lunes 21 de noviembre de 2011

Detrás de Cati NON

Crónica política escrita por Adrián do Diario de Pontevedra

"

O día que 'Quin' dixo: ''Detrás de Cati, non''


14/11/2011 - Adrián Rodríguez (Pontevedra)
O seu xuízo e condena foi unha das noticias do ano. Non tanto pola malversación de caudais públicos na Confraría de Pescadores de Portonovo como polo protagonista en si. Porque poucas persoas hai máis coñecidas no municipio de Sanxenxo, e especialmente en Portonovo, como Joaquín Domínguez Bea, ‘Quin'. En 2002 un compañeiro do Diario chamáballe 'O home orquestra'. Era, ao mesmo tempo, portavoz municipal do PP, concelleiro de Facenda, secretario da Confraría de Portonovo e presidente da Federación Galega de Piragüismo. Un ano antes era incluso concelleiro de Seguridade Cidadá. Esa foi, quizais, a súa chegada ao cume, o momento álxido dunha carreira que iniciou unha lenta costa abaixo culminada esta semana coa condena por haberse apropiado de case 150.000 euros na confraría.
Ao pouco da súa chegada á política, Domínguez protagonizou a negociación cos locais de copas do municipio de Sanxenxo para unha volta á legalidade de horarios e ruídos. ''Era unha 'pataca quente', pero estou moi orgulloso desa época. Claro que houbo conflitos. Era difícil compatibilizar o descanso dos cidadáns coa movida'', relatou Domínguez Bea nunha entrevista concedida a este xornal en 2003.
Esa negociación quedou á metade porque o entón alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, asumiu persoalmente as competencias en seguridade cidadá en 2001, dous anos logo da chegada ao poder do PP. ''Aquilo non estaba plenamente xustificado. Iniciaramos un camiño de regular os locais cos sonógrafos, o mapa de ruídos...'', dixo Domínguez Bea, que, aínda así, afirmou habelo acatado a reorganización ''con disciplina''.
Nalgúns círculos interpretouse como un intento por cortarlle as ás a un concelleiro que estaba a adquirir moito protagonismo. A versión da contorna do exalcalde é moi diferente. ''Non resolveu o dos pubs'', resolve un dos colaboradores de Telmo Martín aquela época. Segundo ese punto de vista, o tempo ía pasando e non chegaban as solucións. ''Tocaba demasiados paus, tiña demasiadas cousas que atender'', engade a mesma fonte.
A confianza do alcalde foise rachando aos poucos. Só dous anos antes, en 1999, Telmo Martín decidira sumalo ao seu equipo como número dous da lista. O aínda portavoz municipal do PP en Pontevedra estaba a formar o seu equipo e decidiu asesorarse. Coñecía perfectamente a importancia de Portonovo nunha lista electoral e reuniu na súa casa, a construída preto da súa empresa principal, Ferros Santa Cruz, ás forzas vivas de Portonovo. Alí, na súa adega, unha vintena de persoas dos colectivos máis representativos da vila mariñeira mostrou as súas opinións e saíu o seu nome. ''Telmo buscaba a alguén que representase ben a Portonovo. Quin foi o elixido'', comenta outro colaborador de Telmo Martín nesa época.
Os verdadeiros problemas, con todo, chegaron en 2003. A pesar de que Joaquín Domínguez era o número dous e o portavoz nos Plenos, onde demostrou unhas notables artes de oratoria, outras dúas persoas eran os verdadeiros colaboradores directos do alcalde: Fernando Villaverde, encargado da parte de xestión municipal e obras, e Catalina González Bea, centrada na área social. Este feito tivo especial relevancia na confección da lista das eleccións dese ano: Telmo Martín elixiu a Catalina González como número dous. Dado que tanto ela como Joaquín Domínguez, eran de Portonovo (son primos carnais e criáronse case como irmáns), o alcalde preferiu intercalar a representantes doutras parroquias e ofreceu a Domínguez o numero cinco, unha rebaixa de tres postos. Él dixo que non. A pesar de non querer entrar en moitos detalles, explicouno na entrevista concedida entón: ''Telmo fíxome unha oferta que non podía aceptar e que creo que sabía que non podía aceptar por dignidade. Non se se é que el tiña a intención de que non fóra, pero , en principio, díxome que contaba comigo porque dera descártelos unha semana antes. A verdade, non sei por que o fixo''. Dentro daquel equipo de concelleiros que tiña Telmo Martín é coñecido que Joaquín Domínguez dixo que por detrás da súa curmá Catalina non ía na lista.
