lunes, 25 de febrero de 2008

A lei suprema é o ben do pobo

Escoitamos moi a miúdo que os xulgados es tan colapsados, que a xustiza é moi lenta, que os xulgados son escasos e así unha chea de motivos para explicar o retraso de sentencias pero cada día o retraso ira a máis pois dende o noso concello cada 15 días hai un recurso novo, unha apelación, un contencioso,....., e así non me estraña que o sistema funcione mal pero a miña pregunta é ¿En Sanxenxo necesitamos un goberno que saiba gobernar ou un xuíz que vele polo futuro do concello?.

Xa non chegaba os que había que agora a alcaldesa pretende denunciar a Sanidade polo tema do cemiterio e consecuentemente os veciños de Dorrón pediran explicacións e ata falan dalgunha que outra denuncia, logo temos o tema do polígono recurso vai recurso ven, temos os contenciosos da paralización dos Su, xa veremos que non tarda moito en haber un para o tema do Rebel e sen esquecernos da famosa Ronda que inda colea. Pero todo está relacionado co tema de Urbanismo e de novas construcións ¿a que se debe isto? ¿Quizais os responsables de urbanismo están a cometer erros, un tras outro? Pero o máis grave de todo isto é que si o concello perde hai que pagar as costas xudiciais e eses cartiños que tanta falta fan no concello poderian usarse para arranxar outro tipo de cousas necesarias.

O que parece e que ultimamente crécenlle os ananos a alcaldesa pero e todo por mala xestión e cada vez os veciños disque andan máis alporizados: os de Dorrón co cemiterio, os de Vilalonga co do Rebel e ata os peperos de toda a vida parece que empezan a renegar do grupo de goberno, logo estan os da plataforma da PO-504 que andan a voltas coa rotondas e unha xa non sabe que se vai a atopar 2 ou 4 rotondas e agora van comenzar as manifestación, logo temos os do polígono inda que ultimamente están moi calados (algo traman) pero tamén hei de dicir que moitas queixas son polo baixo non vai ser que algún se entere e teñamos que emigrar fora do concello (menos mal que no resto do mundo non aplican as ideas de Rajoy co tema do exame os emigrantes e poderemos buscarnos as fagas noutro lar), so sei que Sanxenxo en vez de ser Sanxenxo parece O Show de Truman pero con peor director. Sócrates xa dicía na súa época que “un estado onde queden impunes a insolencia e a liberdade de facelo todo, acaba por fundirse no abismo” ¿iso é o que queremos para Sanxenxo ?

jueves, 21 de febrero de 2008

É hora de que se vaian depurando responsabilidades

As veces teño o presentimento que para algúns políticos todo vale, que o máis importante é estar aí e facer obras para tapar bocas, sen pensar nas consecuencias nin que se pode estar a xogar cos sentimentos dos veciños. En Sanxenxo temos un claro exemplo co que esta a pasar co “cemiterio” de Dorrón, un cemiterio que foi inaugurado pola alcaldesa e representantes da asociación de veciños así como veciños. Ata hai todo ía ben, pois a obra era necesaria, pero ó final so queda nunha simple foto de inauguración .

E todo para agora atoparnos que dito camposanto non se pode usar por falta de permisos e por haber feito as cousas mal (como esta sucedendo ultimamente). Pero o inconcebible de todo é que hai tempo que ós veciños nos toman por tontos. Oxalá que tanto a alcaldesa como o concelleiro que tivo competencia nese asunto daquela, o xerente de urbanismo e máis o representante dos veciños non se teñan que ver nunca na necesidade de pedir un nicho prestado o día que lles fine un parente, que ese día algún familiar se adique a ir a mirar ó concello si no de Fontoira hai prazas e en vez de estar en familia, andar a mirar onde se vai a enterrar o corpo do finado como se fose unha simple mercadoría perecedoira porque o camposanto que tanto alagaron non se pode usar.

