sábado 26 de marzo de 2011

Nova lagoa

Esta semana vimos como se inauguraba todo aquelo que se podia: dende unha fonte con peixes que xa non hai, un centro médico que leva un ano funcionando e xa fora inaugurado, as casas de cultura de Dorrón e de Adina que foron feitas polo plan E, ata foron ver como se asfaltaba un trozo dunha carretera nun tempo record según eles: un día, so faltaría que votasen unha semana para ese cacho.

Todo esto é porque a partir de martes xa non se pode inaugurar obras, en Sanxenxo máis non hai porque os investimentos brillan pola súa ausencia, nin visitar obras, tal e como se recolle na LOREG (lei orgánica do réxime electoral xeral). Entón esta semana houbo que apurar nas inauguracións e nas visitas.
Xa non sei que van facer os concelleiros do PP a partir de agora ao non poder ir visitar os camiños e a tamén a de prensa porque so era cambiar o nome do sitio e nota feita.

Pero din que as presas non son boas e olvidaron inaugurar o novo atractivo que hai na Telleira, este espazo o publicitan como un centro de interpretación da natureza e como se atopa cerca das lagoas das Cachadas nada mellor que instalar unha lagoa dentro da Telleira.


Como se pode ver nas fotos, a lagoa ten un tamaño considerable, pero a súa inauguración non foi feita porque non lles dou tempo a porlles os peixes, e que claro deberian ser autóctonos como son as muxos e sobretodo debería haber xibas  que tanto se pescaban nesa zona pero teñen medo a que lles tiña todo de negro como o seu futuro, e ademáis estas especies non teñen tanto glamour como as carpas e os koys. Eso si, algúns sentiranse liberados da vixia que viñan facendo para comprobar si as gaivotas ian devorar os pobres seres mariños da nova lagoa.
Xa sabedes que si alguén quere visitar a Telleira ten que chamar para que llo ensinen, pois agora xa teñen un motivo máis para ensinar a Telleira.

Hai que sinalar tamén que o sistema de auga que abastece a lagoa e de custo 0€ para arcas municipais, pois aproveitaron a instalacións de auga xa existentes na Telleira, pois xa hai cousa de dous anos que puideron comprobar que  era idóneo para a formación de lagoas.
Os primeiros en disfrutar desta nova atracción seran os do GDR xa que son os únicos que usan esas instalacións para as suas reunións.

16 comentarios:

  1. ¿as botas da segunda foto son de alguen de proteccion civil?

    ResponderSuprimir
  2. Vexo Iris que soltas unha patadiña o que vixia a fonte das gaivotas e dos peixes...pero tamén comrpobo que tí comenzas a usar o estilo "fotero" do da vixia para tamén subirte o carro das elecións cun reportaxe sobre as goteiras na telleira. O final tí tamén fas o mesmo co da vixía...En fin cousas da precampaña.

    ResponderSuprimir
  3. Esto da telleira leva pasando dende que se arreglou: cando as mareas son vivas a auga chega ata dentro, e ninguen dixera palabra. Pero agora que veñen as eleccions parece que hai que sacar calquera cousa. O mar e libre e non entende de telleiras... ¿o proximo que sera: facer un dique diante?

    ResponderSuprimir
  4. No camiño de fontoira,hay bosteiras de vaca.Asi que sacadelle a pertinente foto e publicadeo..

    ResponderSuprimir
  5. alcaldesa con nuevo vehiculo y nuevo chofer .
    campaña del pp de sanxenxo basada en la austeridad.

    http://www.youtube.com/watch?v=uHbnAOyYc3M

    ResponderSuprimir
  6. primer pleno de sanxenxo junio 2011. debate entre primera y segunda del pp

    http://www.youtube.com/watch?v=sroKZ7QqAcI

    ResponderSuprimir
  7. Neste blog xa se denunciaron varias veces as goteiras da telleira e no concello decían que xa se fixeran as obras, e polo visto non foi así, asi que a quen lle pique que coma allos, porque a realiade e que non fixeron nada para arranxalo, pero claro como esta pechado nada se sabe do que ali dentro pasa, bueno pechado pos veciños do concello porque para facer certas reunións si se abre.