E non foi. Pero o problema non quedou aí, porque as relacións entre os dous curmáns deterioráronse a pasos axigantados. Cando Domínguez incorporouse ao equipo do PP en 1999, Catalina González xa levaba catro anos na oposición. A pesar diso, non opuxo obxeccións a que o seu curmán a adiantase'. Catro anos despois, coa situación á inversa, si houbo problemas. Joaquín Domínguez non o asumiu con gusto e incluso chegou a pedirlle que renunciase a ese posto. A súa curmá dixo que non, converteuse na man dereita de Telmo Martín e na súa sucesora cando o entón alcalde deu o salto a Pontevedra no ano 2006. Desde entón, con dúas eleccións polo medio, mantense no poder. As relacións entre ambos, deterioradas desde 2003, romperon definitivamente cando en 2005 estalou o escándalo da confraría.
Os tempos dos dous curmáns xuntos no Concello de Sanxenxo
A instantánea corresponde a xullo de 2002 nunha visita do entón principal golfiño de Fraga, Xosé Cuíña. Joaquín Domínguez era o portavoz municipal e concelleiro de Facenda e Catalina González, a responsable de servizos sociais. Un ano despois a relación rompería. 
Do traballo durante o 'Prestige' á condena
Portonovo foi unha das capitais de Galicia durante a crise do Prestige, en 2002. O porto constituíuse nunha das bases principais do operativo de urxencia despregado e a súa xestión foi posta como exemplo en toda a comunidade. Dous das persoas que tiveron moito que ver naquel despregamento foron o patrón maior, José Antonio Gómez, e o secretario, Joaquín Domínguez, entón íntimos colaboradores.
Era habitual velos aos dous a pé de porto organizándoo todo, facendo xestións, indo de aquí cara alá, dando ordes naqueles días frenéticos de novembro e decembro de 2002. Desa época gárdase no arquivo unha foto de ambos, xantando pasadas as tres da tarde no comedor improvisado que se habilitou na nave de rederas, dando conta duns mexillóns da ría, nun intento de facer ver á poboación que non había ningún problema en consumilos, indignados os dous porque nalgunhas zonas de España puxéronse en marcha campañas que pretendían axudar a que os nenos galegos tivesen xoguetes en Nadal.
Pouco logo da crise e envolvido nun conflito xudicial polo seu posto na confraría, Domínguez tivo que incorporarse á praza que lle correspondía, a de secretario na confraría de Marín. Con todo, tal era a confianza nel dos pescadores de Portonovo, que, a pesar de perder a súa condición de secretario, Gómez Castro seguiu contando con el como asesor.
Pero en apenas tres anos, a súa situación deu un xiro total. En xaneiro de 2006 Joaquín Domínguez non era nin portavoz, nin concelleiro, nin secretario da confraría nin presidente da Federación Galega de Piragüismo. Este foi o último cargo que perdeu. Foise antes de que se decidise a legalidade dunha moción de censura que se fraguou na súa contra, cansado de todo, segundo asegurou. Domínguez estaba entón visiblemente máis delgado. O pau definitivo chegáralle só seis meses despois de que se destapase o escándalo na confraría, pero se foi do piragüismo disparando a destra e sinistra. Dixo que nas eleccións á Federación Española falsificáronse votos e que o perseguiron porque non era manexable. Agora, cinco anos despois, espera a decisión do xuíz para saber se irá ao cárcere. "