O máis indecente, cruel, triste e dunha baixeza total e xogar cos sentimentos e por iso os veciños estamos no noso dereito de pedir responsabilidades e que os responsables que cometeron eses erros dimitan dos seus cargos, porque teño que recordar que Rafael Vázquez como xerente de Urbanismo cobra 59.435€/ano e Catalina 64.400€/ano e permítense cometer erros de manual que habendo informes de Sanidade onde falan de que as distancias deben ser de 50m logo resulta que dan licenza e en vez de 50 son de 15 ou 20 m ¿onde estaban para ver si se cumpría a lei? ¿acaso esa non é a súa laboura? ¿non se creou una xerencia de urbanismo para velar que todo se axustase á lei e se leve a cabo o PXOM? ¿por que comenten tantos erros nos informes? (recordemos os SU paralizados, o informe ISA do Rebel) e por iso, tanto Angel como concelleiro de Urbanismo ou a mesma Catalina como responsabél última deberían proceder ó cese do persoal que emite informes favorábeis sen mirar si se poden emitir ou non, porque teño a impresión que en Urbanismo asínase sen mirar a lei, tan solo pola cara bonita do que presenta a documentación. ¿Ata cando o concello vai a aguantar tantas irregularidades? ¿Ata cando vamos seguir mostrando unha imaxe de concello mal xestionado e que esta seguido nos tribunais?¿Acaso non hai persoal cualificado ou os superiores non están ó día do que pasa? So pido que alguén me explique por que en Sanxenxo as cousas funcionan tan mal. Henry Van Dycke dicía que " O día da túa morte sucederá que o que ti posúes neste mundo pasará a mans doutra persoa pero o que ti eras será teu por sempre"

lunes, 18 de febrero de 2008

Duas formar de xestionar e unha mesma cor.

Moitos dos nosos coñecidos e amigos mudáronse a vivir aos concellos limítrofes ou cércanos un deles é o de Ribadumia, un concello que nos últimos anos creceu de forma espectacular. Por iso hoxe e despois de ler algunhas informacións quero afondar nunha cuestión que os veciños nos preguntamos moitas veces ¿A cor do partido que goberna no concello esta por riba do benestar dos veciños?. E digo esto por unha razón ben sinxela porque cada día que pasa en Sanxenxo so temos liortas e seguimos cos mesmos servizos que hai anos.

O concello de Ribadumia esta gobernado polo PP igual co de Sanxenxo, a alcaldesa de Ribadumia é unha muller igual que en Sanxenxo, iso por falar de similitudes e como diferenza teño que dicir que en Ribadumia como concellal teñen a Louzán e en Sanxenxo con capacidade de decisión e xestión a simple vista non vexo a ningún e en Ribadumia non teñen porto deportivo e en Sanxenxo si.

Pero agora vamos ver a capacidade de xestión das alcaldesas pois Salomé Peña (alcaldesa de Ribadumia) no pasado agosto acordou con Quintana adherirse ao Consorcio de Benestar de Vicepresidencia e con isto a alcaldesa vai a aportar os terreos necesarios si así se aproba no pleno para que Vicepresidencia lle construa o Centro de Día, un servizo moi demandado hoxe en día pola sociedade e non lle importa que Vicepresidencia sexa do BNG e ela do PP mentres os veciños poidan disfrutar deste ben social, pasando así Ribadumia a ser un dos mellores concellos da comarca en dotación de servizos. Pero aquí en Sanxenxo non, vamos por libres porque eles o valen e no último pleno votábase en contra de adherirse ao Consorcio de Benestar e a Rede de Galescolas tan so por pertencer a unha consellería do BNG, e así os veciños quedaremos sen poder optar a servizos tan so polo capricho dun color e por moito que vendan que van facer todo pura mentira pois no concello de Sanxenxo AS ARCAS ESTAN BALEIRAS, non hai cartos para obras, e sin cartos non hai servizos. Pero dende aquí voume permitir a licenza de aconsellarlle a Catalina que se sente a tomar un café con Salomé e que esta lle explica os beneficios de que as consellerías da Xunta aporten cartos para investimentos, que lle diga como negociar con Louzán para ver si así se acometen as tan prometidas obras da deputación porque si o tan prometido arranxo da Rúa Luís Rocaffort é o que estan a facer e mellor que quedara como estaba pois parece un quebracabezas de asfalto por non dicir un quebra-suspensións do coche.

O final so podo chegar a unha conclusión é que en Ribadumia esta en igual de condicións que Sanxenxo, cada día oferta máis servizos, os pisos máis baratos, o concello medra e inda por riba a alcaldesa sabe xestionar os recursos que lle ofrecen e non cobra o soldo que ten Catalina por facer o mesmo traballo pero por parte de Salomé con mellores resultados polo que se pode comprobar, ¿Quen realmente merece o soldo que se cobra en Sanxenxo: Catalina ou Salomé?. Cada día o teño máis claro hai alcaldes e alcaldesas que so saben gobernar cando a cor e o mesmo en tódolos estamentos porque así elles máis fáciles ocultar as carencias, o que se confirma con isto é que dende a Xunta gobernase para os galegos e as galegas por igual e non como pretender facernos crer que gobernan para os da mesma cor cousa que si facía o PP na sua época e logo temos resultados como o do polígono. As veces hai que saber que sitio se ocupa e si prometes darlle calidade de vida os veciños e che ofrecen a oportunidade aprovéitaa e non se pode ir con altanería e facerse os autosuficientes e logo escudarse en falsas escusas como que a Xunta esta a poñer trabas o concello e logo porque si ofrecen a oportunidade de poder ter as garderías e outro tipo de servizos non se ha de aproveitar esa ocasión. Se o final hai que aprender moito dos concellos do lado entre eles o de Ribadumia porque en Sanxenxo non se ven síntomas de melloría senón que cada vez as relacións diplomáticas tópanse máis enfermas e xa o dicía Gandhi: “Co puño pechado non se pode intercambiar un apertón de mans”

