miércoles, 28 de noviembre de 2007

Os eucaliptos non deixaban ver o mar










A veces unha imaxe vale máis que mil palabras e por iso os que pasamos tódolos días pola Granxa camiño dos nosos postos de traballo agora contemplamos como as vistas cambiaron de súpeto. Cando en medio planeta se esta a falar do cambio climático e das medidas que imos tomar para frear este cambio en Sanxenxo cambiamos os eucaliptos que se encontran no borde do litoral por bloques de ladrillo e cemento, pero claro as vistas a ría iso non ten prezo.

Empezáronse a desenvolver os SU1 e SU8 que están un a continuación do outro, entre os dous faranse o redor das 900 vivendas tanto colectivas como individuais. O máis grave de isto è que estes plans estan en primeira liña do mar e agora cando paremos no mirador da Granxa a contemplar a paisaxe vamos ver un urbanismo desaforado en vez de contemplar un paisaxe verde en consonancia co entorno, inda que as arbores fosen eucaliptos pois o menos axudaban a atraer a choiva que sitios onde obrar no concello inda hai sen ser en espazos que deberían gozar de algún tipo de protección.

* O SU 1 ten unha superficie de 102.050 m2 e ten un 0,506% de edificabilidade resultando 51.636m2 para construír cunha altura de B+2. 562 VIVENDAS

* O SU 8 ten unha superficie de 81.537m2 e ten un 0,50% de edificabilidade resultando 40.768m2 para construír cunha altura de B+2. 407 VIVENDAS

O Concello monetarizou o dez por cento do aproveitamento urbanístico do SU8 que lle pertencia e asi acadou para as arcas municipais un total de 3.248.765 euros que a día de hoxe non repercutiron nesta zona que segue tendo serios problemas cos servizos básicos.

Non debemos esquecer que un destes SU foi denunciado ante o TSXG por Salvemos Pontevedra e a día de hoxe inda non saeu a sentenza.


Que ben o decia René de Chateaubriand, un diplomático e escritor francés ala polo 1800: "Os bosques preceden as civilizacións, os desertos seguennas"

lunes, 26 de noviembre de 2007

Nota de última hora

Como ben puxen hai algúns días hoxe luns iase celebrar en Telesalnés o debate sobre a situación do polígono de Sanxenxo e sobre as infraestructuras do noso concello como ben poñia na Axenda Mediática deste blog.
Pois agora teño a obriga de informar que se SUSPENDE a emisión deste debate e o motivo polo que non se vai emitir é que dos 5 asistentes hoxe so aseguraron a súa presenza dous.
Os que finalmente dixeron que non ian acudir son: Manuel BARBEITO, CATALINA González e Isabel DOMINGUEZ.
Tras está nota so me queda dicir que: non creo os motivos polos cales se ausentan pero si me parece unha total falta de respeto hacia os veciños de Sanxenxo que non se dignen a explicarnos a situación na que se atopa o polígono porque saben que o pleno so van uns poucos e a prensa somos poucos a que a leemos pero a Telesalnés chega a máis fogares e quedarían en evidencia e sobretodo cando nalgúns medios (como este blog por exemplo) foi publicitado ese debate.
Saben que non teñen argumentos legais para apoiar a súa postura e con este feito dannos a entender a súa incapacidade para manter a súa postura e asi non quedar en evidencia ante toda a comarca do Salnés.
Feitos como este deixan claro que eles soio fan declaracións nos medios afins e que poden controlar pero nos que so salen as súas palabras.
¿A qué teñen medo?¿Qué ocultan?¿Por qué non queren que a maioría dos veciños de Sanxenxo nos enteremos do que realmente pasa na tele?¿Saben que non teñen razón e non queren quedar co cu o aire?ou será por ¿qué como a lei non os respalda incitar a que se cometan ilegalidades pode ser causa de delito? ¿Non teñen argumentos legais para defender a súa postura? ou será ¿Señora Alcaldesa qué os promotores do poligono (que non os propietarios das parcelas) non a deixan falar sin estar eles presentes?
Porque inda que non fose Barbeito, vostede señora Alcaldesa ou no seu sitio o concelleiro Angel que para iso leva a área de Urbanismo deberían explicar os veciños porque adoptaron esa postura.

