miércoles, 30 de marzo de 2011

De novo olvidados

No orzamento que aprobou o luns o equipo de goberno do PP volveron esquecer a sede de piragüismo de Portonovo.  Os meniños que practican este deporte en Portonovo volven a ser os grandes olvidados inda que seguro que no panfleto do PP para a campaña prometeran unha nova sede.

Todos os de Portonovo lembran aquela famosa maqueta de ordenación do porto de Portonovo onde se incluia dita sede do clube, maqueta da que tanto Telmo presumia, logo chegou Catalina e volveu pasear a  dita maqueta anunciando que o proxecto de remodelación do porto era vital para Portonovo. Cando no 2008 Portos dicía de por a sede na entrada do porto.

Andiveron movendo a sede de aquí para alí, e así foron pasando os meses ata que decidiron poñela nunha esquina de Baltar, enriba da praia, espazo que non se contemplaba no PXOM para tal fin.
Modifican o PXOM para poder facela ahi, e asi se anunciaba en febreiro do 2009 e xa nese día nos preguntabamos si Costas non tiña nada que dicir. 

Agora Costas falou e a alcaldesa veulle de perlas, si antes a culpa era do bipartito agora é de Costas que quere incluir a sede dentro do deslinde maritimo-terrestre, vamos con tal de non asumir a súa incapacidade para xestionar esta infraestructura ao final acabara botandolle as culpas aos miniños que practican piragüismo podendo practicar vela na escola municipal.

Pero a sede de piragüismo sufre unha chea de atrancos pero a sede do clube naútico fixose sin problema e sin ser necesaria a licenza municipal por estar dentro de portos.

En abril de 2009 aprobase o plan de usos do porto, tal é como se pode ver no mapa  que se amosa pinchando neste enlace: MAPA. Doga completo AQUI

Eso si, non se olvidan de facer unha visita a "futura" instalacións coa conseguinte campaña publicitaria no verán do ano pasado,  pero esqueceron por datas ou contar toda a verdade, pero a esto xa estamos acostumados hai tempo.

Tempo tiveron dabondo, xa non valen as escusas de mal pagador, nunca mellor dito xa que recoñeceron que non poden pagar nin as subvencións que prometeron as asociacións e clubes do concello.
En Vilalonga os nenos no entroido fixeron unha parodia da inauguración do novo colexio no Revel e de ali a uns días xa estaban todos sentados en Santiago para así evitar máis protestas. Vanse facer manifestacións dende o clube de piragüismo? pois non estaria nada mal que lle sacasen os colores a alcaldesa que tanto presume de ser de Portonovo e que teña así os cativos, inda que si o valoramos tanto por parte da alcaldesa como dende Terra de Sanxenxo na que se atopa a concellería de deportes os nenos pouco lles importan, xa o demostraron sacando o servizo de transporte para as actividades extraescolares.

A realidade esta clara: co PP e con Catalina os de piragüismo teran que seguir esperando.

lunes, 28 de marzo de 2011

Suba de impostos

No pleno de hoxe vaise aprobar o orzamento do 2011, os votos do PP son suficientes, pois lendo a nota de prensa que fan hoxe o respeto podese ler o seguinte:

"la Corporación municipal analizará también hoy el Plan Económico Financiero con el que el Gobierno local pretende reducir el déficit en un plazo de tres años hasta el máximo legal, fijado en el 5,17%. Para ello, será necesario que la recaudación derivada de los impuestos directos e indirectos suba un 2,5% mientras que los ingresos conseguidos a través de las tasas municipales aumenten un 3,5%. “O obxectivo é ampliar o número de usuarios, licencias outorgadas, entre outros, para así evitar ter que incrementar a carga fiscal aos veciños e veciñas”, explicó la alcaldesa, quien explicó que “trátase dun obxectivo factible xa que é a porcentaxe na que ven aumentando neste anos

Ampliar o número de usuarios? supoño que sera revisar moitos dos bados  "dos amigos" que non pagan.
Licencias outorgadas? supoño que as daran máis pronto sin ter que esperar meses e meses ou insinuan que hai licenzas sin cobrar.