20 comentarios:

  1. Las declaraciones hoy en la prensa de nuestra alcaldesa del PP: solo a una mente tan selecta como puede ser la de la alcaldesa de Sanxenxo resalta la importancia que tendrá " el posible destino vacacional del presidente electo" bien por D. Mariano si puede seguir con su vida normal, bien por la alcaldesa al intentar dirigir los destinos de los demas, y no menos bien por el presidente del CETS que parece ver reducido su trabajo a que Rajoy fuere elegido presidente.
    Mejor eso que resaltar que por primera vez tengamos a una Diputada Nacional de nuestro pueblo (natural de A Salgueira, Vilalonga) que tengamos de diputado tambien a su antecesor en el partido y en la alcaldía, y que tengamos de presidiendo el gobierno al partido que ella forma parte, pues es de suponer que las medidas para las que fué elegido no sean el destino de sus vacaciones si no las medidas que empiece a tomar redunden en que todos los españoles las puedan tener y disfrutar.

    Si el futuro de la economía de este Concello pasa por el veraneo de Rajoy Brey apaga y vamonos.

    No se si este tema tiene el suficiente calado para que abramos un debate, pero merece la pena pensar en alto.

    ResponderSuprimir
  2. Aragunde destaca a Rajoy como “bo xestor” y augura una mayor implicación del Gobierno con la localidad

    ResponderSuprimir
  3. También valoró positivamente el hecho de que Rajoy sea un visitante habitual de la comarca y la conozca de siempre. “Agora cando se lle comente un problema que hai en Castrelo, por exemplo, vai saber onde ubicalo. Creo que o nivel de involucración vai ser maior”, explicó. Asimismo, considera que beneficiará a los sectores productivos más importantes de la localidad: El mar y el vino. Es más, sobre el primero, “estou convencido de que Galicia volverá ter o peso que merece na Unión Europea”. Del mismo modo se refirió al marco internacional, donde cree que la nación “voltará ter o peso que tiña con Aznar”.

    Aragunde no obvió que la labor de Rajoy al que destacó como “home de Estado, traballador e bo xestor”, deberá desarrollarse en unas condiciones muy poco favorables, sobre todo, en cuestiones económicas. De hecho, apuntó que “precisa tempo” pero se mostró seguro de que con “sacrificio e traballo” sacará al país de la crisis y cumplirá con otros objetivos.

    ResponderSuprimir
  4. porque non podemos ter un rexedor normal como Aragunde ou outros

    ResponderSuprimir
  5. Los regidores de Poio y Caldas no esperan grandes cosas. «Rajoy xa foi ministro no Goberno de Aznar e eu xa estaba na alcaldía e non notamos nada», expuso Luciano Sobral. En Caldas también se muestran escépticos. Juan Manuel Rey cree que la coyuntura económica no despegará en esta legislatura, pero si hay cierta mejoraría no desaprovechará la oportunidad para reclamar la variante oeste con un trazado consensuado o la pasarela peatonal paralela al puente de la Herrería

    ResponderSuprimir
  6. 10:59

    Me has quitado la reflexión de la cabeza. TOTALMENTE DE ACUERDO.