Espero que nos dean unha boa excusa.

viernes, 23 de noviembre de 2007

Máis vale un toma que dous che darei

Vamos a abrir unha serie de capítulos adicados ó patrimonio municipal nos cales vamos a estudar e a analizar o seu estado e como estan conservados así como si hai algún plan para a sua restauración.

Hai uns días adicámoslle un artigo a Punta Vicaño e hoxe vaille tocar o Pazo de Quintáns en Noalla, un pazo que data o redor do 1606 e que consta de dúas edificacións e unha finca de 10.000m2 e que foi adquirido polo concello o 12 de maio do 2006 por 1.200.000€ e que se ía adicar a un museo da Sal, a residencia de visitas oficias e incluso a un lugar onde celebrar as vodas civís, uns días antes salia nos medios de comunicación a nova desta compra e o que se ía facer: “ Nos presupostos deste ano resérvanse unha partida de 1.350.000 euros, procedentes dos ingresos da Xerencia de Urbanismo, dos cales un millón douscentos mil euros irán destinados a compra do inmoble, mentres que os outros cento cincuenta mil dedicaranse a unha primeira actuación de acondicionamento da finca. O Concello dará prioridade a rehabilitación dos xardíns do Pazo para que poidan ser disfrutados como lugar de encontro polos veciños da parroquia de Noalla.” (La Voz de Galicia. 28/4/06)

Actualmente os únicos traballos que se fixeron ata o de agora foi a limpeza e a restauración dos muros do inmoble así como o pintado das rexas e dos portalóns e o peche dos mesmos pois calquera persoa accedía o Pazo sen ningún problema destinouse unha partida de 47.000€ e foi realizada pola empresa Atlas, S.L (a mesma que fixo a rehabilitación do muiño de Bordóns e no que che puxeron un paredón). Obras que se realizaron en Agosto. Pero os cables seguen pegados no muro e por toda a fachada principal que se cabe e ainda máis aberrante mentres as hedras e as malas herbas campan polo muro e a terra o seu libre albedrío. Xa se sabe que “casa sen dono, casa de todos”.
Entón agora non me queda máis que preguntar ¿Onde esta a rehabilitación dos xardíns?¿En que usaron os cartos desa partida? O máis triste disto e que o Pazo posúe unha Camelia de gran valor botánico cunha idade entre os 80 ou 90 anos e que é a única na sua especie que florece plenamente en Agosto e que ten moita fama entre os coñecedores deste mundo, e mentras os veciños do concello so vemos unha simple camelia e non disfrutamos dos xardíns que tanto íamos percorrer xa que 10.000 m2 dan pa moito. E despois saen na prensa que os xardíns do concello van a ser respetuosos co medio ambiente ¿Entón protexer as especies con valor non ten cabida ou non interesa? ¿Cando poderemos pasear por este xardín?
Do que é o Pazo en cuestión é incrible imaxinar que inda non hai 2 anos os antigos donos vivían nel, pois o aspecto de abandono é evidente así como o perigo de derrubo o que esta ameazado e seria unha pena que o día que se rehabilitase o único que se atoparía no sitio seria un montón de pedras. A balconada presidida polo escudo semella que cando azoute o norte da Lanzada vai ir po chan. Mirar esa capela presidida por un cruceiro como se atopa no esquecemento.
Estes días o concello está a sinalizar os monumentos do concello, entre eles este Pazo e cando te paras enfronte del o primeiro que destaca e a imaxe dos contedores de lixo amarelo e verde que tan ben fan xogo co entorno ¿Non os poderían poñer enfronte, ou movelos uns metros?
Un pazo que moitos concellos desexarían poder ter no seu inventario e que aquí o único que se fixo foi compralo para que quedase no olvido pois sempre din que o van a rehabilitar pero non nos enganemos son simples escusas de mal pagador, palabras para convencer o pobo pero que nunca se ve a execución desa partida. É seguro que nos presupostos do 2.008 veremos como esta previsto o seu arranxo, pero so iso pois as miñas dúbidas teño de que se vaia a arranxar.