martes, 12 de febrero de 2008

Pola boca morre o peixe

Hemingway dicía que “o secreto da sabedoría, do poder e do coñecemento é a humildade” pois esta cualidade ultimamente anda moi escasa nos nosos políticos e xa que estamos en plena campaña electoral non podo deixar pasar a ocasión para opinar sobre algunhas cousas que viñen escoitando estes días e que me preocupa que alguén con semellantes ideas poida gobernar un pais e inda por riba que sexa no que vivo.

E digo todo esto porque entrando en Sanxenxo na Florida atópaste cunha valla en grande do PP coa foto de Rajoy e pon: “As ideas, moi claras” e o máis chocante é que esta en galego despois de andar por todo o estado español e incluso pola mesma Galicia desprezando o galego como lingua e so lle vou recordar un nome “Henrique Rajoy Leloup”, si o abo de Rajoy un dos impulsores do estatuto de Autonomía de Galicia de 1936 e despois de facer exhibición da sua fobia o galego agora vai e ponnos o seu lema en galego nas vallas pero sinceramente pensa que somos uns incultos ou simplemente nos esta insultando de forma clara. So teño que recordarlle que o galego é un idioma co-oficial e que non é un idioma do que avergoñarse como vostede quere facer crer e que como vostede pasea por Silgar solo sabe falar castelán pero recorde cando hai 30 anos falaba como un galego máis, se para ascender hai que renunciar as raíces ¿de que nos quere convencer?

E tampouco podo deixar pasar o tema do exame aos inmigrantes pois no fondo para min reflexa un claro sentimento racista e xenófobo pero por desgraza teño que recordarlle que Galicia é un pobo de emigrantes, en tódalas familias hai alguén na diáspora, ¿quen non ten algún familiar emigrado?, si señor Rajoy, non todos tivemos a fortuna de nacer en berce de ouro e moitos tiveron que ir que buscarse as castañas fora do seu pobo ou aldea como moitos dos que actualmente cheguen o noso pais, recorde que non so se goberna para os ricos tamén hai pobres que necesitan ideas, medios e sobretodo recursos.

Unha boa cura de humildade e o que fai falla nesta campaña e sobretodo deixarse de demagoxias e ser realista coa situación na que vivimos e non poñer atrancos o avance da sociedade a base de ideas medievais.

miércoles, 6 de febrero de 2008

¿Vagos?


Estes días estamos vendo como ata a Igrexa entra na campaña electoral coma un elefante nunha chatarrería pedindo o voto para o PP para logo escoitar as declaración de José Blanco onde “opinou que a Igrexa "cada vez ten mais difícil" este obxectivo de autofinanciarse "porque cada vez teñen menos seguidores". "Deberán preguntarse por que", sentenciou o dirixente socialista”.
E todo isto é moi normal pois antes practicábase máis o de “ORA ET LABORA” e claros exemplos delo témolos en Sanxenxo no Priorato de Arra, si nesta casa solariega d
o século XIX de dúas plantas e de 530 m2 na que vivían os monxes do mosteiro da Armenteira que se adicaban a cultivar a finca e a producir viño, parra que por certo ten máis de 200 anos e a este paso non sei si aguantara un máis, porque en vez de coidala e protexela como identidade do lugar esta abandonada e teño que recordarlle a Alcaldesa que estamos en época de poda e parrea por si non o sabe xa que ela é de mar.
Seguro que os monxes lle sabían quitar proveito a finca e grazas a ela mandaban suministros para a Armenteira e hoxe andan os seu descendentes andan a pedir o voto non vaia ser que se lles acabe a boa vida e teñan que dobrar o lombo para traballar como calquera cidadán da pe, e que claro a empresa con sede no Vaticano semella que lle dou un toque de atención a filial española debido a merma de ingresos procedentes entre outras cousas dos nosos impostos.

