esta disposto a cargar sobre as suas costas coa culpa da hipoteca económica do concello de Sanxenxo. O fin as cousas se van poñendo no seu sitio, a ponte de Dadín estase a facer e o enlace pronto será unha realidade pero co que non estou dacordo é coa forma que se vai a financiar xa que os que realmente se tiñan que facer cargo dese custe saen beneficiados a costa doutros proxectos porque teño que recordar que a alcaldesa se encheu a boca dicindo nun pleno: “ que o enlace do polígono non lle ía custar un so peso os veciños” e agora resulta que nos vai custar 1.500.000 de euros e hai unha semana se dicía que so se ían facer os proxectos que estaban empezados porque non había cartos ¿de onde vai saír o 1.500.000€?¿en que partida se vai incluír? E o que é máis importante ¿a costa de que? De non facer a gardería de Portonovo, do colexio de Dorrón, dalgunha área de esparcemento, de algún servizo básico ¿de que?

¿De que valeron os contenciosos? So para vaciar as arcas o perdelos, pois o final despois de tanto escornar produxose unha baixada de ourellas, eso pasa por andar polas alturas e non vivir na realidade, pasa por ter un equipo que non sabe asesorar e pasa por non ter a humildade necesaria para recoñecer que un/unha non sempre leva a razón.


jueves, 22 de mayo de 2008

Cartos para permutas SI para obras NON

Cartos para obras necesarias seica non hai: para as garderías, para os pisos de protección oficial (pero si os hai para pagar os soldos de 3 persoas que traballan en INSULA SANXENXO que non se lle coñece inda labor ningunha a parte de recoller algunha solicitude dos devanditos pisos e pagase un alquiler dun local que perfectamente poderían ubicar este departamento en calquera despacho do concello e así aforrábase algo), para os colexios de Dorrón e de Vilalonga, para dotar de melloras as casas de cultura das distintas parroquias, para acabar o saneamento do rural, .... e así unha longa lista de obras pero si hai cartos para realizar unha permuta por valor de 900.000€.

Si, estoume referindo a valoración da nave e do terreo de Armarios Alonso que fixo o concello, iso si “unha estimación valorativa do que podería valer a nave e os terreos no caso de ser legalizado”, xa sería a coña que intentasen facer unha permuta sobre algo ilegal. Os plans da alcaldía era usar a nave como almacén para o departamento de Servizos Xerais e digo eu ¿non lles sae máis barato montar unha nave no polígono para este fin xa que teñen os terreos? Por unha vez vou estar dacordo con Alonso cando di “que descoñece o interese do concello nesta parcela” e sobre todo cando esta pendente de ser legalizada pronto a nave como almacén.

Si se preocuparan realmente dos postos de traballo que se foron de Sanxenxo e dos beneficios que se xeraban no concello e se deixasen de andar a "especular" cos valores dos terreos mellor nos iría. E a ver se se dan conta de que " o progreso e o desenrolo son imposibles se un segue facendo as cousas tal e como sempre as fixo" (Wayne W. Dyer) pois hai que adaptarse os tempos nos que vivimos e as necesidades reais dos veciños.

De verdade que eu pensaba que 2+2 eran 4, e que si gañabas 3 e gastabas 4 quedabas en deuda, pero as matemáticas que aplican neste concello deben ser novas e eu non me enterei pois por máis que fago números as contas non me saen e esperemos a que presenten os orzamentos e vexamos as distintas partidas, cantas sorpresas imos topar, xa volas irei contando.


domingo, 18 de mayo de 2008

As rebaixas do maio.