lunes, 19 de noviembre de 2007

Concellal novo e leña verde todo é fume

Vamos adicarlle o artigo de hoxe a Martín Otero Otero o concelleiro de Xuventude e Deportes (524.116 pts/mes; 44.100€/ano; dedicación exclusiva). Un rapaz novato nestas lides e natural de Noalla, provén do mundo do mar pois traballaba nunha batea de mexillón, faise cargo da concellalía que quizais menos polémica e menos proxección a nivel veciñal teña, pois o seu ámbito de actuación esta dirixido principalmente a mocidade e ós nenos en idade escolar. Nos seus primeiros meses estivo nun terceiro plano pois alí onde el debería estar polo seu cargo xa que eran eventos relacionados co deporte estaban outro concelleiros como Illa, Almudena, Angel,... pero agora que xa se vai deixando ver vamos a analizar o papel que xoga dentro do seu departamento:

Deportes: esta quizais sexa a area que máis encaixe no seu perfil xa que nos seus anos mozos foi xogador de fútbol nalgúns equipos locais; nesta área vense desenvolvéndose o programa de anos anteriores e as mesmas actividades para os cativos menos a escola municipal de hípica que inda non apareceron Xana e Golfo (andaran buceando na lagoa que teñen enfronte) e deixaron de impartir as clases, así que ¿cando nos vas sorprender con algo novo e orixinal? Por certo ¿como van as obras da cidade deportiva de Sanxenxo? Seica iso esta parado por falta de cartos e para iso que somos un concello RICO, creo que estaría moi ben que no lo aclarasen. Pero como ben din os chinos “Se queres que algo se faga, mándallo facer a unha persoa ocupada

Xuventude: area na que se desenrola un programa con actividades para xente con unha franxa de idade comprendida entre os 14 ou 16 anos (dependendo da actividade) ata os 35 anos, programa que foi aprobado a principios de ano e que polo tanto inda Martín non puído aportar as suas ideas nin proxectos e teremos que esperar a ano novo para comprobar si se segue a mesma liña ou se aprecian os cambios de titular no departamento así como novos proxectos. Que razón tiña S. Pániker cando dixo “ A Xuventude dun ser non se mide polo anos que ten, senón pola curiosidade que almacena

Xa todos sabemos que Martín andivo estes últimos meses máis perdido que unha agulla nun palleiro pois inda que case todo o tiña feito deixaba que Angel seguise tomando as decisións, que o persoal que ten o seu cargo lle cambiase os esquemas de como se ía facer a actividade e Martín aceptábao, inda que din que para ser xefe primeiro hai que ser empleado e cuestión de carácter pois a veces hai que facerse respetar e deixar claro quen manda porque hai quen confunde o laboral co persoal pois din que eres a peza máis débil deste puzzle e a presión vai poder contigo inda que hai quen opina que xa o esta facendo, así que dende aquí vamos a animar a Martín para que nos amose as suas ideas, empece a plasmar os seus plans sobre a mesa, os cambios a mellor sempre son bos e xa que estamos acabando o ano vai poñendo as pilas e empeza a deseñar o futuro do programa de Xuventude e o de Deportes que xa sabemos que é máis fácil negalas cousas que enterarnos delas

martes, 13 de noviembre de 2007

¿Por qué no te callas?

Hai unha pregunta que nos rolda pola cabeza a moita xente e que seria moi interesante debater porque as distintas respostas poden chegar a sorprendernos. Hoxe a maioría da xente lee o xornal, outros usan a rede para estar informados, outros fano a traveso da televisión ou da radio, e é moi interesante ver como un mesmo feito poder ser contado de distintas formas. E por iso me fago a seguinte pregunta: ¿Cal é a IMAXE que está proxectando Sanxenxo? ¿Como ven a Sanxenxo máis ala do límite do noso concello?

Hoxe e ver ou oír o nome de Sanxenxo e xa nos tememos o peor, primeiro saímos en toda a prensa nacional co tema dos soldos galácticos e coa baixada dos mesmos para non contradicir os altos cargos. Despois saímos cun control do botellón cunhas cifras de identificación que rozaban o absurdo para logo terse que enfrontar o final do verán co peche dunha praia e a tardanza por descubrir a causa ou o peche de outras dúas praias por un verquido de gasoil. Logo chegou a orde de paralizacións dos SUs de Major e Montalvo por parte da Consellería de Medio Ambiente por carecer dos informes mediambientais correspondentes e sumase o aviso por parte da organización que outorga as bandeiras azuis de que se poden perder algunha debido a construción de urbanizacións preto das praias e o concello di que non paraliza nada e que segue adiante cos proxectos de urbanización para máis tarde sumarse a nova petición de paralización do SU de Noalla e ante as continuas negativas de paralizacións por parte do concello chega a nova dos contenciosos que a Consellería de Medio Ambiente lle impón o concello. Inda non recuperados destas paralizacións descubrimos que hai que paralizar uns PEIs e SU porque o Pxom non está adaptado as Lei 9/2002. E non esquezamos a continúa aparición da recalificación do humidal de Baltar.