    ResponderSuprimir
  7. A anonimo de 11:11
    Es que Sanxenxo es diferente y por tanto teneis una alcaldesa diferente. Pagais mas caros los impuestos y teneis menos servicios que Cambados.Teneirs un ratio de deuda por habitante muchos más alto que Cambados. Teneis una dirigente que elude el cuerpo a cuerpo con el pueblo, mientras que en Cambados a Aragunde es lo que más le gusta de la politica. La partida presupuestaria que teneis para sueldo de los politicos (Alcaldesa, Cocejales liberados, etc) es infumable para un concello de esas dimensiones (Aragunde debe cobrar la mitad del sueldo de Catalina). El tejido empresarial de Sanxenxo se concentra en el turismo, por no tener ni tiene un poligono industrial (el de Nantes le llamaremos JARDIN SILVESTRE), Cambados diversifica mas su economia, turismo, Poligono industrial consolidado y a pleno rendimiento, 2 de las principales bodegas de la D.O. Rias Baixas, La mayor cooperativa Hortifruticola de la provincia. En Cambados se trabaja por y para la gente del pueblo, en Sanxenxo todo esta dirigido al turista, pero pagado por los impuestos de la mayoría de la gente que no vive del turismo. ¿Que servicios tiene una persona que viva en limite del concello (Por ejemplo que viva en la carretera de la Vichona a Dena) y que no tenga su vecino de Dena pagando la mitad de los impuestos?. En Sanxenxo se vive de la ilusión y del buen vivir de los turistas, en Cambados del trabajo. Y como todas estas cosas se pegan, Catalina vive de ilusiones, de que no llueva en el verano, de que Rajoy veranea en Sanxenxo (cosa que ya lleva varios años que no lo hace ya que lo hace en Sisan), de que el Sr Presidente del Gobierno este de vacaciones. Mientras que en Cambados se preocupan de que el Sr Presidente trabaje, que tiene mucho trabajo que hacer, que de los resultados obtenidos algo le tocará.

    ResponderSuprimir
  8. Sublime 16:49, SUBLIME.

    ResponderSuprimir
  9. Aragunde for president! Viva Cambados, viva, viva!!!!! Jodeeeeeeeer.......

    ResponderSuprimir
  10. Hoy en el Diario de Arousa se puede leer una noticia que dice "El aparejador municipal agiliza los trámites para legalizar las obras en su vivienda". Esto ya es el colmo de los colmos. ¿Como se puede entender que alguien que vive a costa de todos los vecinos, que pagan religiosamente sus impuestos, se pueda reir de esta forma de todos nosotros? ¿Que empresa mantendría en nómina a un empleado que les está estafando? ¿Como alguien conocedor de la materia infringe toda la normativa tributaria, construcción, seguridad, etc? ¿que confianza nos demuestra gente como esta?. Usted, comprador de un coche se dejaría guiar por los consejos que le da el comercial de un concesionario cuando esta persona, el coche que tiene es de otra marca distinta a la que le quiere vender. ¿No les parece que gente como esta es la que le da la imagen que todos tenemos de los funcionarios?.
    ¿Que te pasaría a ti (marinero, obrero o agricultor), ignorante de toda la normative vigente en materia tributaria y de construcción, si haes una obra ilegal? TE FOSTIARIAN VIVO. ¿Que pasará con el aparejador municipal? NADA y a seguirse riendo de todos los que nuestros impuestos pagamos su sueldo

    ResponderSuprimir
  11. y yo me pregunto si su expte. pudo ser o no manipulado al tener él el acceso al mismo?

    ResponderSuprimir
  12. Pues yo me pregunto que hace la Alcaldesa al respeto, parece que lo premia.
    Y otra cosa este señorito no tiene que retirar y en su finca no hay construido demas

    ResponderSuprimir
  13. Pero bueno... Vaya panda de BORREGOS
    Antes de sacar a lingua a apastar, informadevos ven.
    O aparejador xa ten unha sanción... A que lle corresponde polos feitos.
    Ademais... Si pode legalizar as obras, sempre que sean legalizables, como calquer veciño.
    O exemplo} o BOA VISTA ( baltar ) lle deron varias oportunidades para legalizar os apartamentos.
    Pero... Sempre pasaron do tema, hasta que veo unha ORDEN DE DERRIVO.