Lémbrome cando no mes de xullo do 2005 Telmo anunciaba que ía restaurar a casa do Priorato, a capela de San Amaro e o seu entorno e que se ían investir uns 186.000€ que saian da venta do 10% que lle correspondían ao concello no SU3 onde se atopa a casa e que as obras estarían rematadas en decembro do 2006 (o convenio de cesión da casa fíxose en novembro do 2004). Ese era o gran megaproxecto para Arra onde os veciños ían disfrutar dun espazo de lecer. No 2007 había orzamentados 100.000€ para a súa rehabilitación e por todo isto pregúntome ¿ cobrouse a monetarización? ¿que se fixeron cos cartos? ¿para cando a rehabilitación? Non se dan conta que o día que vaian so van topar unha pila de escombros, pero aquí xa sabemos que moito prometer e pouco facer.

Pois como vedes o final o tema esta en que nin a Igrexa se pode manter nin o goberno do PP de Sanxenxo pode rehabilitar o que ten, se o final é por un problema de cartos, non hai liquidez pero o que non din é que é por una mala xestión pero xa hai un par de meses que a Alcaldesa dixo que “ estaba disposta a buscar financiamento para acometer os traballos de rehabilitación do patrimonio adquirido (Priorato, Quintáns,...) nun prazo de 6 meses así que dende aquí voulle dicir que “MENOS ORA ET MAS LABORA”. E que ben o dicía o escritor Xacinto Octavio Picón (1852-1923) : “Deus perdoara a quen o negue; pero ¿que fará cos que cometen maldades no seu nome?


sábado, 2 de febrero de 2008

FAMILIA ¿saben o que é?

Estes días non fago máis que escoitar o de “son de Pontevedra” “son galego e os galegos somos así” “son conservador” (Mariano Rajoy) e mostran como o PP é o defensor da familia, pero claro da familia conservadora, tradicional quedando excluídos todos aqueles que vivimos fora de “como Deus manda”, e para iso saen curas e bispos defendendo teorías medievais entrando no xogo político cando o seu labor debería ser o de predicar a Biblia e confesar.

A familia non hai que defendela pois a día de hoxe abarca moitos conceptos o que hai é que pórlles medios e presupostos para que a sociedade avance. Por iso lévome preguntando ¿que se fai en Sanxenxo? aparte de conceder axudas as familias máis necesitadas pois hai un montón de actuacións que se prometeron no seu día e que seguen sen levarse a cabo como as garderías de Portonovo ou de Vilalonga nuns casos por falta de cartos e noutros por errores por parte dos técnicos o obviar certos informes. O importante é que se fagan, que as mulleres teñan prazas onde deixar os cativos e así conciliar vida laboral con vida familiar e non poñer escusas cando hai administracións que ofrecen convenios para facer as obras e por non ser do mesmo color político rexéitanse de forma instantánea sen pensar que lle estan a resolver a situación a moitas familia.

Pero tampouco debo deixar de mencionar o colexio de Vilalonga que tanto prometeron facer no Revel e firmando un convenio con Educación no que se comprometían a poñer os terreos a disposición da consellería, terreos os cales inda non teñen e así van pasando os meses mentres que o colexio para o vindeiro curso non dispon das aulas suficientes e a demanda de prazas no comedor aumenta tendo lista de espera por todo isto ¿que é máis importante un campo de fútbol ou un colexio?¿que ten máis prioridade a formación dos nenos ou un centro sociocultural? Alédame o menos ver que tódolos partidos apoiaron a moción para levar a diante este proxecto tan necesario para unha gran parte do noso concello e para o benestar dos cativos pois eles son os que verdadeiramente lle dan significado a palabra familia, pero tamén me da magoa ler hoxe nos xornais como CODESEVI vai pedir que medioambiente non requira o informe ISA para que se siga co proxecto do Centro Sociocultural pero deixan de lado o colexio, a gardería e o centro de saúde ou ¿acaso con ter un espazo onde botar un baile xa teñen todo o resto arranxado?, isto soname a propaganda electoral e a puro interese e que cada un mire polo seu pero usamos o nome de representantes de tódolos veciños para que así semelle que hai peso pero os nenos e os pais tamén son veciños de Vilalonga.

As veces para crear grandes obras debemos empezar por cubrir as necesidades básicas dos veciños e unha vez cubertas e cando os empezaremos a construir as grandes obras e demais parafernalias.

Falar de FAMILIA non se debería tomar tanto a lixeira e menos facerse defensor cando se buscan argumentos arcaicos e so se aceptan un tipo de FAMILIA pois na variedade esta a riqueza da nosa sociedade e menos xustificando ese concepto por vivir en Pontevedra porque o único que se consegue e avergonzarnos o resto de Pontevedreses. Como ben dicía Confucio ” Onde hai educación non hai distinción de clases”