Despois vamos un martes o quiosco a mercar o xornal e saímos coa Interviu na man e non precisamente pola rapaza da portada senón pola reportaxe que lle adican a Alcaldesa. Inda non nos recuperabamos da impresión de ver a comparación entre Sanxenxo e o Levante para toparnos cun enlace que hai que facer pero que ninguén quere pagar. Leemos declaracións de portavoces da Xunta de Compensación dicindo que a culpa e de Feijoo por ter presa para logo ver como o director de estradas da un prazo dunha semana para que se decidan e non tarda en saír as declaracións da alcaldesa dicindo que se a xunta non paga o enlace entón hai que votarse a rua e din que van cortar o tráfico da vía rápida con manifestacións pero entón días despois vemos como Barbeito nos conta que van a contratar os servizos dun “publicista-marketing” para que lles axude a levar a campaña mediatica de presión a Xunta de Galicia. Pero esto non acaba aquí porque se ordena mandar a Policía Local a paralizar as obras e a desaloxar os terreos onde se esta ampliando a vía para saír Caride na tele dicíndolle a Caty “que se deixe de enredar”,

Si, a verdade é que non deixo de sorprenderme coa campaña informativa sobre Sanxenxo, pois todas estas novas saíron en periódicos de tirada autonómica ou nacional, uns diran que é unha campaña de acoso e derribo (inda que moitos medios son afíns), outros diran que solo venden as cousas mal feitas (é que moitos opinan que son moitas e de carácter grave), outros diran que é cousa dos periodistas e que inventan para vender periódicos, outros pensaran que se podía contar máis do que se conta, pero o que é seguro é que teremos novas sorpresas e máis dun quedaremos pensando se vivimos nun concello real ou no pais de Nunca Xamais de Peter Pan.

viernes, 9 de noviembre de 2007

Vender o peixe antes de pescar moi mal negocio has tratar

Hai algún tempo que me rolda pola testa o valor que se lle ben dando as cousas neste concello e como se empregan os cartos públicos para adquirir ou vender o patrimonio municipal e por iso me vou permitir facer unha pequena comparativa entre dúas actuacións locais e dúas autonómicas:

    *Polígono industrial 23.000 m2: reclámanlle a Xunta 2,6 millóns de euros que deberían pagar por ocupación dos terreos que según parecen foron cedidos ó anterior goberno da Xunta pero sen haber firmado ningún convenio para facer o enlace ou ben facer a cambio o enlace.

    *Punta Vicaño 22.000m2: o concello merca este terreo por 7,5 millóns de euros.

    *Illa de Sálvora e os illotes Vionta e Noro: 8,5 millóns de euros e forman parte do Parque Nacional Das Illas Atlánticas e así garantir a súa conservación.

    *Illa de Cortegada: 1,8 millóns de euros e así pasa a formar parte do patrimonio público.

A miña conclusión é que neste concello vendese moi barato e mercase moi caro pois si o terreo do Polígono sae case a 115€/m2 en Punta Vicaño saíu a 340€/m2 estando afectado pola lei de costas foi mercado a prezo de ouro mentres que por medio de outras valoracións ou incluso expropiacións poderíanse aforrar moitos cartos. Adquirir patrimonio para espazos públicos e adicalos a equipamentos ten que ser unha prioridade co que non estou dacordo e co valor e menos se presuntamente hai intereses porque de todos é sabido que a familia Pazó propietaria dos terreos eran donos de barcos en Portonovo e a vinculación familiar por motivos laborais coa alcaldesa era moi próxima e directa.