E todo isto porque o concello debido a que o deficit no 2009 se situaba nun  9,61 % e no 2010 nun 7,39% cando o máximo legal é dun 5,17%, esto obriga a que o concello teña que facer un Plan Económico Financeiro polo cal resirxe e non permite como ata agora gastar a mans cheas sin control.

Veñen tempos duros, pasamos de ser un concello rico a ser un concello deficitario, quedou demostrado a mala xestión económica destes últimos anos.

sábado, 26 de marzo de 2011

Nova lagoa

Esta semana vimos como se inauguraba todo aquelo que se podia: dende unha fonte con peixes que xa non hai, un centro médico que leva un ano funcionando e xa fora inaugurado, as casas de cultura de Dorrón e de Adina que foron feitas polo plan E, ata foron ver como se asfaltaba un trozo dunha carretera nun tempo record según eles: un día, so faltaría que votasen unha semana para ese cacho.

Todo esto é porque a partir de martes xa non se pode inaugurar obras, en Sanxenxo máis non hai porque os investimentos brillan pola súa ausencia, nin visitar obras, tal e como se recolle na LOREG (lei orgánica do réxime electoral xeral). Entón esta semana houbo que apurar nas inauguracións e nas visitas.
Xa non sei que van facer os concelleiros do PP a partir de agora ao non poder ir visitar os camiños e a tamén a de prensa porque so era cambiar o nome do sitio e nota feita.

Pero din que as presas non son boas e olvidaron inaugurar o novo atractivo que hai na Telleira, este espazo o publicitan como un centro de interpretación da natureza e como se atopa cerca das lagoas das Cachadas nada mellor que instalar unha lagoa dentro da Telleira.


Como se pode ver nas fotos, a lagoa ten un tamaño considerable, pero a súa inauguración non foi feita porque non lles dou tempo a porlles os peixes, e que claro deberian ser autóctonos como son as muxos e sobretodo debería haber xibas  que tanto se pescaban nesa zona pero teñen medo a que lles tiña todo de negro como o seu futuro, e ademáis estas especies non teñen tanto glamour como as carpas e os koys. Eso si, algúns sentiranse liberados da vixia que viñan facendo para comprobar si as gaivotas ian devorar os pobres seres mariños da nova lagoa.
Xa sabedes que si alguén quere visitar a Telleira ten que chamar para que llo ensinen, pois agora xa teñen un motivo máis para ensinar a Telleira.

Hai que sinalar tamén que o sistema de auga que abastece a lagoa e de custo 0€ para arcas municipais, pois aproveitaron a instalacións de auga xa existentes na Telleira, pois xa hai cousa de dous anos que puideron comprobar que  era idóneo para a formación de lagoas.
Os primeiros en disfrutar desta nova atracción seran os do GDR xa que son os únicos que usan esas instalacións para as suas reunións.

jueves, 24 de marzo de 2011

Orzamento 2011

Din que o orzamento deste ano se situa en 30,8 millóns de euros, moi lonxe daqueles 114 millóns de euros cos que se estrenou Catalina como alcaldesa, si tarde ou cedo todo a acaba por cair polo seu propio peso e no caso dos orzamentos era previsible porque a pesar de estar máis que inflados cada ano van disminuindo.


Según relatan hoxe na nota de prensa quedan da seguinte forma:

Concello: 17.398.423,37€
Terra Sanxenxo: 4.724.385,61€
Xerencia municipal de Urbanismo: 821.274,26€
Nauta Sanxenxo: 11.975.536,30€
Insula Sanxenxo: 1.000€
Total: 34.920.619,54€
Eliminacións internas: 4.074.059,87

Total orzamento 2011: 30.846.559,67€


Cadro comparativo dos últimos anos
....................................2009 .................. 2010 .............................. 2011
Entidade local ......30.470.027, 17€ .......24.302.690, 77€...... 17.398.423,37€
O.A. Terra ............ 5.222.000,00€ .........4.447.000,00€ .........  4.724.385,61€
O.A. Xerencia .........2.753.631,31€ ........ 3.638.736,85€ .......      821.274,26 €
NAUTA................... 12.275.536,30€ ... ... 12.275.536,30€ ......   11.975.536,30€
INSULA ...................10.994.901,74€ ....... 10.418.917,34€ .........   1.000€