    ResponderSuprimir
  14. Para o que iba a denunciar ó dia seguin te do xuicioNov 26, 2011 03:22 AM

    GaliciaVolver
    MARÍTIMA
    Condenan al exsecretario del pósito de Portonovo a 4 años de prisión
    La sentencia inhabilita a Domínguez Bea ocho años como funcionario

    Autor:
    m. g., l. p. pontevedra / la voz
    Fecha
    26/11/2011
    El exsecretario de la cofradía de Portonovo, Joaquín Domínguez, ha sido condenado a cuatro años, seis meses y un día de prisión como culpable de un delito de malversación de caudales del pósito, según la sentencia de la sección segunda de la Audiencia de Pontevedra que trascendió ayer. La magistrada aceptó la propuesta del ministerio público que argumentó la pena de cuatro años frente al máximo de ocho que prevé el Código Penal. El fiscal señaló que en este caso, y en contra de lo planteado por la acusación particular, la conducta de Domínguez Bea no se podría considerar agravada por ninguna circunstancia, por lo que solicitaba la mínima aplicable.

    En la misma resolución judicial, también se le inhabilita durante ocho años -dos menos de los propuestos por el fiscal y cuatro por debajo de los reclamados por la acusación particular- para el desempeño de su trabajo como funcionario.

    Domínguez, que en la actualidad trabaja en el pósito de Marín, evitó ayer comentar la sentencia, que todavía es recurrible ante el Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

    La dureza de la resolución judicial sigue la contundencia del veredicto del jurado popular, que por unanimidad encontró al acusado culpable de todos los cargos que se le imputaban menos uno. Además, presumiblemente se verá obligado a devolver algo más de 150.000 euros propiedad del pósito y que el jurado determinó que se había apropiado.


    Subvenciones para el pulpo

    Al condenado se le hizo responsable de la malversación de fondos de la cofradía, tanto en concepto de dietas y otras actividades como por subvenciones del plan del pulpo. Domínguez Bea es una persona muy conocida en Portonovo, ya que fue edil popular de Sanxenxo y expresidente de la Federación Galega de Piragüismo.

    ResponderSuprimir
  15. 22:56 : borregos? no soy yo el que pondrá adjetivos a nadie, pero míratelo bien, pues que tiene que ver el Boavista, pues lo que le derribaron era ilegalizable, en cuanto a lo de este individuo, claro que tiene los mismos derechos que los demas a legalizar su situación, pero, hasta el momento que se dee el caso ¿no crees que los mas normas, (YA NO VOY A ENTRAR LO MAS LEGAL) SERÍA TENERLE SUSPENDIDO DE EMPLEO Y SUELDO, pues no se si podran ser los exptes. manipulados o no al tener este Sr. el acceso al mismo.

    ResponderSuprimir
  16. donde digo "lo mas normas" quiero decir "lo mas normal"

    ResponderSuprimir
  17. Por registro, hagánlo por registro y dejen de andar en los blogs.
    Pidan la suspensión de este señor y la dimisión de la Concejala de Urbanismo y de la Alcaldesa por irresponsables en su gestión y culpables de permitir que la Gerencia de Urbanismo sea lo que es.

    ResponderSuprimir
  18. Para Ti "calificador de borregos" no te pare que es más grave que robe un policia que lo haga un "pobre diablo". A esto me refería cuando pedía que ademas de que lo sancionen como a cualquier vecino que hace una ilegalidad, se le gratifique con una sanción mas contundente. A este caso se le puede aplicar el refran de que "LA MUEJER DEL CESAR ADEMAS DE HONRADA TIENE QUE PARECERLO" Y EN ESTE CASO NI UNA COSA NI LA OTRA.

    ResponderSuprimir
  19. 17:29: por registro? porqué? qien somos nosotros?
    La responsabilidad de hacer y aplicar la legalidad es del GOBIERNO, espero que la oposición esté a la altura y pida, revise y haga tono cuanto sea menester para y con el expte. del aparejador, pues cuando sean aprobados todos los trámites es cuando hay que revisar y depurar reponsabilidades.

    ResponderSuprimir