    Ademáis neste blog sempre se puxeron fotos denuncias, eu mesmo teño enviada algunhas, pero daquela saían os defensores do PP intentando enmerdar todo e si antes non tiñan argumentos agora non teñen nin ánimos porque algúns cara inda lles queda, como o de ir colgandose medallitas que non lles corresponden e aproveitandose do traballo dos demáis.

    ResponderSuprimir
  8. Que carallo falades das fotos dos peixes, ¿é que o VIPS non leva os catro anos publicando fotos das denuncias que fai.?.
    As botas da foto denunciaron a quen as fixo, parecenme unhas que usa un de VIPS.
    Nunca un epregado de unha notaria se debería presentar a unhas elecións.

    ResponderSuprimir
  9. catalina d 32 dentesMar 27, 2011 09:02 AM

    quen sacou a foto que me lo papo

    ResponderSuprimir
  10. SANXENXO

    La alcaldesa decide incautar el aval del polígono para ejecutar los trabajos pendientes en el SU 15
    Titular do Diario de Arousa de hoxe, unha chea de palla, para soltar as duas derradeiras liñas, que resumen todo:
    La alcaldesa aseguró que el esfuerzo que esto conllevará para el Concello de Sanxenxo será asumido “con moita ilusión xa que dará paso a finalización do proxecto e posibilitará que o parque empresarial arranque dunha vez por todas”.
    HAI CATRO ANOS O DIA 27 DE MAIO CANDO O MESMO TEMPO QUE SE ABRIAN OS COLEXIOS ELECTORALES, A VOZ DE GALICIA PUBLICABA UNHA NOTICIA PARIDA DESDE A CORTE DE CATALINA DECINDO QUE HABIA MAIS DE 100 EMPRESAS PEDINDO PASO PARA O POLIGONO E QUE SE IBAN A CREAR 3000 POSTOS DE TRABALLO, ANO 2007, ETICAMENTE CORRECTO PUBLICAR SEMELLANTE MENTIRA NO MESMO DIA DAS VOTACIONS, E NON FALEMOS QUE NO DIA DE REFLEXION DIA 26 SABADO, ALGUEN DA XUNTA DE COMPENSACION, TAMEN SACOU UNHA NOTA DE PRENSA MOI PARECEIDA A QUE SACOU A ALCALDESA, PERO AGORA MOI ARREPENTIDO, XA QUE LEVA O PEITO AFUNDIDO DOS GOLPES DE MEA CULPA, PERO QUE NO SEU DIA FARIASE O HARA KIRI CON TAL DE SEGUIR TENDO UNHA ALCALDESA INUTIL, PERO NON CONFORMES SIGUEN QUERENDO ARREGLAR O DELES COA LEI DO MINIMO GASTO, AGORA APARECEN CON S.A.L. (SOMOS AMIGOS DE LOUZAN) OU SEXA UNHA MARCA BLANCO DO PP, COMO QUE CHEIRA QUE FEDE.

    ResponderSuprimir
  11. jajajajajajajajajajajaj Somos Amigos de Louzán = SAL

    jajajaj máis certo que o blanco é blanco, jajajajajajajajajaj

    ResponderSuprimir
  12. A AUGA QUE PERDEU A FONTE ACABOU NA TELLEIRA,
    CARALLO COMO APROVEITAMOS OS RECURSOS DO CONCELLO

    ResponderSuprimir
  13. esas fotos son de la madre que te trajo a este mundo ¿que hacia alli?,¿con que iso saco las fotos?;pertenecen esas botas a el padre que contribuyo a que estes en este mundo?...

    ResponderSuprimir
  14. canto odio fumeja o ultimo comentario

    ResponderSuprimir
  15. Iris, hay algo que nadie te puede negar: le estás quitando mucho curro a los psiquiatras

    ResponderSuprimir
  16. sha te digo sho pive

    ResponderSuprimir