Segun declaracións feitas pola alcaldesa o Diario de Arousa o orzamento para este ano 2008 vai roldar os 60 millóns de euros, significativo se temos en conta que o do ano pasado era de 114 millóns de euros, ¿empeza a época das vacas fracas? Pero a explicación desta rebaixa é que neste ano non poden meter os case 40 millóns de € que corresponden o Plan Director de Saneamento e Abastecemento porque listos eles como son incluíron a totalidade da partida no ano 2007 para sorprendernos co mellor orzamento da provincia e agora nos sorprenden coa metade ¿xa non somos un concello rico?, agora enfrontámonos segun din a paralizar todas as inversións prevista ¿e cales eran? Ah, as do ano pasado que estan sen efectuar, claro. Pero menos mal que manteñen as que estan empezadas, serán empezadas no ano 2007: Revel, humanización de Portonovo, estrada de Nantes, ... e pouco máis, ah bueno que se me esquencia o cemiterio de Dorrón, a cidade deportiva de Sanxenxo, xa o di na súa declaración a alcaldesa “agás a gardería do Revel e os campos de fútbol o demais anulase

A crise da construción parece que chegou o concello de Sanxenxo e iso na arca dos cartiños estase a notar, venderon sen rumbo e agora non hai con diñeiro para seguir amañando cousas, menos mal que se puideron apartar 200.000€ para amañar Punta Vicaño que boa falta lle facía e do cal me alegro pois o estado de semiabandono que presenta non é moi boa imaxe dun municipio turístico.

Por todos era coñecido que isto tarde ou cedo ía pasar, tódolos departamentos van sufrir restricións agás dous: os de servizos sociais así que Terra Sanxenxo e logo Turismo e porque un piar fundamental do concello e o turismo que senón tocaba a menos.

Pero queda tamén unha partida orzamentaria que non se ve afectada por estes recortes nin pola crise que atravesamos e é a partida dos soldos, si, so os vai conxelar ¿acaso pensaba subilos? Pero Catalina confia que no 2009 poida recuperar o espíritu inversor, e o que non di é que de paso subir os soldo. Con isto non debían contar, mira que ter que sufrir a crise do ladrillo, vamos ter que buscar unha solución para que non caian nunha depresión e nos segan obsequiando cos servizos que nos merecemos, para que segan traballando arreo para que os veciños non suframos a redución de prestacións básica. Voltaire dicía que “quenes cren que os cartos o fan todo, acaban facendo todo por cartos” agora que como consello tomen nota daquilo que dicía o dramaturgo grego Menandro de Atenas “non e vergonzoso nacer pobre, o é o chegar a selo por accións torpes”

domingo, 11 de mayo de 2008

Do prometido unha vez metido todo olvidado

Os problemas de urbanismo, de mala xestión, de falta de servizos, de cartos nos últimos días vimos asistindo como empezan a saír a luz a queixa do persoal laboral do concello. Hai o redor de 12 anos que non se convocan prazas de funcionariado e nos últimos días as queixas por este motivo son cada vez máis frecuentes como as feitas por persoal de servizos.

E estes días temos un novo capítulo co seguinte titular: “Membros da policía local de Sanxenxo mobilizase contra o Concelleiro de Persoal” queixas de persoal neste caso dos membros da Policía Local que según se recolle no Diario de Pontevedra estas queixas estan motivadas porque o Concelleiro encargado desta area “non atende as múltiples peticións de solicitude de reunións” así de que un membro da policía local pase a formar parte da mesa de contratación de persoal auxiliar para dito departamento ou incluso tamén que que fan servizos extras que logo non lle son remunerados. E sobre todo se temos en conta de que unha das labouras de Salvador como concelleiro de Persoal é a de tratar este tipo de problemas e ser un receptor das necesidades do persoal laboral así como ser o solucionados dos problemas que se plantexan que para elo lle dedica 20 horas semanais cun soldo de 400.000 pts/mes (28.800€/ano)

