sábado, 30 de junio de 2012

Porque protestan os de Emerxencias?

Escoitar a unha alcaldesa dicir que ela non pode desempeñar o seu labor por menos de 2.700 euros ao mes é de vergoña, e di que si alguén o pode facer por menos que o faga, pois xa sabe que dimita para probar si se pode facer ou non. Dicir que con 2.700 euros non ten hipoteca porque non pode permitila é un insulto a todos os veciños de Sanxenxo e a todos os parados que están facendo números para conservar as súas vivendas. Pero de esto falaremos máis o miúdo esta semana.

Hoxe quero colgar un comunicado que me enviaron onte o traballadores de emerxencias no que expoñen o porque da súa protesta, e que paso a copiar tal cual mo enviaron:

Mensaxe enviado o 28 de xuño do 2012:
"Os traballadores do Servizo de Emerxencias do Concello de Sanxenxo, movilizaranse mañá día 29 de xuño de 2012 para reivindicar as 9.30 da mañá na casa consistorial, os dereitos que lle foron arrebatados.
Debido ó plan de axuste acometido pola xunta de goberno deste concello, os traballadores deste servizo, non só sufriron a xa coñecida baixada de salario do 5% a tódolos empregados públicos, senón que polo devandito plan de axuste SON OS ÚNICOS TRABALLADORES DO CONCELLO QUE VIRON REDUCIDO O SEU SALARIO e nun porcentaxe do 15%.
A maioría destes traballadores, adicados á seguridade do cidadán, que poñen en risco a súa vida os 365 días do ano, non chegan os 1.000 euros netos mensuais.
Por todo isto, reclamarán mañá un trato igual, sobre todo por parte da xunta de goberno, e manifestarán o seu profundo descontento con esta flagrante discriminación á que están sendo sometidos.

PLAN DE AXUSTE, SÍ; PERO PARA VÓS TAMÉN
"

Unha vez personados no Pleno para reclamar os nosos dereitos, queremos facervos coñecedores en máis profundidade da nosa situación. No ano 2006, cando ocurreu a desafortunada vaga de lumes, prácticamente todo o persoal do servizo estuvo dispoñible as 24 horas para facer frente os lumes e prestar axuda os veciños. Froito disto, o equipo de goberno comprendeu e comprobou de primeira man, a importante labor que desenrolabamos e os riscos os que estábamos expostos, non so nesa tempada máis "mediática" senón os 365 días do ano. Logo de manter reunións, consideraron que o salario que percibíamos, na maioria dos casos en torno os 900 euros netos o mes, non se correspondía coas devanditas condicións de traballo extremas, polo que decidiron incrementar o salario dos traballadores en 3.000 euros anuais ese mismo ano. Debido a que non se puido introducir no presuposto e consolidalo no salario, este importe foi introducido en concepto de "Incentivo", pero pola naturaleza do noso traballo, é evidente que non se pode medir a nosa productividade xa que non realizamos tareas de producción. Os anos seguintes, pese á insistencia na necesidade de consolidar e formalizar esa subida salarial, seguise mantendo o concepto de "Incentivo". Xa no 2012, co famoso plan de axuste imposto polo Goberno Central, dende o equipo de goberno, maniféstanos de maneira unilateral e o último día antes de aprobar o devandito plan; que o plan explícitamente impide abonar ningún tipo de incentivos e tampouco e posible aumentar a cuantía do presuposto, polo que seremos os únicos traballadores do Concello que verán reducido o seu salario por motivo de dito plan. Tras intentar negociar unha solución a esta baixada de salario, plantexando diversas alternativas ó equipo de goberno entre as que estaban incluso a reducción de certos dereitos que temos por convenio, o equipo de goberno non puxo nada da súa parte por chegar a acordo. Neste punto, e sen outra saída vímonos na desagradable obriga de facer coñecedores os veciños da terrible inxustiza que estabamos vivindo e por ese motivo nos personamos no pleno do día de hoxe; pleno no que pais de familia que nalgún caso son os únicos mantedores da sua familia e que como se dixo antes cun salario en torno os 900 euros netos o mes, tiveron que escoitar coma a alcaldesa, Catalina González Bea, dixo que "con 2.700 euros eu non me podo permitir unha hipoteca". Polo tanto a propia alcaldesa está admitindo que se ela ten problemas para afrontar o día a día, eses pais de familia con fillos, hipoteca, e un salario en torno os 900 euros netos ó mes, terán 3 veces máis problemas, agravados coa inxustiza e o ataque desta corporación. Tan so se pretende ter dereito a unha remuneración digna polo traballo desenrolado por estes profesionais, e se é necesaria unha reducción do salario do 15% ¿por qué os membros do equipo de goberno non dan exemplo ós veciños e ós traballadores municipais e son os primeiros en aplicalo sobre eles mismos?