Pero unha vez mercado iso supon un mantemento que non se lle esta prestando pois como ben amosan as fotos quitadas esta semana o abandono é total por parte do concello e isto recórdame unhas famosas declaracións feitas por J.M. Pombo onde dicía “que Feijoo tivo moita presa en colocar o cartel da construción da autovía do Salnés pero esqueceuselle firmar o convenio para facer o enlace do Polígono coa autovía” e en Vicaño parece que tamén tiveron moita presa para comprar e abrir ó publico este espazo durante a campaña electoral pero que se esqueceron de que hai que acondicionalo e mantelo nun estado axeitado e non cunha imaxe de abandono total. Inda que si o miramos ben temos en Sanxenxo centro un terreo no seu estado case salvaxe e ata lle podemos sacar partido a isto e vendelo como paisaxe típica de abandono de leiras por falta de limpeza.

O que non comprendo é que inda por riba de haber pagado semellante cantidade de cartos non fosen capaces de adquirir o piorno e o cruceiro para conservalos dentro da parcela e así aumentar o patrimonio e permitir que se trasladasen para dentro da finca dos antigos donos que aínda conservan pero claro despois moi amablemente o concello si é capaz de facerlle os garaxes e manterlle o acceso a propiedade privada pola parcela do concello, non me estrañaría nada que os antigos donos inda lles durase o ataque de risa con semellante operación inmobiliaria pois cobraron 7,5 millóns de € a cambio duns 22.000 m2 afectados por costas nos que non podían facer nada e conservan os elementos etnográficos, un garaxe novo e o servicio de paso pola propiedade do concello e para máis inri a parcela mantén o seu estado máis natural. E normal, pois ante todo debe prevalecer a conservación do entorno no seu estado máis primitivo.

Xa o dixo J. Ruskin “Perder os cartos é a miúdo un delito: adquirilos por malas arte é aínda peor, e malgastalo e o peor de todo.

sábado, 3 de noviembre de 2007

Sentencia do tribunal superior de xusticia Ronda Non

Esta semana o TSX dictou sentencia contra a suspension de licenzas con motivo da construcción da Ronda e aqui vos deixo o correo que me enviou a plataforma para a súa difusión :

Co rogo da súa publicación no seu Blog

A plataforma Ronda Non de Sanxenxo, quere comunicar á opinión pública o seguinte:

O Concello de Sanxenxo decreta a suspensión de licencias de construcción no ano 2004 con vistas a facer a Ronda. A nosa Plataforma denunciou que esa suspensión era ilegal e a Xustiza deunos a razón. Telmo Martín recorre a sentencia, aínda que eso era un acto inútil, xa que rematara o prazo. Era tirar cos cartos dos cidadáns.

Finalmente a Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Galicia acaba de fallar de xeito definitivo que esa suspensión foi totalmente ilegal, xa que é contraria ao artigo 77.4 da lei 9/2002, tal e como nós lle diciamos desde un principio. Ademais impón as costas ao Concello, é dicir, que os cidadáns de Sanxenxo terán que pagar o caprichoso recurso do Equipo de Goberno do que formaban parte entre outros Telmo, Catalina, Angel, Paz, Manuel... . Todos levantaron a man cando Telmo llo pedía, por tanto todos son responsables.

O Concello de Sanxenxo ten como costume facer as cousas de maneira irregular e con presas por desenvolver proxectos urbanísticos especulativos que reverten en lucro para unha minoría, pero o que é escandaloso é que se viole a lei de forma tan clara e flagrante, e que non rectifique cando se llo fai ver, co conseguinte prexuízo para o pobo de Sanxenxo.

Telmo Martín e Catalina González (concelleira daquela e activa defensora desta actuación) deben asumir a responsabilidade política que lles toca por promover esta ilegalidade, e non dubidamos de que o farán se teñen un mínimo da dignidade da que presumen.