Como ben vemos agora ata a Local esta descontenta co seu encargado entón ¿como estaremos o resto dos veciños?¿estamos cun goberno de desgoberno?
Agora tocara o turno de solicitar oposicións, aumentos de soldos e de máis equipamento, e sería moi normal que destras deste colectivo se sumen outros como os xardineiros, o persoal de servizos,..., Hai responsabilidades que nos poden quedar grandes e por iso é bo recoñecelo e ser consecuentes co labor que desempeñamos para os cales fomos elixidos democraticamente nas urnas. Xa dicía Samuel Johnson (escritor inglés) que “casi todo o absurdo da nosa conducta é resultado de imitar a aqueles ós que non podemos parecernos.”


martes, 6 de mayo de 2008

Outra batalla máis pero desta vez sobre piraguas

Se hai algo que teño claro é que o concello de Sanxenxo sen polémica non sería o mesmo concello, cando non é por unha estrada e por unha obra e hoxe tócalle o capítulo da ubicación da sede de piragüismo. Hai uns días despertabamos coa nova que Portos autorizaba a instalación de dita sede xusto a entrada do porto así foi anunciado coa visita do responsábel a Portonovo. Esta sede é unha vella demanda do club de piragüismo e moi necesaria debido o risco que corren os cativos o cruzar as estradas coas piraguas. O debate agora centrase se a ubicación é a idónea ou non pois o impacto visual e ambiental e un dato a ter en conta e o areal de Baltar debería quedar o máis libre posible e quizais integralo na explanada portuaria. Falando de integración lémbrome da maqueta do proxecto da recuperación do porto que se atopa na cofradía ¿que pasou con este proxecto? E como non podía ser menos temos as declaracións da alcaldesa dicindo o seguinte: “"despois de tanto tempo falando sobre esta cuestión tan relevante sexa esta a solución que expoñen"(Diario de Pontevedra). E tamén me fai graza ler na Voz de Galicia o seguinte:” Tampouco gustou no seno do Concello que a alternativa fora dada a coñecer por Dulcinea Aguín, portavoz do PSOE local, a pasada semana. De feito, os responsables locaies dubidaban da viabilidade da pretensión do organismo autonómico de situar o clube na entrada do porto de Portonovo ao non estar recollido este edificio no plan de usos do recinto aprobado pola propia Xunta fai uns meses
Creo que vai sendo hora de que se empece a dialogar e que Sanxenxo avance pois non podemos ter os mesmos problemas que hai 5 anos e mes tras mes estar sempre cos mesmos temas, no concello existen máis problemas que requiren solucións, a pelea entre PP e PSOE xa cansa. En Sanxenxo hai preto de 17.000 veciños non so estan Catalina e Dulcinea, estes veciños precisamos servizos básicos, infraestructuras, necesitamos que se rematen as estradas que levan anos empezadas, precisamos garderias, precisamos un tecido industrial en condicións, precisamos instalacións culturais, deportivas e sociais en condicións, precisamos proxectos para turismo, precisamos plans que protexan o medioambiente e os espazos naturais,..., pero o que non precisamos e ver unha e outra vez as mesmas pelexas entre os mesmos/as. Hai que deixarse de mirar o embigo e empezar a ser útiles que creo que por respeto os veciños nolo merecemos.

domingo, 4 de mayo de 2008

Fillos criados traballos dobrados

Nun día como hoxe non sería de recibo deixar pasar a oportunidade para resaltar os sacrificios das nais e moito menos das socorridas aboas, por habernos coidado, por habernos criado e aguantado, e moitas delas traballando fora da casa sen ter acceso as garderías e sen podernos deixarnos en actividades extraescolares por iso hoxe temos máis claro que nunca a necesidade de garderías, de axudas a convivencia familiar e laboral,...., por cousas como estas e por outras máis vou deixar o meu pequeno agradecemento:

* Por culpa do azar ou dun désliz calquera muller pode converterse en NAI. Dotárona a mansalva do “instinto maternal” coa finalidade de preservar a especie. Senon fora por iso, o que ela faría ó ver a esa criatura minúscula, arrugada e chillona sería tirala a basura. Pero grazas ó “instinto maternal” o mira embobada, o topa precioso e se dispón a coidalo ata que cumpla polo menos os 25 anos. Ser nai é considerar que é moito máis nobre sonar narices e lavar cueiros. Que triunfar nunha carreira ou manterse delgada. É exercer a vocación sen descanso, sempre coa cantarela de que se laven os dentes, que se deiten cedo, que saquen boas notas, non fumen, tomen leite... é preocuparse das vacinas, da limpeza das orellas, dos estudos, das palabrotas, dos moz@s; sen ofenderse cando a mandar calar ou lle dan coa porta nas narices, porque non están en nada... É chorar cando ve os nenos contentos e apreta os dentes e sonrie cando os ve sufrir. É servir de niñera, mestra, chofer, cociñeira, lavandeira, doutora, policía, confesor e mecánica sen cobrar ningún soldo. NAI é alguén que nos quere e nos coida tódolos días da súa vida e que chora de emoción porque un se acorda unha vez o ano : O DÍA DA NAI.

É quedarse desvelada esperando que volva a/o fill@ da festa e, cando chega faise a durmida para non fastidiar. É temblar cando o fillo aprende a conducir, a andar en moto, a afeitarse, a namorarse, cando se presenta os exámenes ou lle saen as amígdalas. É entregarse o seu amor e o seu tempo sen esperar a que llo agradezan. É dicir que “son cousas da idade” cando nos mandan o carrizo. O peor defecto que teñen as nais e que morren antes de que un/unha alcance a retribuírlles parte do que han feito. Déixannos desvalidos, culpables e irremisiblemente orfos. Por sorte hai unha sola NAI. Porque ninguén aguantaría a dor de perdela dúas veces. (relato de Isabel Allende)

Esta é a miña felicitación a tódalas NAIS. Noraboas os meus parabéns


jueves, 1 de mayo de 2008

Raia versus Tempo

As veces sorpréndome do irónica que pode ser a vida e ata de que forma te pode castigar ou premiar. Hoxe celebrase a XIV edición da Festa da Raia, festa que se celebrou sempre o redor da Semana Santa pero que este ano decidiron cambiala a esta data porque estaba cerca do verán e así tamén podía ser garantía do bo tempo e atraer un maior número de visitantes a pesares de que o mes de maio non leva R no seu nome e a raia, que como ben saben os mariñeiros, os mellores meses para comer a raia sonche marzo e abril. O que máis me aleda disto é que a degustación volve a carpa como sempre se debeu manter.

Este ano decidiron premiar a José Antonio Maldonado (o home do tempo) para que os hoteleiros e os meteorólogos poidan chegar a un entendemento e que a tras queden as protestas dos primeiros porque, sempre na primeira cadea, no mapa do tempo sobre as Rías Baixas colocase unha nube cando en Sanxenxo, como ben cantaban Os Resentidos, facía un sol de carallo e agora coa entrega deste galardón poder negociar que a partir de agora en Sanxenxo o sol luzca en dito mapa e así evitar as anulacións de reservas por culpa do mal tempo, pero nesta negociación ninguén contou coa Nai Natureza nin cos 4 elementos da vida e a modo de protesta hoxe manifestáronse en forma de chuvascos, algo de vento, unhas temperaturas variables e de vez en cando aparece Lourenzo para avisar que maña se quedara connosco todo o día ¿serache un castigo divino?. E tamén felicitar a Mandita Sabarís que é a outra premiada coa Raia de Ouro.
A partir de hoxe en Sanxenxo a parte de celebrarse o Día do Traballador onde se celebraban as manifestacións organizadas polos sindicatos nas principais cidades do país tamén recordaremos a primeira sublevación da Nai Natureza.

Pero vémonos este fin de semana na carpa da raia para probar a novidade deste ano a Tortilla de Raia que ó fin é o cabo a festa é a festa e para iso están. BO PROVEITO.