Sumatorio provisional 61.716.096,52€ ....55.082.881,26€ ...........34.920.619,54€ 
Eliminacións internas -6.468.631.31€ .....-6.822.773,05€................ 4.074.059,87€
TOTAL ORZAMENTO 55.247.465,21€ ....48.260.108,21€ .........   30.846.559,67€


Queda claro a incapacidade de xestión que teñen, xa que onde se demostra si valen ou non e nos tempos de vacas frouxas e non cando tiñan as arcas cheas e gastaban a diestro e siniestro sin ter en conta as necesidades reais dos veciños.


lunes, 21 de marzo de 2011

A pescar


Vaia imaxe, 4 para ir ver unha fonte na que din que meteron unha ducia de peixes: Carpas e "koys".

Que estampa.

sábado, 12 de marzo de 2011

Dorrón cando?

O outro día os nenos de Vilalonga inauguraban o seu novo colexio no Revel e agora dende o concello anuncian que a finais de ano se licitaran as obras dese novo colexio.


Que xa foi Catalina e Paz a Santiago para reunirse co secretario xeral de Educación pero olvidaron preguntar polo de Dorrón, pois nada se sabe nin nada din.

Hora da función

miércoles, 9 de marzo de 2011

Choqueiradas

Pasei media tarde de martes de entroido poñendome o día do último que aconteceu en Sanxenxo e das últimas entrevistas que se publicaron, que máis que entrevistas se poden denominar "choqueiradas" xa que teñen máis de subrealistas que de veracidade.

Faime gracia ler como Louzán di que confirman a Catalina como candidata do PP pero seguen a negociar cos críticos, inda que según os últimos datos estes últimos confirmaran o xoves o alcaldable, que despois de moitas presións e visitas a Vilalonga parecer ser que o final aceptou e mesmo o Paco Villaverde e G.P. de Vilalonga, moi coñecido en Vilalonga polos televisores, que tan ben fixo de intermediario e se poñen a súa disposición para ir na lista si fai falta.
No número 3 vai un ex-xogador de fútbol do Pontevedra, que percorreu España dandolle o balón pero que agora que voltou para a casa o seu nome soa con moita forza, ten a vantaxe de ter un irmán na xerencia de urbanismo que o poña o día. Catalina lembraste de certo despido na gardería con xuízo incluido? Creo que cho van lembrar durante a campaña.
Curisosos son as veces os desaiunos que se fan no Carlos I  como o do candidato co ex-presidente dun clube de fútbol, ex-propietario dun pub  hai un par de días, este último xa sonou forte para ser integrante na famosa lista de consenso que Louzán tanto soña con ela, será que busca candidato por Dorrón? Interesante ver o número 1 dos críticos compartindo café co número 3 de Catalina.
Agora so falta coñecer o de Noalla.

Triste comenzo na política da man dos resentidos, e tendo como precedente que son os mesmos que puxeron a Catalina no governo e cando Catalina non accedeu as pretensión privadas enseguida ameazaron co novo partido, vale a pena estar suxeito a este lastre? Cabe destacar que coa xestión que esta facendo Catalina tampouco é moi complicado facelo peor pois as únicas pretensións que se estan vendo son as particulares porque as dos veciños levan máis de 4 anos sin verse.

Pero máis irónico me parece o de Paz, mentras Catalina di que por ela non hai problema que vaia na lista, home claro, porque si o partido llo manda habera que metela inda que sexa a golpes, a pesares de que Paz proclamase os catro ventos que nunca volveria ir nunha lista con Catalina, e agora que? interese o preocupación polos veciños?

Sobretodo despois de ver a inauguración que fixeron os meniños de Vilalonga reclamando o novo colexio e claridade na información.

Non sei si estos días andaran con careta ou xa non lles fai falta, pero é curioso mirar como se pisotean uns a os outros e logo apareceran todos xuntos na mesma foto e si me descoido ata agarraditos da man, non vaia ser que o "negocio" peche por falta de ingresos. Din que a hábito non fai o monxe, pero en Sanxenxo o hábito do PP adquire distintos tonos pero non deixa de ser o mesmo hábito.

Presentase época de anuncios, de promesas populares e como non aforraron para obras faraónicas lembranse de limpar as silveiras e levaban tempo criandose polo concello adiante. Sempre lle quedara volver ir a comer camaróns a Soutomaior.