Bordóns, 3 de novembro de 2007


viernes, 2 de noviembre de 2007

De protexida a ignorada pero moi ben remunerada

Chegóulle o turno a Mari Paz Lago (565.712 pesetas/mes; 47.600€/ano) a concelleira de Cultura e Educación e a responsable do Organismo Autónomo Terra Sanxenxo. Ocupou a mesma concellalía con Telmo e a maioría sabemos que era a elixida para ocupar a silla que Telmo deixaba valeira coa sua marcha pero as presión por parte dalgúns compañeiros e a falta de carácter e agallas para aceptar dou como resultado a elección de Catalina, pero non temos de que preocuparnos pois índa que moitos do partido e mesmo a propia Cati non poden esquecer que ela era a favorita de Telmo e que a necesitaban para recadar os votos suficientes para gobernar Telmo ten reservado para ela algunha sorpresa nas vindeiras eleccións autonómicas. Si, xa sei que iso pódese traducir en que nos abandone e que chega un momento en que vai saír voando do niño pois moitos empuxan para que salte e poucos a reteñen. E todo isto dou lugar que o trío formado por Cati, Angel e Paz neste momento sexa un dúo Cati – Angel e unha pedra que pouco a pouco a converten en area que é Paz, pois ser a preferida de Telmo, cando agora nin corta nin pincha, parece que lle esta traendo moitas dores de cabeza pois a larga xa se sabe que foi un mero instrumento para que outra alcanzase a súa cota de poder. Que xa se sabe que “amigos que loitan por un codelo, ou a fame é moita ou o querer é pequeno”. Xa o decia Rabindranath Thagore, un filosofo indio que “Non é fácil dirixir os homes; empuxalos, en cambio, é moi sinxelo”

Vamos a analizar as súas areas de competencia, comencemos por CULTURA: neste concello as actividades e os programas que se levan a cabo son practicamente os mesmos hai 3 anos que na actualidade, a oferta e escasa pois se descontamos as festas que son organizadas por outros colectivos e a oferta teatral ¿que hai? No verán fanse máis actividades para ofrecerlles algo ós visitantes ¿pero en Inverno para a poboación local que nos ofrecen? ¿algún programa de eventos musicais?¿algún curso, seminario, oferta cultural interesante? E parece mentira que tendo un pazo de cultura chamado Emilia Pardo Bazán nunca lle adicaran unha semana cultural a esta escritora como si se fai con outros escritores da comarca do Salnés e isto e por poñer un exemplo das moitas actividades que se poderían e facer e que non fan. Despois cabe destacar a “ampla” oferta de museos que temos no concello destacando a “Telleira” que se utilizou o día da inauguración, uns días para dar clase de informática ós xubilados e para unhas xornadas de ecoturismo e xa sufriu as inundacións polo mal estado das cañerias debido a gran utilización que sofren ou porque as cousas feitas a presa para o lucimento traen graves problemas de estrutura. E si queremos ver algunha das exposixións itinerantes vamos os concellos veciños e así imos dar un paseo pois en Sanxenxo xa estamos tódolos días.

Agora vamos a analizar EDUCACION: tema moi delicado pois aquí estamos falando do futuro dos nosos nenos. As partidas que se lle adican a este apartado son para a compra de ordenadores ou amaños nos centros, reparacións que este ano se realizaron cando comezaron as clases co risco que iso acarrexa na seguridade dos cativos. Pero no que se falla e no tema da conciliación familiar pois só nun colexio hai un comedor para os cativos aparte do Plan Madruga que permite ós pais adecuar o horario escolar co horario laboral ¿porque no resto dos colexios non temos comedores?¿non se podería implantar o plan madruga en máis colexios? pero claro hai que destacar que nese colexio todo se leva a cabo por parte da ANPA e sen ningún tipo de axuda por parte do concello porque a axuda só se presta na realización dalgunhas actividades extraescolares que fai o grupo de animación sociocultural e algunha pequena subvención para que algunhas ANPAs non se alteren demasiado. O problema máis grave e a falta de interese que se mostra dende o concello pois e moi rara a asistencia da concelleira a reunións da ANPA a lo menos polo colexio do meu cativo non se asoma e polo que me contan no resto pasa igual. Para exemplo temos o tema das marquesiñas que había pais que as reclamaban e coa sua colocación mataron dous paxaros dun tiro: contentaron ós pais e déronlle a gañar algúns cartiños o que ía no número 16 na lista do PP por facelas. E recorda que "o que se aprende na cuna, dura para sempre"

Pero Paz ti tranquila que xa sabes que a cultura non vende na terceira idade que é a maioría do electorado popular, ti con facerlles unha laconada e unha festa de disfraces por antroido xa os tes no peto e prepárate para o salto a Santiago. E mal por mal teño que destacar que a lo menos tes experiencia nestas lides e a túa labor pasa moi desapercibida ben por falta de ideas ou porque sempre se traballa seguindo unha rutina e as novidades vamolas ver noutros concellos.

Canta razón tiña o escritor suízo Henry F. Amiel ala polo 1850 “Non nego os dereitos da democracia; pero non me fago ilusións respecto o uso que se fara deses dereitos mentres escasee a sabiduría e abunde o orgullo